lunes, 23 de diciembre de 2013

Liga, xornada 17: Celta 1 - Osasuna 1

O Celta saca un punto e gracias en Balaídos ante un Osasuna que no primeiro tempo púidonos golear e acabamos o ano no posto 15 a 1 punto do descenso.
Rafinha festexou o gol con Banquiño
O primeiro tempo comezou cun Celta durmido durante os primeiros 30 minutos, onde o Osasuna púidonos golear, primeiro foi o ex céltico Oriol Riera que despexa Fontás na mesma linea de gol, segundo Torres cun disparo que se foi rozando o pau e á terceira chego o gol de Armenteros que deixa atrás a Oubiña, fixo unha parede con Oriol Riera, falla David Costas e o disparo de Armenteros bate a Yoel. Tralo gol o Celta reaccionou con dous disparos desde fóra do área de Krohn-Dehli. O gol do Celta chegou tras un saque de esquina que saco o Celta en curto para Rafinha que centrou desde a banda dereita e Augusto peiteo e o balón se colou na meta visitante, coa axuda do defensa. O segundo tempo continuou como acabou o primeiro, un Osasuna encerrado e un Celta que só creou perigo nun disparo de Nolito que despexou a saque de esquina Andres e dous remates coa testa a saque de esquina, un de Santi Mina e outro de Aurtenetxe. Aínda que o Osasuna puido levarse os tres puntos no desconto nun lanzamento de falta de Puñal que despexa Yoel. O colexiado non axudou ao ritmo do partido xa que permitiu que o Osasuna cortase con faltas todos os ataques locais sen apenas tarxetas para eles, cando a nos levan expulsándonos xogadores por nada. O mellor, a ovación que recibiu o ex xogador do Celta Oier no minuto 73 ao saltar ao campo, un xogador clave no último ascenso.
Ficha:
Alineación: Yoel; Jonny, David Costas, Fontás, Aurtenetxe; Augusto (Bermejo, 83'), Oubiña, Krohn-Dehli (Alex López, 71'); Rafinha, Santi Mina e Orellana (Nolito, 63').
Goles: 0-1, Armenteros (16'). 1-1, Augusto (33').
Colexiado: Delgado Ferreiro, mal.
Estadio: Balaídos, 18.570 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo ex xogador celeste Blas Artime.
Puntuación:
  • Yoel. Regular. 3.
  • Jonny. Ben. 4.
  • David Costas. Moi verde. 2.
  • Fontás. Irregular. 3.
  • Aurtenetxe. Mal. 2.
  • Augusto. Goleador. 10.
  • Oubiña. Impreciso. 3.
  • Krohn-Dehli. Perigo. 8.
  • Rafinha. Activo. 11.
  • Santi Mina. Normal. 3.
  • Orellana. Gañas. 4.
  • Nolito. Pouco. 2.
  • Alex López. Pouco tempo. 2.
  • Bermejo. Sen tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario