lunes, 2 de diciembre de 2013

Liga, xornada 15: Celta 3 - Almería 1

O Celta gaña o seu primeiro partido da tempada en Balaídos e cuarto nesta liga, ante outro equipo andaluz (Betis, Málaga, Sevilla e Almería).
As gradas de Balaídos berraron "Nunca máis" no minuto 10 do partido
O partido comeza cun penalti sobre Krohn-Dehli que o árbitro non pita e ademáis mostra tarxeta amarela ao xogador celeste. No minuto 10 disparo dende fóra da área do Almería e gol (0-1). Gran xogada de Alex López e Rafinha e o centro remátao Charles pero o seu remate de cabeza pega en Krohn-Dehli e sae fóra. Despois man do defensa do Almería e outro penalti que o colexiado non quere pitar. No minuto 26 diagonal de Orellana pola banda esquerda e o seu disparo dende fóra da área convértese no empate a 1. A continuación outro posible penalti sobre Krohn-Dehli, esta vez para min non é. A continuación saque de esquina do Almería e remate de cabeza con parada de Yoel. O Celta responde cun lanzamento de falta de Alex López dende fóra da área e o ex xogador do Celta Esteban despexa a córner. Despois remate de Charles dende dentro da área tras un erro da defensa visitante e outra gran parada de Esteban. O primeiro tempo remata cun centro de Toni dende a esquerda e o remate de cabeza de Charles estrélase no longueiro. O segundo tempo empeza cun saque de esquina do Celta que peitea Aurtenetxe e Oubiña case na liña de gol marca o 2 a 1. Na seguinte xogada puido empatar a Almería pero o disparo dende dentro da área sae alto. No minuto 58 ante a insistencia de Hugo Mallo o defensa do Almería cae só e o 2 celeste saca un centro dende a liña de fondo que remata Charles conseguindo o 3-1. O partido remataba con dous balóns ao pau, o primeiro falta que lanza Nolito dende fóra da área e esta se estrela no longueiro, e o segundo centro do Almería que se envelena e se vai ao longueiro.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni (Jonny, 59'); Alex López, Oubiña, Krohn-Dehli (Nolito, 76'); Rafinha (Augusto, 65'), Charles e Orellana.
Goles: 0-1, Suso (10'). 1-1, Orellana (26'). 2-1, Oubiña (49'). 3-1, Charles (58').
Colexiado: Ayza Gámez, mal. Amonestou a Krohn-Dehli.
Estadio: Balaídos, 18.947 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Incansable. 6.
  • David Costas. Dudas. 3.
  • Aurtenetxe. Seguro. 6.
  • Toni. Ben. 4.
  • Alex López. Activo. 4.
  • Oubiña. Goleador. 7.
  • Krohn-Dehli. Calidad. 8.
  • Rafinha. Subindo. 4.
  • Charles. Loitador. 11.
  • Orellana. Partidazo. 14.
  • Jonny. Solvente. 3.
  • Augusto. Suplente. 3.
  • Nolito. Gañas. 3.
*Reparto de puntos en estadística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario