lunes, 1 de febrero de 2016

Liga, xornada 21: Raio 3 - Celta 0

O equipo "B" que aliñou Eduardo Berizzo saliu goleado de Vallecas (3-0), nun partido lamentable onde só tirou unha vez a porteria e onde xa perdía 3-0 no minuto 36.
Beauvue xogou o seu primeiro partido como titular [Foto José Antonio García]
Na primeira parte o Celta fixo o ridículo xa que o Raio puido irse ao descanso cun 5-0 ou 6-0 no canto de con o 3-0. O Celta non conseguía pasar do centro do campo a non ser que fóra cun pelotazo desde a defensa ou o porteiro.
Na segunda parte entraba Pablo Hernández por Radoja. O Celta mellorou pero sen crear perigo excepto nun remate de Hugo Mallo que saliu moi frouxo e parou o meta local sen dificultade. O Raio seguiu sendo o que creaba perigo. No minuto 66 Pape entraba por un Drazic desaparecido e no 73 Jonny por Planas.

FICHA:
[3] Raio Vallecano: Juan Carlos, Quini, Tito (Doado, 75'), Zé Castro, Nacho, Llorente, Trashorras, Jozabed, Pablo H. (Montiel, 62'), Bebé e Miku (Javi Guerra, 68').
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Goldar, Sergi Gómez, Planas (Jonny, 73'); Radoja (Pablo Hernández, 46'), Borja Fernández;  Bongonda, Señé, Drazic (Pape, 66'); e Beauvue.
Colexiado: Jaime Latre, ben. Amonestou a Dorado, Quini e Trashorras polo Raio e a Beauvue, Goldar, Pablo Hernández, Drazic e Orellana polo Celta.
Goles: 1-0, Miku (21'). 2-0, Tito (25'). 3-0, Jozabed (36').
Estadio: Vallecas, 10.507 espectadores.
Notas:
  • Sergio [4'5]
  • Hugo Mallo [3'5]
  • Goldar [4]
  • Sergi Gómez [4]
  • Planas [3'5]
  • Jonny [5]
  • Radoja [4]
  • Pablo Hernández [5]
  • Borja Fernández [4]
  • Bongonda [3'5]
  • Señé [4]
  • Drazic [3]
  • Pape [4'5]
  • Beauvue [3'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario