lunes, 15 de febrero de 2016

Copa, 1/2 volta: Celta 2 - Sevilla 2

O Celta queda eliminado da Copa dando outra lección de fútbol ao Sevilla, que só veu dar patadas e perder tempo. O partido disputouse nun campo totalmente encharcado e onde o Sevilla aproveitouse, outra vez, de dous erros defensivos.
Os xogadores do Celta ovacionados o remate do partido [Foto César Manso]
A primeira parte foi un monólogo de dominio do Celta baixo a intensa choiva. O primeiro gol produciuse no minuto 35 tras un centro de Orellana desde a esquerda que remata Iago Aspas no segundo pau ao fondo da rede. Ao descanso chegamos co 1-0 no marcador.
A segunda parte xogouse sobre un terreo de xogo impracticable pola choiva (o balón non rodaba). Orellana tivo a primeira ocasión no minuto 50 e un minuto despois Iago Aspas perdoaba o segundo co porteiro visitante batido mandou o balón ao lateral da rede.No minuto 55 Iago Aspas marcaba o 2-0 tras un centro de Wass desde a dereita que non despexa o meta visitante e Iago Aspas remata a gol na área pequena. Dous minutos despois erro de Marcelo Díaz no centro do campo e o Sevilla marcaba o 2-1, sentenciado a eliminatoria. No minuto 61 penalti do porteiro sobre Guidetti que o árbitro pita pero incomprensiblemente non expulsa ao meta. Guidetti estrélao no pau. Jonny entraba por Wass aos 66 minutos. Tres minutos despois Radoja entraba por Marcelo Díaz. No 73 Señé entraba por Guidetti. Orellana puido marcar o 3-1 pero parou o porteiro, e un minuto despois Rubén salva un man a man. Radoja estrela o balón no lateral da rede. No minuto 88 o Sevilla marcaba o empate cun Celta envorcado sobre a área do Sevilla.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Rubén; Wass (Jonny, 66'), Hugo Mallo, Sergi Gómez, Planas; Marcelo Díaz (Radoja, 69'), Pablo Hernández; Iago Aspas, Orellana, Bongonda; e Guidetti (Señé, 73').
[2] Sevilla F.C.: Sergio Rico, Carriço (Cristóforo, 63'), Ramí, Kolodziejczak, Koke, Escudero, Iborra (N´Zonzi, 56'), Banega (Konoplyanka, 71'), Vitolo, Kronh-Dehli e Gameiro.
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Planas e Pablo Hernández polo Celta e a Sergio Rico, N´Zonzi, Banega e Gameiro polo Sevilla.
Goles: 1-0, Iago Aspas (35'). 2-0, Iago Aspas (55'). 2-1, Banega (57'). 2-2, Konoplyanka (87').
Estadio: Balaídos, 15.201 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6'5]
  • Wass [7'5]
  • Jonny [5'5]
  • Hugo Mallo [7]
  • Sergi Gómez [8]
  • Planas [7'5]
  • Marcelo Díaz [6'5]
  • Radoja [6]
  • Pablo Hernández [8'5]
  • Iago Aspas [8'5]
  • Orellana [8]
  • Bongonda [7]
  • Guidetti [7'5]
  • Señé [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario