O Celta nun bo partido golea ao Raio con goles de Nolito por partida dobre e Andreu Fontás, que estréase como goleador coa zamarra celeste.
Fontás festexando o seu primeiro gol co Celta [Foto Xoan Carlos Gil] |
O Celta empezou dominando o patido e aos 10 minutos gran pase de Orellana para Wass que regatea o porteiro e é derrubado polo meta visitante, o colexiado pita penalti, expúlsao e Nolito marcaba o primeiro gol. Aquí rematou o partido a pesar de que o Raio seguía intentando sacar o balón tocando dende atrás. Boas paradas do meta visitante, primeiro a Iago Aspas, logo a Nolito despois dunha gran xogada individual e por último a máis clara outra vez a Iago Aspas, que paróulle un man a man tras pase de Nolito. Co 1-0 chegabamos ao descanso.Aos catro minutos da reanudación pase de Pablo Hernández para Nolito que encara ao defensa e o seu disparo vaise ao fondo das mallas tras tocar nun defensa, 2-0 e segundo gol de Nolito. A partir de aquí o Celta buscaba o terceiro e o Raio defendíase como podía. Planas entraba por Jonny no minuto 69, Pablo Hernández deixaba o seu sitio a Guidetti no 77 e Wass facia o propio por Radoja no 86. Dous minutos despois xogada ensaiada no saque dunha falta lateral de Nolito e Fontás marcaba o seu primeiro gol oficial como celeste, 3-0 e líderes.
FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny (Planas, 69'); Augusto, Wass (Radoja, 86'); Orellana, Pablo Hernández (Guidetti, 77'), Nolito; e Iago Aspas.
[0] Raio Vallecano: Toño, Nacho, Raúl Baena, Ze Castro (Amaya, 24'), Quini, Ebi, Bebé (Juan Carlos, 10'), Trashorras, Llorente, Lass e Manucho (Miku, 72').
Colexiado: Martinez Munuera, ben. Expulsou a Toño (10') con vermella directa polo Raio e amonestou a Augusto e Jonny polo Celta e a Manucho polo Raio.
Goles: 1-0, Nolito de penalti (10'). 2-0, Nolito (49'). 3-0, Fontás (88').
Estadio: Balaídos, 17.306 espectadores.
Notas:

- Sergio [5'5]
- Hugo Mallo [6]
- Cabral [6]
- Fontás [6'5]
- Jonny [6]
- Planas [5'5]
- Augusto [7]
- Wass [7'5]
- Radoja [-]
- Orellana [7]
- Pablo Hernández [6]
- Guidetti [5]
- Nolito [8]
- Iago Aspas [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario