miércoles, 17 de febrero de 2016

Liga, xornada 24: Barcelona 6 - Celta 1

O Celta sae goleado (6-1, con dous goles ilegais) do circo culé encabezado por dous pallasos defraudadores de facenda que lle faltan ao respecto ao rival, iso si, cando teñen o partido sentenciado.
Guidetti tras marcar o empate [Foto Quique García]
A primeira parte foi moi igualada e acabou con empate a un gol, o do Barcelona ilegal. No minuto 6 Señé case marca o 0-1 pero o seu remate sae axustado ao pau. No 14 Beauvue cabecea frouxo. Un minuto despois parada de Sergio a remate do "bufón" número 11". No minuto 24 paradón de Bravo a disparo de Planas dentro da área salvando o 0-1. Aos 28 minutos falta de Planas que o "bufón número 10" adianta máis de 6 metros para poder tirar directo a porta e marca o 1-0, outra vergoña máis da arbitraxe española en contra dun equipo pequeno (foto 1). No minuto 33 outro paradón de Bravo á volea de Beauvue tras cambio de xogo de Guidetti salvando outra vez o gol do Celta. No minuto 39 penalti de libro de Alba sobre Guidetti que é tan claro que o árbitro moi ao seu pesar pítao pero o cartón amarelo gárdao para sacarlla aos do Celta. Guidetti marca o empate a 1.
A segunda parte empeza cun balón ao pau do Barcelona e no minuto 51 man de Piqué clarísima sendo o último home cortando o avance de Guidetti que o árbitro non quere pitar, diría xa lles pitei un penalti que máis queren estes. Paradón de Sergio. No 59 o Barcelona marca o 2-1. No minuto 65 entra Marcelo Díaz por Pablo Hernández. Guidetti a piques de empatar. No 69 Wass perdoa o 2-2 cun disparo que sae rozando o traveseiro. No minuto 73 outro paradón de Bravo a remate de Wass, salvando outra vez ao Barcelona. Lección de fútbol durante 75 minutos dun equipo con numerosas baixas (Fontás, Bongonda, Iago Aspas, Nolito, Orellana e Sergi Gómez, os sancionados non foron por casualidade) e despois de xogar un partido moi intenso tres días antes. 3-1 do Barcelona no minuto 75. No 78 entra Drazic por Guidetti. O "bufón número 11" empeza a súa falta de respecto cunha lambretta, é unha falta de respecto porque cando perden 4-1 ou van 0-0 non fai lambrettas, senón que lanza mocos ao rival, foto 2). Penalti buscado por Messi que o árbitro pita, o "bufón número 10" lánzao ao "Cruyff" faltando outra vez ao rival (eu creo que aínda pícalle o 4-1 da ida) xa que non o fai con empate (4-1). O penalti tamén e ilegal xa que dous xogadores entran dentro da área (foto 3). Pape entra por Wass (83'). 5-1. 6-1.
Foto 1
Foto 2
Foto 3

FICHA:
[6] F.C. Barcelona: Bravo, Alves (Vidal, 60'), Piqué, Mascherano, Jordi Alba, Sergi Roberto (Rakitic, 60'), Busquets, Iniesta (Arda Turan, 77'), Messi, Suárez e Neymar.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Jonny, Cabral, Planas; Radoja, Wass (Pape, 83'); Beauvue, Pablo Hernández (Marcelo Díaz, 65'), Señé; e Guidetti (Drazic, min.78').
Colexiado: Hernández Hernández, mal. Amonestou a Cabral, Planas, Hugo Mallo e Señé polo Celta.
Goles: 1-0, Messi (28'). 1-1, Guidetti de penalti (39'). 2-1, Luis Suárez (59'). 3-1, Luis Suárez (75'). 4-1, Luis Suárez (82'). 5-1, Rakitic (85'). 6-1, Neymar (90').
Estadio: Camp Nou, 72.580 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Jonny [5'5]
  • Cabral [5'5]
  • Planas [6]
  • Radoja [5'5]
  • Wass [6'5]
  • Pape [-]
  • Beauvue [5'5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Marcelo Díaz [6]
  • Señé [5'5]
  • Guidetti [8]
  • Drazic [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario