O Sevilla desperta ao Celta do seu soño copeiro tras golealo á contra (4-0) con outra penosa actuación do árbitro Clos Gómez.
Outro penalti que o árbitro Clos Gómez non pitou |
A primeira xogada foi un pase longo para Guidetti que queda só diante do meta local pero o árbitro pita fóra de xogo inexistente, curiosamente na seguinte xogada o Sevilla case marca nun remate onde estaban dous xogadores en fóra de xogo que non pita (que fácil é roubarlle ao Celta). Falta durísima sobre Orellana que o colexiado non amoesta, pero o primeiro cartón amarelo foi para Iago Aspas por unha falta inexistente (que fácil é roubarlle ao Celta). Paradón de Rubén a remate do Sevilla. No minuto 29 penalti moi rigoroso a favor do Sevilla de Sergi Gómez, a típica xogada onde agárranse mutuamente o defensa e o dianteiro e que ao Celta nunca lle pitan (que fácil é roubar ao Celta), Rubén para o penalti. No minuto 30 gran xogada de Orellana que centra desde a esquerda e Sergi Gómez remata ao traveseiro. Cinco minutos despois remate de Pablo Hernández que sae rozando o pau. No último minuto o Sevilla marca o 1-0 nun remate de cabeza á saída dun córner.
Nada máis empezar remate de Cabral que se atopa o meta local. Outra gran parada de Rubén. No minuto 59 penalti clarísimo sobre Pablo Hernández que o árbitro ve e non quere pitar (que fácil é roubarlle ao Celta), o Sevilla sae á contra e marca o 2-0 (pásase do posible 1-1 a un 2-0 por culpa do árbitro, que fácil o roubarlle ao Celta). Tres minutos despois outra contra do Sevilla que acaba co 3-0. No minuto 74 Orellana puido marcar pero no canto de tirar centra. Remate de Wass que para o meta local. No minuto 78 entraba Beauvue por Guidetti. No minuto 84 debuta Marcelo Díaz, entrando por Wass. Remate de Orellana que para o porteiro. No minuto 87 falla Jonny (como no segundo) e Krohn-Dehli marca o 4-0 nun man a man con Rubén. O ex xogador celeste non celebra o gol.
FICHA:
[4] Sevilla F.C.: Rico, Trémoulinas, Kolo, Rami, Coke, N'Zonzi, Cristóforo (Carriço, 70'), Krohn-Dehli, Banega (Konoplyanka, 73'), Vitolo e Gameiro (Llorente, 79').
[0] Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Wass (Marcelo Díaz, 84'); Iago Aspas, Pablo Hernández, Orellana; e Guidetti (Beauvue, 78').
Colexiado: Clos Gómez, atraco a man armada con nocturnidade e aleivosía. Amonestou a Llorente, Ramí, Krohn-Dehli e Koke polo Sevilla e a Iago Aspas, Sergi Gómez, Wass e Radoja polo Celta.
Goles: 1-0, Ramí (45'). 2-0, Gameiro (59'). 3-0, Gameiro (62'). 4-0, Krohn-Dehli (87').
Estadio: Sánchez Pizjuán, 36.659 espectadores.
Notas:
- Rubén [7'5]
- Hugo Mallo [4'5]
- Cabral [4'5]
- Sergi Gómez [4'5]
- Jonny [1'5]
- Radoja [5]
- Wass [5'5]
- Marcelo Díaz [-]
- Iago Aspas [4'5]
- Pablo Hernández [5'5]
- Orellana [5'5]
- Guidetti [5'5]
- Beauvue [5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario