O Celta gaña ao Atlético de Madrid no Vicente Calderón (2-3) ofrecendo a súa mellor versión e plántase en semifinais de Copa 15 anos despois.
John Guidetti festexando o seu gol [Foto Javier Soriano] |
Nos primeiros 15 minutos o Atlético presionou bastante e provocou varios saques de esquina. A primeira ocasión do Celta foi un cabezazo de Guidetti que sae fóra. Rubén fai unha gran parada a disparo do Atlético. No minuto 22 saque de esquina do Celta que remata Pablo Hernández ao fondo da rede cun gran cabezazo. Outro remate de Iago Aspas que para o meta local. Cando se cumpría a media hora disparo desde fóra da área do Atlético que despexa Rubén como pode e no rexeite marca o empate o equipo local. Os seguintes 15 minutos foron moi igualados.
A segunda parte empeza co cambio por lesión de Rubén por Sergio. Disparo desviado de Iago Aspas con todo ao seu favor. No minuto 54 man a man de Guidetti co porteiro que despexa o seu remate, Guidetti centra desde a linea de fondo e Pablo Hernández marca o segundo pero o árbitro anúlao por saír o balón pola liña de fondo. No minuto 56 Guidetti rouba un balón no medio do campo e solta un disparo desde uns 25 metros que se coa pola escuadra, golazo e 1-2. O Atlético puido empatar pero o seu disparo estrélase no traveseiro. No minuto 63 pase de Wass para Hugo Mallo que centra e Pablo Hernández volve marcar o 1-3 con outro gran cabezazo. Outro disparo de Iago Aspas que para o meta local. No minuto 80 Beauvue entraba por Guidetti e un minuto despois marca o Atlético o 2-3. Case ao final Sergio fai unha boa intervención.
FICHA:
[2] Atlético de Madrid: Moyá, Juanfran, Giménez, Godín, Filipe Luis, Gabi, Saúl (Óliver Torres, 61'), Koke, Carrasco (Correa, 59'), Griezmann e Vietto.
[3] Celta de Vigo: Rubén (Sergio, 46'); Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Wass; Iago Aspas, Pablo Hernández, Orellana; e Guidetti (Beauvue, 80').
Colexiado: Mateu Lahoz, regular. Amonestou a Vietto, Filipe Luis, Gabi e Koke polo Atlético e a Hugo Mallo, Guidetti e Radoja polo Celta.
Goles: 0-1, Pablo Hernández (22'). 1-1, Griezmann (29'). 1-2, Guidetti (56'). 1-3, Pablo Hernández (63'). 2-3, Correa (81').
Estadio: Vicente Calderón, 36.852 espectadores.
Notas:
- Rubén [7'5]
- Sergio [8'5]
- Hugo Mallo [8'5]
- Cabral [7'5]
- Sergi Gómez [7'5]
- Jonny [7'5]
- Radoja [8'5]
- Wass [8'5]
- Iago Aspas [7'5]
- Pablo Hernández [10]
- Orellana [9'5]
- Guidetti [10]
- Beauvue [5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario