lunes, 22 de febrero de 2016

Liga, xornada 25: Celta 3 - Eibar 2

O Celta volve a posto europeos tras gañar ao Eibar por 3-2 noutro gran partido e onde desperdiciou un 3-0 para acabar sufrindo nos últimos minutos.
Guidetti e Iago Aspas celebran o primeiro gol [Foto Jorge Landín]

miércoles, 17 de febrero de 2016

Liga, xornada 24: Barcelona 6 - Celta 1

O Celta sae goleado (6-1, con dous goles ilegais) do circo culé encabezado por dous pallasos defraudadores de facenda que lle faltan ao respecto ao rival, iso si, cando teñen o partido sentenciado.
Guidetti tras marcar o empate [Foto Quique García]

lunes, 15 de febrero de 2016

Copa, 1/2 volta: Celta 2 - Sevilla 2

O Celta queda eliminado da Copa dando outra lección de fútbol ao Sevilla, que só veu dar patadas e perder tempo. O partido disputouse nun campo totalmente encharcado e onde o Sevilla aproveitouse, outra vez, de dous erros defensivos.
Os xogadores do Celta ovacionados o remate do partido [Foto César Manso]

lunes, 8 de febrero de 2016

Liga, xornada 23: Celta 1 - Sevilla 1

O Celta empata co Sevilla (1-1), que quedou con 10 no minuto 24. O gol foi obra de Beauvue e o árbitro non pitou outro penalti clarísimo a favor do Celta.
Beauvue festexando o seu primeiro gol co Celta [Foto Óscar Vázquez]

Copa, 1/2 ida: Sevilla 4 - Celta 0

O Sevilla desperta ao Celta do seu soño copeiro tras golealo á contra (4-0) con outra penosa actuación do árbitro Clos Gómez.
Outro penalti que o árbitro Clos Gómez non pitou

miércoles, 3 de febrero de 2016

Lista de convocados para o Sevilla - Celta

Os xogadores festexan o gol de Nolito no partido desta Liga [Foto EFE]

Liga, xornada 22: As Palmas 2 - Celta 1

O Celta perde nas Palmas nun mal partido, grazas á lamentable actuación do árbitro Sánchez Martínez que pitou dous foras de xogo inexistentes nun man a man co porteiro, perdoou repetidamente a expulsión a Wakaso, inventouse un penalti a favor do equipo local e expulsou a Orellana por caerse e levantarse na área pero non expulsou a Willian José (autor do 2-1) polo mesmo.
O árbitro Sánchez Martínez volveu a ser o protagonista negativo do partido [Foto LOF]

lunes, 1 de febrero de 2016

Copa, 1/4 volta: Atl. Madrid 2 - Celta 3

O Celta gaña ao Atlético de Madrid no Vicente Calderón (2-3) ofrecendo a súa mellor versión e plántase en semifinais de Copa 15 anos despois.
John Guidetti festexando o seu gol [Foto Javier Soriano]

Liga, xornada 21: Raio 3 - Celta 0

O equipo "B" que aliñou Eduardo Berizzo saliu goleado de Vallecas (3-0), nun partido lamentable onde só tirou unha vez a porteria e onde xa perdía 3-0 no minuto 36.
Beauvue xogou o seu primeiro partido como titular [Foto José Antonio García]