lunes, 24 de agosto de 2015

Liga, xornada 1: Levante 1 - Celta 2

O Celta celebra o seu 92 aniversario cunha vitoria ao Levante nun mal partido con goles de Orellana e Iago Aspas. No minuto 85 debutou o porteiro do filial Néstor Díaz pola lesión de Rubén.
Orellana, Iago Aspas e Nolito festexando o primeiro tanto [Foto www.atlantico.net]
O partido comezaba coa expulsión do defensa local Simao por un pistonn a Iago Aspas no minuto 5. Tras esto o Celta dominaba sen crear perigo, agás un remate de Orellana e outro de Nolito con grandes paradas do meta local, e o Levante saía á contra. No minuto 30 o árbitro mal aconsellado polo seu linier anulaba un gol legal ao Levante tras unha "cantada" de Rubén á saída dun saque de esquina. No minuto 40 boa triangulación do Celta con centro de Jonny dende a esquerda que Orellana remata ao fondo da rede. Co 0-1 chegamos ao descanso. Na segunda metade o Levante empataba o partido cun gran gol de falta directa no minuto 55. Gran parada do porteiro local a disparo de Nolito. Wass non remata polos pelos un centro de Nolito. Aos 69 minutos Berizzo retiraba do campo a Hugo Mallo e daba entrada a Guidetti, pasando Wass ao lateral dereito. Gran xogada de Orellana que centra dende a dereita e Iago Aspas, coa axuda dun defensa, marca o 1-2 no minuto 77. Outra mala saída por alto de Rubén que choca con Cabral e un xogador visitante e retírase lesionado, producíndose o debut do meta do filial Néstor Díaz aos 85 minutos. No desconto Iago Aspas estrelaba un disparo no pau e Jonny tamén deixaba o campo con molestias entrando Planas.

FICHA:
[1] Levante U. D.: Rubén, Iván López (Morales, 78'), Trujillo, Simao, Juanfran, Toño García, José Mari (Víctor Casadesús, 70'), Verza, Camarasa (Rubén García, 81'), Deyverson e Ghilas.
[2] Celta de Vigo: Rubén (Néstor Díaz, 85'); Hugo Mallo (Guidetti, 69'), Cabral, Fontás, Jonny (Planas, 93'); Augusto, Wass, Pablo Hernández; Orellana, Iago Aspas e Nolito.
Colexiado: De Burgos Bengoetxea, mal. Expulsou a Simao (5') con vermella directa e amonestou a Morales polo Levante a a Jonny, Fontás e Guidetti polo Celta.
Goles: 0-1, Orellana (40'). 1-1, Verza (55'). 1-2, Iago Aspas (77').
Estadio: Ciutat de Valencia, 11.700 espectadores.
Notas:
  • Rubén [3'5]
  • Nestor Díaz [-]
  • Hugo Mallo [5]
  • Guidetti [5'5]
  • Cabral [5'5]
  • Fontás [5'5]
  • Jonny [6'5]
  • Planas [-]
  • Augusto [6]
  • Wass [6]
  • Pablo Hernández [4'5]
  • Orellana [7]
  • Iago Aspas [6]
  • Nolito [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario