O Celta toma vantaxe ante o Athletic na ida dos 1/16 de final da Copa gracias ao gol de Santi Mina, que cumpría 18 anos e a gran actuación do porteiro Sergio.
Alex López e Orellana festexan con Santi Mina o gol do Celta |
No primeiro tempo o dominio foi para o Athletic, aínda que se repartiron as ocasións de gol. A primeira ocasión do partido foi para o Athletic, tras unha falta non pitada no centro do campo a favor do Celta, centro de Toquero dende a dereita e remate de Ander Herrera con paradón de Sergio e o rexeitamento chégalle a Muniaín que volve rematar e Sergio volvese lucir. O Celta respondeu cun disparo de Orellana dende fóra da área que sae pegado ao pau. Falta lateral que saca o Athletic, o balón contrólao San José só, en claro fóra de xogo, e o seu remate sae fóra por pouco. Pase de Jonny para Santi Mina que se planta no man a man con Herrerín pero o seu disparo rexéitao o porteiro vasco. O segundo tempo foi de dominio do Celta aínda que o Athletic apretou nos últimos minutos e tivo varias ocasións de gol durante todo o segundo tempo. As dúas primeiras ocasións foron para Muniaín, a primeira dende dentro da área con outro paradón de Sergio e a segunda dende fóra da área que sae pegada ao pau. Saque de esquina de Alex López e remate de cabeza de Rafinha con paradón de Herrerín. Pase da morte de Nolito e remate de Alex López que despexa a defensa do Athletic. Mal rexeitamento de Gurpegi, o balón chégalle a Santi Mina só ante Herrerín que para o primeiro remate pero o rexeitamento lle queda outra vez a Santi Mina que marca o 1 a 0. Non minuto 77, volvía vestir de celeste, tras a súa longa e grave lesión, don Mario Bermejo. A última ocasión foi para o Athletic cun disparo de Mikel Rico dende a frontal da área e Sergio saca unha man prodixiosa despexando o balón a saque de esquina. Ao final 1-0 e o Novo San Mamés dictara sentenza.
Ficha:
Alineación: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, David Costas (Vila, 63'), Jonny; Rafinha (Madinda, 68'), Krohn-Dehli, Alex López; Orellana (Bermejo, 77'), Santi Mina e Nolito.
Goles: 1-0, Santi Mina (71').
Colexiado: Pérez Montero, desapercibido pero mal. Amonestou a Rafinha, Krohn-Dehli, Jonny e Alex López.
Estadio: Balaídos, 20.585 espectadores.
Puntuación:
- Sergio. Salvador. 12.
- Hugo Mallo. Seguro. 5.
- Cabral. Ben. 5.
- David Costas. Lesionado. 5.
- Jonny. Grande. 9.
- Rafinha. Ben. 4.
- Krohn-Dehli. Defensivo. 4.
- Alex López. Solidario. 4.
- Orellana. Activo. 5.
- Santi Mina. Goleador. 12.
- Nolito. Chupón. 5.
- Vila. Ben. 4.
- Madinda. Ben. 4.
- Bermejo. Ovacionado. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario