A mala actuación do árbitro, que se inventou a expulsión de Charles co empate a 0 , e a debilidade defensiva ao quedarse con 10 xogadores condenan o Celta en Pucela.
Teixeira Vitienes no momento de expulsar a Charles por non facer nada |
A primeira ocasión foi do Valladolid nun saque de esquina no que Yoel sae en falso e Oubiña despexa de cabeza baixo paus. O Celta respondeu cun disparo de Augusto que se foi pegado ao pau. A segunda ocasión do Valladolid foi outra vez nun saque de esquina cun gol anulado por unha falta antes de Peña sobre Charles. O Celta rozou o gol en dúas ocasións, na primeira Charles gaña en velocidade á defensa pasa a Nolito e este remata con paradón do porteiro local. A segunda foi nun remate de cabeza de Charles de costas a pase de Rafinha e o porteiro local volve facer outro paradón despexando a saque de esquina. A segunda parte remata no minuto 55 cando o árbitro Teixeira Vitienes se inventou unha expulsión de Charles cando o porteiro saca contra as súas costas. A partir de aquí o Celta afúndese, como vén sendo habitual cando queda con 10 xogadores (Vallecas o ano pasado ou Anoeta este ano), e o Valladolid centra dende a dereita, Guerra controla e fusila ante a pasividade defensiva de Fontás e Cabral. O segundo gol foi noutro centro, esta vez dende a esquerda e remate de cabeza espectacular de Guerra ante a pasividade de Aurtenetxe. O Celta seguiuno intentando cun remate frouxo de Santi Mina dende fóra da área. No terceiro gol o Celta dórmese ao sacar o balón no borde da súa área, rouba o Valladolid que centra e Guerra marca ante a pasividade defensiva do Celta. A última ocasión foi para Cabral nun gran remate de cabeza que sae fóra por moi pouco. Ao final o Valladolid tirou 4 veces e marco 3 goles.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás (David Costas, 85'), Aurtenetxe; Augusto, Oubiña, Alex López (Santi Mina, 60'); Rafinha, Charles e Nolito (Orellana, 60').
Goles: 1-0, Guerra (59'). 2-0, Guerra (66'). 3-0, Guerra (86').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes, sinvergonza. Amonestou a Alex López, Fontás e Hugo Mallo. Expulsou a Charles con dobre amonestación (55').
Estadio: José Zorrilla, uns 8.000 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Inseguro. 1.
- Hugo Mallo. Amonestado. 0.
- Cabral. Irregular. 1.
- Fontás. Impreciso. 0.
- Aurtenetxe. Mal. 0.
- Augusto. Grande. 8.
- Oubiña. Regular. 1.
- Alex López. Desapercibido. 0.
- Rafinha. Ben. 5.
- Charles. Expulsado. 5.
- Nolito. Fatal. 0.
- Orellana. Gañas. 1.
- Santi Mina. Activo. 1.
- David Costas. Sen tempo. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario