lunes, 31 de agosto de 2015

David Costas renova ata o 2019 e xogará cedido no Mallorca

O canteirán David Costas renova o seu contrato ata xuño do 2019 e xogará cedido por un ano no Mallorca da segunda división.
Carlos Mouriño e David Costas trala firma [Foto www.celtavigo.net]

domingo, 30 de agosto de 2015

Liga, xornada 2: Celta 3 - Raio 0

O Celta nun bo partido golea ao Raio con goles de Nolito por partida dobre e Andreu Fontás, que estréase como goleador coa zamarra celeste.
Fontás festexando o seu primeiro gol co Celta [Foto Xoan Carlos Gil]

2ª división B, xornada 2: Cultural Leonesa 0 - Celta "B" 0

David Goldar nunha acción do partido [Foto Daniel Martín]

lunes, 24 de agosto de 2015

Liga, xornada 1: Levante 1 - Celta 2

O Celta celebra o seu 92 aniversario cunha vitoria ao Levante nun mal partido con goles de Orellana e Iago Aspas. No minuto 85 debutou o porteiro do filial Néstor Díaz pola lesión de Rubén.
Orellana, Iago Aspas e Nolito festexando o primeiro tanto [Foto www.atlantico.net]

2ª división B, xornada 1: Celta "B" 1 - R. Santander 0

Borja Iglesias festexando o gol [www.atlantico.net]

miércoles, 19 de agosto de 2015

Rubén renova ata o 2020

O canteirán Rubén renova o seu contrato como xogador do Celta ata xuño do 2020 cunha cláusula de 30 millóns.
Rubén Blanco e Carlos Mouriño trala firma [Foto www.celtavigo.net]
O porteiro de Mos Rubén Blanco Veiga seguirá de celeste ata final da tempada 2019 - 2020, tras renovar o seu contrato por cinco tempadas. Rubén leva no primeiro equipo 4 tempadas, coa actual, disputando 8 partidos e encaixando 13 goles.

lunes, 17 de agosto de 2015

Horarios das xornadas 3, 4, 5 e 6

Xornada 3:
Celta - As Palmas
Data: domingo 13 de setembro do 2015
Hora: 18:15
Televisión: C+ Liga
Estadio: Balaídos



Xornada 4:
Sevilla - Celta
Data: domingo 20 de setembro do 2015
Hora: 12:00
Televisión: C+ Liga
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán



Xornada 5:
Celta - Barcelona
Data: mércores 23 de setembro do 2015
Hora: 20:00
Televisión: C+ Liga
Estadio: Balaídos



Xornada 6:
Eibar - Celta
Data: sábado 26 de setembro do 2015
Hora: 22:00
Televisión: Teledeporte
Estadio: Ipurúa

sábado, 15 de agosto de 2015

Amigable (XX Trofeo Memoria Quinocho): Celta 4 - Xénova 0

O Celta lévase o Memorial Quiñocho tras golear a un Xénova moi inferior con goles de Iago Aspas por partida dobre, Pablo Hernández e John Guidetti.
Os xogadores posan co Trofeo [Foto www.celtavigo.net]
FICHA:
[4] Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo (Planas, 82'), Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Augusto, Wass (Radoja, 70'); Orellana (Bongonda, 78'), Pablo Hernández (Guidetti, 65'), Nolito (Drazic, 70'); e Iago Aspas (Señé, 82').
[0] Xénova F. C.: Lamanna, Cissokho, De Maio (Muñoz, 52'), Burdisso, Marchese (Rincón, 52'), Laxalt, Lazovic (Ghiglione, 78'), Tino Costa (Ntcham, 70'), Kuca (Tachtsidis, 73'), Perotti (Izzo, 42') e Pandev.
Colexiado: Vicandi Garrido. Amonestou Nolito polo Celta e a Rincón e Kuca polo Xénova.
Goles: 1-0, Pablo Hernández (3'). 2-0, Iago Aspas (16'). 3-0, Iago Aspas (23'). 4-0, Guidetti (66').
Estadio: Balaídos, 9.171 espectadores. Antes do comezo do encontro gardouse un minuto de silencio polo piloto Dani Rivas e Agustín Miranda, familiar do xogador Gustavo Cabral.

sábado, 8 de agosto de 2015

Amigable: Celta 3 - Boavista 0

O Celta gaña con facilidade ao Boavista portugués con goles de Iago Aspas, Bongonda e Nolito, que xogou os seus primeiros minutos da pretempada.
Equipo titular [Foto www.farodevigo.es]
FICHA:
[3] Celta de Vigo: Rubén (Sergio, 46'); Jonny (Radoja, 53'), Cabral (Costas, 85'), Fontás, Planas; Augusto (Guidetti, 53'), Wass; Orellana (Madinda, 81'), Pablo Hernández (Sergi Gómez, 75'), Bongonda (Nolito, 52'); e Iago Aspas (Señé, 69').
[0] Boavista F. C.: Gideao Castro (Mika, 46'), Inkoom, Ruben Gabriel (Tengarrinha, 56'), Paulo Vinicius, Diego Lima (Carvalho, 85'), Carlos Santos (Leozinho, 18'), Alfonso Figueiredo, Idris, Uchebo, Luisinho (Pouga, 88') e Sampaio.
Colexiado: Rubén Eriz Mata. Amonestou a Sampaio e Idris polo Boavista.
Goles: 1-0, Iago Aspas (3'). 2-0, Bongonda (8'). 3-0, Nolito (83').
Estadio: A Senra, uns 2.000 espectadores.

Dejan Drazic cuarta fichaxe da tempada 2015 / 2016

O extremo serbio chega do OFK Belgrado tras pagar o Celta 1'1 millóns de euros, e asina por 5 tempadas.
Dejan Drazic coa selección Serbia [Foto www.novosti.rs]
Dejan Drazic (26 de setembro de 1995, Sombor, Serbia) formouse nas categorias inferiores do Teleoptik, despois fichou polo xuvenil do Partizan de Belgrado ata que chegou ao xuvenil do OFK de Belgrado. Na tempada 2013 - 2014 e con 17 anos asina o seu primeiro contrato profesional co OFK de Belgrado onde xogou ata hoxe (57 partidos - 9 goles). É internacional sub'20 con Serbia.
Traxectoria:
·OFK Belgrado [2013 / 2015]

miércoles, 5 de agosto de 2015

Amigable: Coruxo 0 - Celta 3

O celta gaña o derbi vigués ante un Coruxo moi loitador, con goles de Guidetti e Madinda por partida dobre.
Madinda nun lance do partido [www.moiceleste.com]
FICHA:
[0] Coruxo F.C.: Brais, Cristóbal, Alberto García, Acoidan Roque, Jon Vega, Raúl Medina, Antúnez, Armental, Comesaña, Pedro Vázquez e Ortiz. Tamén xogaron Fernando, Cifuentes, Luciano, Jorge Fernández, Mella, Yago Pérez, Pablo García, Babichev, Miguel, Maxi, Pedro Juan e Gerges.
[3] Celta de Vigo: Sergio; Borja Fernández, Fontás, Sergi Gómez, Jonny; Augusto, Pape; Señé, Jordan, Bongonda; e Guidetti. Na segunda metade xogaron Rubén; Costas, Cabral, Radoja, Planas, Wass, Madinda; Pablo Hernández, Luis Rioja, Orellana; e Iago Aspas.
Colexiado: Pérez Pallas. Amonestou a Brais, Jon Vega, Rafa Mella, Babichev e Fernando polo Coruxo e a Luis Rioja polo Celta.
Goles: 0-1, Guidetti de penalti (18'). 0-2, Madinda (47'). 0-3, Madinda (70').
Estadio: O Vao, cheo.

martes, 4 de agosto de 2015

Amigable (Trofeo Turismo Porto e Norte): Paços Ferreira 0 (2p) - Celta 0 (4p) / Río Ave 0 - Celta 2

O Celta lévase o triangular tras empatar o primeiro partido (0-0) e gañar nos penaltis (2-4), Rubén detivo 2 e Wass fallou o seu. O segundo partido saldouse con vitoria celeste por 0-2 con goles de Guidetti, no seu debut, e Fontás.
Os xogadores posan co trofeo [www.celtavigo.net]
FICHA:
[0] Paços de Ferreira: Defendi, Romeu, Fabio Cardoso, Joao Gois, Edson Farias, Diogo Jota, André Leal, Miguel Vieira, Paulo Henrique, Tiago Serralneiro e Pelé.
[0] Celta de Vigo: Rubén; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Pablo Hernández, Wass; Orellana, Iago Aspas e Bongonda.
Colexiado: Armando Mendes. Amonestou a Augusto e Wass.
Goles: 0-0. Penaltis: 2-4.
Estadio: Rio Ave, uns 2.000 espectadores.
FICHA:
[0] Río Ave: Carlos Alves, Lionn, Capela, Silverio, Abalo, Luis Gustavo, Tarantini, Pedro Moreira, Rafa, Guedes e Pedro Paulo.
[2] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez (Guidetti, 17'), Cabral (Costas, 42'), Fontás, Jonny; Augusto (Radoja, 24'), Pablo Hernández (Madinda, 40'), Wass (Borja Fernández, 42'); Orellana (Jordan, 32'), Iago Aspas (Pape, 37') e Bongonda (Señé, 21').
Colexiado: Armando Mendes. Amonestou a Iago Aspas e Pape.
Goles: 0-1, Guidetti (17'). 0-2, Fontás (25').
Estadio: Rio Ave, uns 2.000 espectadores.

lunes, 3 de agosto de 2015

Fontás renova ata o 2019

O defensa Fontás renova o seu contato ata xuño do 2019 cunha cláusula de 10 millóns.
Carlos Mouriño e Andreu Fontás trala firma [www.celtavigo.net]
O xogador catalán Andreu Fontás Prat seguirá defendendo a zamarra celeste ata o final da tempada 2018 - 2019, tras renovar o seu contrato por catro tempadas. Fontás leva no celta 3 tempadas, coa actual, disputando 71 partidos.