miércoles, 3 de febrero de 2016

Liga, xornada 22: As Palmas 2 - Celta 1

O Celta perde nas Palmas nun mal partido, grazas á lamentable actuación do árbitro Sánchez Martínez que pitou dous foras de xogo inexistentes nun man a man co porteiro, perdoou repetidamente a expulsión a Wakaso, inventouse un penalti a favor do equipo local e expulsou a Orellana por caerse e levantarse na área pero non expulsou a Willian José (autor do 2-1) polo mesmo.
O árbitro Sánchez Martínez volveu a ser o protagonista negativo do partido [Foto LOF]
Aos 5 minutos pase de Planas para Bongonda que se mete na área e cun disparo cruzado bate ao excéltico Javi Varas (0-1). A seguinte ocasión foi para Orellana pero o seu chut foise a saque de esquina. No minuto 20 puido empatar As Palmas pero o seu remate estrélase no traveseiro. Outra ocasión de Iago Aspas pero o seu remate tras pegar na defensa atrápao Javi Varas. Tras pitar 2 foras de xogo inexistentes cando o dianteiro do Celta plantábase só diante do porteiro o árbitro decidiu que había que inventarse un penalti para sacar ao Celta de Europa xa que á RFEF e á LFP non lle interesa que equipos pequenos dispútenlle os postos a Sevilla, Valencia ou Athletic. O penalti supuxo o empate a 1.
A segunda parte estivo máis igualada pero a actuación do árbitro perdoándolle a expulsión repetidamente a Wakaso e a Willian José decantou a balanza a favor das Palmas. No minuto 59 Wass entraba por Beauvue. As Palmas dominaba máis que o Celta. No minuto 66 Guidetti entraba por Iago Aspas. Piscinazo de Willian José que o árbitro non amoesta pero no minuto 73 Orellana se interna na área cae e levántase sen protestar e o arbitro para o partido e expulsa ao xogador chileno por dobre amoestación (por protestar un penalti inexistente e por supostamente finxir un penalti, curiosamente cando é o dianteiro local o que se tira non pasa nada). A continuación falta de cartón de Wakaso que o árbitro non saca e o adestrador das Palmas retírao do campo na seguinte xogada para que non acabe expulsado. No minuto 85 Pape entra por Radoja. No último minuto fallo de Jonny e Sergio no entendemento e gol do xogador que tiña que ser expulsado Willian José. Outro roubo ao Celta.

FICHA:
[2] U.D. As Palmas: Javi Varas, David Simón, Aythami (Bigas, 68'), David García, Dani Castellano, Montoro (Momo, 41'), Roque Mesa, Wakaso (Nauzet Alemán, 81'), Tana, Jonathan Viera e Willian José.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Hugo Mallo, Cabral, Planas; Radoja (Pape, min.85), Pablo Hernández; Beauvue (Wass, 59'), Orellana, Bongonda; e Iago Aspas (Guidetti, 66').
Colexiado: Sánchez Martínez, lamentable. Amonestou a David Simón, Aythami, Willian José, Wakaso, Roque Mesa e Momo polo As Palmas e a Hugo Mallo e Bongonda e expulsou a Orellana por dobre amonestación (73').
Goles: 0-1, Bongonda (5'). 1-1, Jonathan Viera de penalti (35'). 2-1, Willian José (90').
Estadio: de Gran Canaria, 18.439 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Jonny [4]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [5'5]
  • Planas [5]
  • Radoja [5'5]
  • Pape [-]
  • Pablo Hernández [6]
  • Beauvue [5]
  • Wass [5]
  • Orellana [4'5]
  • Bongonda [6]
  • Iago Aspas [5]
  • Guidetti [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario