lunes, 22 de febrero de 2016

Liga, xornada 25: Celta 3 - Eibar 2

O Celta volve a posto europeos tras gañar ao Eibar por 3-2 noutro gran partido e onde desperdiciou un 3-0 para acabar sufrindo nos últimos minutos.
Guidetti e Iago Aspas celebran o primeiro gol [Foto Jorge Landín]
A primeira parte foi de dominio absoluto do Celta, o primeiro disparo foi de Iago Aspas ás mans do meta visitante. Outra ocasión tras taconazo de Guidetti á que non chega Iago Aspas. Centro de Iago Aspas desde a dereita, déixaa pasar Guidetti e o remate de Wass o para o porteiro. Outro taconazo de Guidetti e o remate de Iago Aspas sae fóra por pouco. Posible penalti de Cabral que o árbitro, por sorte, non pita. Agora é Bongonda o que reclama penalti. Á media hora fallo do defensa do Eibar que regálalle o balón a Iago Aspas que se mete na área e cede a Guidetti para que marque o 1-0. Cinco minutos despois pase de Guidetti a Bongonda que remata obrigando ao porteiro a realizar unha gran parada. No minuto 39 Jonny saca un disparo desde o pico da área que tras tocar nun defensa cóase pola escuadra. Co 2-0 chegamos ao descanso.
No minuto 5 bo remate de cabeza de Pablo Hernández que sae fóra. Primeira ocasión de perigo do Eibar. Dous remates de Guidetti que se van fóra. No minuto 69 cambio de xogo de Wass desde a esquerda para Hugo Mallo que controla dentro da área e o seu centro desde a liña de fondo remátao a gol Guidetti para poñer o 3-0. No minuto 71 Nolito entraba por Bongonda. Iago Aspas case fai o cuarto. No minuto 78 salia Guidetti e entraba Beauvue. No minuto 82 penalti a favor do Eibar tras unha suposta man de Sergi Gómez que transforma o Eibar no 3-1. No 85 Radoja entra por Wass. Un minuto despois o Eibar pon o 3-2 no marcador. Final con sufrimento en Balaídos.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Marcelo Díaz, Wass (Radoja, 85'); Iago Aspas, Pablo Hernández, Bongonda (Nolito, 71'); e Guidetti (Beauvue, 78').
[2] S.D. Eibar: Riesgo, Ansotegi, Escalante, Radosevic (Saúl Berjón, 66'), Inui, Dos Santos, Lillo (Capa, 46'), Juncá, Borja, Jota e Adrián.
Colexiado: Melero López, mal. Amonestou a Pablo Hernández, Sergi Gómez e Nolito polo Celta e a Lillo e Capa.
Goles: 1-0, Guidetti (30'). 2-0, Jonny (39'). 3-0, Guidetti (69'). 3-1, Berjón de penalti (82'). 3-2, Inui (86').
Estadio: Balaídos, 14.724 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [7'5]
  • Cabral [5'5]
  • Sergi Gómez [5'5]
  • Jonny [7'5]
  • Marcelo Díaz [6'5]
  • Wass [7]
  • Radoja [-]
  • Iago Aspas [8'5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Bongonda [7'5]
  • Nolito [6'5]
  • Guidetti [8'5]
  • Beauvue [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario