viernes, 20 de diciembre de 2013

Copa, dezaseisavos de final (volta): Athletic 4 - Celta 0

O Celta regala a Copa tras un partido lamentable onde o Athletic foi moi superior, e por sorte só marcounos 4 goles xa co Celta non tirou entre os 3 paus en todo o partido.
Un lance do encontro de onte
Pouco podemos dicir do partido de onte xa que o Celta só creou perigo no primeiro minuto cun rexeitamento do Athletic que case entra na súa portería. A partir de aquí un monólogo por parte do Athletic onde a desmotivación por parte do noso equipo foi de escándalo. A defensa foi un coadoiro, sobre todo os laterais, o medio do campo estivo perdido e o ataque non existiu. No primeiro tempo dous goles do Athletic (Muniaín e Susaeta), o primeiro no minuto 20 tras unha perdida de balón de Krohn-Dehli ao borde da área e o segundo no minuto 44 tras un erro de Hugo Mallo no lareral e de Toni no marcaxe. Na segunda parte outros dous goles do Athletic (Muniaín e Aduritz) o terceiro foi no minuto 80 no que Jonny tira mal o fóra de xogo e o cuarto no minuto 85 no que Rubén se adianta a Aduriz pero o rexeite pega no propio xogador e entra a gol. Non fago unha crónica máis extensa para non meter máis o dedo na ferida.
Ficha:
Alineación: Rubén; Hugo Mallo, Vila, Cabral, Toni; Madinda, Krohn-Dehli (Javi Rey, 73'), Alex López (Jonny, 57'); Santi Mina (Orellana, 46'), Charles e Nolito.
Goles: 1-0, Muniaín (20'). 2-0, Susaeta (44'). 3-0, Muniaín (80'). 4-0, Aduriz (85').
Colexiado: Fernando Teixeira Vitienes, desapercibido ante a desmotivación do Celta. Amonestou a Cabral e Toni. Expulsou a Hugo Mallo con dobre amonestación (53').
Estadio: Novo San Mamés, uns 30.000 espectadores.
Puntuación:
  • Rubén. Nervioso. 0.
  • Hugo Mallo. Expulsado. 0.
  • Vila. Falto de ritmo. 3.
  • Cabral. Normal. 3.
  • Toni. Regular. 0.
  • Madinda. O mellor. 5.
  • Krohn-Dehli. Desposicionado. 1.
  • Alex López. Cansado. 1.
  • Santi Mina. Lesionado. 2.
  • Charles. Desapercibido. 0.
  • Nolito. Mal. 0.
  • Orellana. Regular. 0.
  • Jonny. Irregular. 0.
  • Javi Rey. Debutante. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario