martes, 31 de diciembre de 2013

Un minuto de silencio por Maguregui e Jaime Arbones

-Nome:
José María Maguregui Ibarguchi
-Data e lugar de nacemento:
16 de xunio de 1934, Miravalles (Bizcaia)
-Data de falecemento:
30 de decembro do 2013
-Posición:
Adestrador
-Tempadas:
4 (1977 - 1978 / 1987 - 1988 / 1990)
-Partidos:
98 (33 gañados / 34 empatados / 31 perdidos)
-Traxectoria:
·Miravalles (1967 / 1969)
·Sestao Sport (1969 / 1972)
·R. Santander (1972 / 1977)
·Celta (1977 / 1978)
·Almería (1978 / 1980)
·Espanyol (1980 / 1983)
·R. Santander (1983 / 1987)
·Celta (1987 / 1988)
·Atl. Madrid (1988)
·Murcia (1988 / 1989)
·Celta (1990)
·Polideportivo Almería (1992 / 1993)

-Nome:
Jaime Albones Alonso
-Data e lugar de nacemento:
1943, Vigo
-Data de falecemento:
29 de decembro do 2013
-Posición:
Presidente
-Tempadas:
2 (1977 - 1979)
-Logros:
Ascenso a primeira división (1977 / 1978)
Descenso a segunda división (1978 / 1979)

lunes, 23 de diciembre de 2013

Felices festas e feliz aninovo


Liga, xornada 17: Celta 1 - Osasuna 1

O Celta saca un punto e gracias en Balaídos ante un Osasuna que no primeiro tempo púidonos golear e acabamos o ano no posto 15 a 1 punto do descenso.
Rafinha festexou o gol con Banquiño
O primeiro tempo comezou cun Celta durmido durante os primeiros 30 minutos, onde o Osasuna púidonos golear, primeiro foi o ex céltico Oriol Riera que despexa Fontás na mesma linea de gol, segundo Torres cun disparo que se foi rozando o pau e á terceira chego o gol de Armenteros que deixa atrás a Oubiña, fixo unha parede con Oriol Riera, falla David Costas e o disparo de Armenteros bate a Yoel. Tralo gol o Celta reaccionou con dous disparos desde fóra do área de Krohn-Dehli. O gol do Celta chegou tras un saque de esquina que saco o Celta en curto para Rafinha que centrou desde a banda dereita e Augusto peiteo e o balón se colou na meta visitante, coa axuda do defensa. O segundo tempo continuou como acabou o primeiro, un Osasuna encerrado e un Celta que só creou perigo nun disparo de Nolito que despexou a saque de esquina Andres e dous remates coa testa a saque de esquina, un de Santi Mina e outro de Aurtenetxe. Aínda que o Osasuna puido levarse os tres puntos no desconto nun lanzamento de falta de Puñal que despexa Yoel. O colexiado non axudou ao ritmo do partido xa que permitiu que o Osasuna cortase con faltas todos os ataques locais sen apenas tarxetas para eles, cando a nos levan expulsándonos xogadores por nada. O mellor, a ovación que recibiu o ex xogador do Celta Oier no minuto 73 ao saltar ao campo, un xogador clave no último ascenso.
Ficha:
Alineación: Yoel; Jonny, David Costas, Fontás, Aurtenetxe; Augusto (Bermejo, 83'), Oubiña, Krohn-Dehli (Alex López, 71'); Rafinha, Santi Mina e Orellana (Nolito, 63').
Goles: 0-1, Armenteros (16'). 1-1, Augusto (33').
Colexiado: Delgado Ferreiro, mal.
Estadio: Balaídos, 18.570 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo ex xogador celeste Blas Artime.
Puntuación:
  • Yoel. Regular. 3.
  • Jonny. Ben. 4.
  • David Costas. Moi verde. 2.
  • Fontás. Irregular. 3.
  • Aurtenetxe. Mal. 2.
  • Augusto. Goleador. 10.
  • Oubiña. Impreciso. 3.
  • Krohn-Dehli. Perigo. 8.
  • Rafinha. Activo. 11.
  • Santi Mina. Normal. 3.
  • Orellana. Gañas. 4.
  • Nolito. Pouco. 2.
  • Alex López. Pouco tempo. 2.
  • Bermejo. Sen tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

domingo, 22 de diciembre de 2013

Horarios das xornadas 18, 19 e 20

Xornada 18:
R. Madrid - Celta
Fecha: luns 6-1-2014
Hora: 19:00 horas
Estadio: Santiago Bernabeu


Xornada 19:
Celta - Valencia
Fecha: sábado 11-1-2014
Hora: 18:00 horas
Estadio: Balaídos


Xornada 20:
Espanyol - Celta
Fecha: sábado 18-1-2014
Hora: 22:00 horas
Estadio: Cornellà-El Prat

Lista de convocados para o Celta - Osasuna

Os xogadores do Celta tras o encontro da tempada pasada
Samuel é baixa por lesión. Hugo Mallo e Charles son baixa por sanción. Non entran na lista por decisión técnica Vila, Bellvís e David Rodríguez. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. ---
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. ---
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. ---
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

2ª división B, xornada 19: Celta "B" 0 - Tropezón 1

O Celta "B" dá un paso atrás na loita pola permanecia ao perder co Tropezón no único disparo a portería do equipo visitante e tras desperdiciar numerosas ocasións de gol.
Ficha:
Alineación: Óscar Santiago, Kevin, (Thaylor, 63'), Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, 53'), Yelko Pino, Fernán (Marcos Torres, 53'), Añón e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Rafa (61').
Colexiado: Ramos Domínguez. Amonestou a Borja Iglesias.
Estadio: Barreiro, uns 600 espectadores.

viernes, 20 de diciembre de 2013

Copa, dezaseisavos de final (volta): Athletic 4 - Celta 0

O Celta regala a Copa tras un partido lamentable onde o Athletic foi moi superior, e por sorte só marcounos 4 goles xa co Celta non tirou entre os 3 paus en todo o partido.
Un lance do encontro de onte
Pouco podemos dicir do partido de onte xa que o Celta só creou perigo no primeiro minuto cun rexeitamento do Athletic que case entra na súa portería. A partir de aquí un monólogo por parte do Athletic onde a desmotivación por parte do noso equipo foi de escándalo. A defensa foi un coadoiro, sobre todo os laterais, o medio do campo estivo perdido e o ataque non existiu. No primeiro tempo dous goles do Athletic (Muniaín e Susaeta), o primeiro no minuto 20 tras unha perdida de balón de Krohn-Dehli ao borde da área e o segundo no minuto 44 tras un erro de Hugo Mallo no lareral e de Toni no marcaxe. Na segunda parte outros dous goles do Athletic (Muniaín e Aduritz) o terceiro foi no minuto 80 no que Jonny tira mal o fóra de xogo e o cuarto no minuto 85 no que Rubén se adianta a Aduriz pero o rexeite pega no propio xogador e entra a gol. Non fago unha crónica máis extensa para non meter máis o dedo na ferida.
Ficha:
Alineación: Rubén; Hugo Mallo, Vila, Cabral, Toni; Madinda, Krohn-Dehli (Javi Rey, 73'), Alex López (Jonny, 57'); Santi Mina (Orellana, 46'), Charles e Nolito.
Goles: 1-0, Muniaín (20'). 2-0, Susaeta (44'). 3-0, Muniaín (80'). 4-0, Aduriz (85').
Colexiado: Fernando Teixeira Vitienes, desapercibido ante a desmotivación do Celta. Amonestou a Cabral e Toni. Expulsou a Hugo Mallo con dobre amonestación (53').
Estadio: Novo San Mamés, uns 30.000 espectadores.
Puntuación:
  • Rubén. Nervioso. 0.
  • Hugo Mallo. Expulsado. 0.
  • Vila. Falto de ritmo. 3.
  • Cabral. Normal. 3.
  • Toni. Regular. 0.
  • Madinda. O mellor. 5.
  • Krohn-Dehli. Desposicionado. 1.
  • Alex López. Cansado. 1.
  • Santi Mina. Lesionado. 2.
  • Charles. Desapercibido. 0.
  • Nolito. Mal. 0.
  • Orellana. Regular. 0.
  • Jonny. Irregular. 0.
  • Javi Rey. Debutante. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Lista de convocados para o Athletic - Celta

Charles festexa o primeiro gol do Novo San Mamés xunto a Rafinha e Nolito
Samuel é baixa por lesión. Aurtenetxe non pode xogar por cláusula có Athletic. Non entran na lista por decisión técnica Fontás, Oubiña, Yoel, Bellvís, David Rodríguez e Augusto. Entran na lista os xogadores do filial Rubén, Santi Mina, David Costas e Javi Rey.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. ---
  4. ---
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. ---
  14. Orellana
  15. ---
  16. ---
  17. Madinda
  18. ---
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. ---
  25. ---
  26. Rubén
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas
  31. ---
  32. ---
  33. Javi Rey

martes, 17 de diciembre de 2013

Liga, xornada 16: Valladolid 3 - Celta 0

A mala actuación do árbitro, que se inventou a expulsión de Charles co empate a 0 , e a debilidade defensiva ao quedarse con 10 xogadores condenan o Celta en Pucela.
Teixeira Vitienes no momento de expulsar a Charles por non facer nada
A primeira ocasión foi do Valladolid nun saque de esquina no que Yoel sae en falso e Oubiña despexa de cabeza baixo paus. O Celta respondeu cun disparo de Augusto que se foi pegado ao pau. A segunda ocasión do Valladolid foi outra vez nun saque de esquina cun gol anulado por unha falta antes de Peña sobre Charles. O Celta rozou o gol en dúas ocasións, na primeira Charles gaña en velocidade á defensa pasa a Nolito e este remata con paradón do porteiro local. A segunda foi nun remate de cabeza de Charles de costas a pase de Rafinha e o porteiro local volve facer outro paradón despexando a saque de esquina. A segunda parte remata no minuto 55 cando o árbitro Teixeira Vitienes se inventou unha expulsión de Charles cando o porteiro saca contra as súas costas. A partir de aquí o Celta afúndese, como vén sendo habitual cando queda con 10 xogadores (Vallecas o ano pasado ou Anoeta este ano), e o Valladolid centra dende a dereita, Guerra controla e fusila ante a pasividade defensiva de Fontás e Cabral. O segundo gol foi noutro centro, esta vez dende a esquerda e remate de cabeza espectacular de Guerra ante a pasividade de Aurtenetxe. O Celta seguiuno intentando cun remate frouxo de Santi Mina dende fóra da área. No terceiro gol o Celta dórmese ao sacar o balón no borde da súa área, rouba o Valladolid que centra e Guerra marca ante a pasividade defensiva do Celta. A última ocasión foi para Cabral nun gran remate de cabeza que sae fóra por moi pouco. Ao final o Valladolid tirou 4 veces e marco 3 goles.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás (David Costas, 85'), Aurtenetxe; Augusto, Oubiña, Alex López (Santi Mina, 60'); Rafinha, Charles e Nolito (Orellana, 60').
Goles: 1-0, Guerra (59'). 2-0, Guerra (66'). 3-0, Guerra (86').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes, sinvergonza. Amonestou a Alex López, Fontás e Hugo Mallo. Expulsou a Charles con dobre amonestación (55').
Estadio: José Zorrilla, uns 8.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Inseguro. 1.
  • Hugo Mallo. Amonestado. 0.
  • Cabral. Irregular. 1.
  • Fontás. Impreciso. 0.
  • Aurtenetxe. Mal. 0.
  • Augusto. Grande. 8.
  • Oubiña. Regular. 1.
  • Alex López. Desapercibido. 0.
  • Rafinha. Ben. 5.
  • Charles. Expulsado. 5.
  • Nolito. Fatal. 0.
  • Orellana. Gañas. 1.
  • Santi Mina. Activo. 1.
  • David Costas. Sen tempo. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.

lunes, 16 de diciembre de 2013

2ª división B, xornada 18: Noxa 1 - Celta "B" 2

Un gol de Aitor no desconto dá os tres puntos ao Celta "B" ante o último clasificado e mantense fóra do descenso.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez (Borja Fernández, 62'), Javi Rey, Yelko Pino, Añón (Fernán, 65'), Aitor e Borja Iglesias (Thaylor, 62').
Goles: 1-0, Nacho Rodríguez (p) (36'). 1-1, Borja Iglesias (41'). 1-2, Aitor (+90').
Colexiado: Leo Ollo. Amonestou a Goldar, Thaylor, Antón e Aitor.
Estadio: A Caseta, uns 150 espectadores.

Lista de convocados para o Valladolid - Celta

Cabral no remate do 0-1 na tempada pasada
Samuel é baixa por lesión. Non entran na lista por decisión técnica Vila, Bellvís, Madinda, David Rodríguez e Toni. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. ---
  18. ---
  19. Jonny
  20. ---
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

viernes, 13 de diciembre de 2013

Un minuto de silencio por Blas Artime

-Nome:
Blas Artime Llamar
-Fecha e lugar de nacemento:
29 de outubro de 1931, Xixón (Asturies)
-Fecha de falecemento:
11 de decembro do 2013
-Posición:
Medio
-Tempadas:
3 (1954 - 1957)
-Partidos e goles:
65 partidos / 2 goles
-Traxectoria:
·Racing de Ferrol
·Celta
·Córdoba
·Lugo

lunes, 9 de diciembre de 2013

2ª división B, xornada 17: Celta "B" 0 - Burgos 1

Un gol en propia porta condena o filial a outra derrota e déixao ao borde dos postos de descenso.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto (Thaylor, 64'), Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Borja Fernández, Javi Rey (Yelko Pino, 57'), Fernán (Marcos Torres, 57'), Añón e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Soto(pp) (58').
Colexiado: Carbajales Gómez. Amonestou a Goldar, Soto e Rubén.
Estadio: Barreiro, uns 900 espectadores.

Copa, dezaseisavos de final (ida): Celta 1 - Athletic 0

O Celta toma vantaxe ante o Athletic na ida dos 1/16 de final da Copa gracias ao gol de Santi Mina, que cumpría 18 anos e a gran actuación do porteiro Sergio.
Alex López e Orellana festexan con Santi Mina o gol do Celta
No primeiro tempo o dominio foi para o Athletic, aínda que se repartiron as ocasións de gol. A primeira ocasión do partido foi para o Athletic, tras unha falta non pitada no centro do campo a favor do Celta, centro de Toquero dende a dereita e remate de Ander Herrera con paradón de Sergio e o rexeitamento chégalle a Muniaín que volve rematar e Sergio volvese lucir. O Celta respondeu cun disparo de Orellana dende fóra da área que sae pegado ao pau. Falta lateral que saca o Athletic, o balón contrólao San José só, en claro fóra de xogo, e o seu remate sae fóra por pouco. Pase de Jonny para Santi Mina que se planta no man a man con Herrerín pero o seu disparo rexéitao o porteiro vasco. O segundo tempo foi de dominio do Celta aínda que o Athletic apretou nos últimos minutos e tivo varias ocasións de gol durante todo o segundo tempo. As dúas primeiras ocasións foron para Muniaín, a primeira dende dentro da área con outro paradón de Sergio e a segunda dende fóra da área que sae pegada ao pau. Saque de esquina de Alex López e remate de cabeza de Rafinha con paradón de Herrerín. Pase da morte de Nolito e remate de Alex López que despexa a defensa do Athletic. Mal rexeitamento de Gurpegi, o balón chégalle a Santi Mina só ante Herrerín que para o primeiro remate pero o rexeitamento lle queda outra vez a Santi Mina que marca o 1 a 0. Non minuto 77, volvía vestir de celeste, tras a súa longa e grave lesión, don Mario BermejoA última ocasión foi para o Athletic cun disparo de Mikel Rico dende a frontal da área e Sergio saca unha man prodixiosa despexando o balón a saque de esquina. Ao final 1-0 e o Novo San Mamés dictara sentenza.
Ficha:
Alineación: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, David Costas (Vila, 63'), Jonny; Rafinha (Madinda, 68'), Krohn-Dehli, Alex López; Orellana (Bermejo, 77'), Santi Mina e Nolito.
Goles: 1-0, Santi Mina (71').
Colexiado: Pérez Montero, desapercibido pero mal. Amonestou a Rafinha, Krohn-Dehli, Jonny e Alex López.
Estadio: Balaídos, 20.585 espectadores.
Puntuación:
  • Sergio. Salvador. 12.
  • Hugo Mallo. Seguro. 5.
  • Cabral. Ben. 5.
  • David Costas. Lesionado. 5.
  • Jonny. Grande. 9.
  • Rafinha. Ben. 4.
  • Krohn-Dehli. Defensivo. 4.
  • Alex López. Solidario. 4.
  • Orellana. Activo. 5.
  • Santi Mina. Goleador. 12.
  • Nolito. Chupón. 5.
  • Vila. Ben. 4.
  • Madinda. Ben. 4.
  • Bermejo. Ovacionado. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

sábado, 7 de diciembre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Athletic

Madinda no partido da tempada pasada
Son baixa por lesión Fontás, Samuel e Augusto. Aurtenetxe non pode xogar por cláusula có Athletic. Non entran na lista por decisión técnica Oubiña, Charles, Yoel e Toni. Entran na lista os xogadores do filial Rubén, Santi Mina, David Costas e Javi Rey.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. ---
  4. ---
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. ---
  12. Rafinha
  13. ---
  14. Orellana
  15. ---
  16. Bellvís
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. Jonny
  20. ---
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. ---
  25. ---
  26. Rubén
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas
  31. ---
  32. Javi Rey

lunes, 2 de diciembre de 2013

Liga, xornada 15: Celta 3 - Almería 1

O Celta gaña o seu primeiro partido da tempada en Balaídos e cuarto nesta liga, ante outro equipo andaluz (Betis, Málaga, Sevilla e Almería).
As gradas de Balaídos berraron "Nunca máis" no minuto 10 do partido
O partido comeza cun penalti sobre Krohn-Dehli que o árbitro non pita e ademáis mostra tarxeta amarela ao xogador celeste. No minuto 10 disparo dende fóra da área do Almería e gol (0-1). Gran xogada de Alex López e Rafinha e o centro remátao Charles pero o seu remate de cabeza pega en Krohn-Dehli e sae fóra. Despois man do defensa do Almería e outro penalti que o colexiado non quere pitar. No minuto 26 diagonal de Orellana pola banda esquerda e o seu disparo dende fóra da área convértese no empate a 1. A continuación outro posible penalti sobre Krohn-Dehli, esta vez para min non é. A continuación saque de esquina do Almería e remate de cabeza con parada de Yoel. O Celta responde cun lanzamento de falta de Alex López dende fóra da área e o ex xogador do Celta Esteban despexa a córner. Despois remate de Charles dende dentro da área tras un erro da defensa visitante e outra gran parada de Esteban. O primeiro tempo remata cun centro de Toni dende a esquerda e o remate de cabeza de Charles estrélase no longueiro. O segundo tempo empeza cun saque de esquina do Celta que peitea Aurtenetxe e Oubiña case na liña de gol marca o 2 a 1. Na seguinte xogada puido empatar a Almería pero o disparo dende dentro da área sae alto. No minuto 58 ante a insistencia de Hugo Mallo o defensa do Almería cae só e o 2 celeste saca un centro dende a liña de fondo que remata Charles conseguindo o 3-1. O partido remataba con dous balóns ao pau, o primeiro falta que lanza Nolito dende fóra da área e esta se estrela no longueiro, e o segundo centro do Almería que se envelena e se vai ao longueiro.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni (Jonny, 59'); Alex López, Oubiña, Krohn-Dehli (Nolito, 76'); Rafinha (Augusto, 65'), Charles e Orellana.
Goles: 0-1, Suso (10'). 1-1, Orellana (26'). 2-1, Oubiña (49'). 3-1, Charles (58').
Colexiado: Ayza Gámez, mal. Amonestou a Krohn-Dehli.
Estadio: Balaídos, 18.947 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Incansable. 6.
  • David Costas. Dudas. 3.
  • Aurtenetxe. Seguro. 6.
  • Toni. Ben. 4.
  • Alex López. Activo. 4.
  • Oubiña. Goleador. 7.
  • Krohn-Dehli. Calidad. 8.
  • Rafinha. Subindo. 4.
  • Charles. Loitador. 11.
  • Orellana. Partidazo. 14.
  • Jonny. Solvente. 3.
  • Augusto. Suplente. 3.
  • Nolito. Gañas. 3.
*Reparto de puntos en estadística.