domingo, 31 de agosto de 2014

Liga, xornada 2: Córdoba 1 - Celta 1

O Celta suma un punto en Córdoba, cunha temperatura asfixiante, tras ser moi superior durante 55 minutos. Orellana marcou o gol e debutou Pablo Hernández.
Orellana nun lance do partido
O primeiro tempo foi un monologo por parte do Celta que creaba perigo polas dúas bandas, con Orellana e Nolito. Nunha desas internadas Orellana vaise de dous contrarios, cede a Nolito e o seu disparo sae despexado por un defensa a saque de esquina. A continuación Nolito pasa a Orellana e o seu remate despéxao o porteiro local, realizando unha gran intervención, o rexeite cáelle a Álex López pero o seu disparo sae alto. Xogada de Nolito para Krohn-Dehli, este para Larrivey e o seu disparo o desvia o porteiro e no rexeite Nolito marca en fóra de xogo. O único remate do equipo local foi de disparo lexano que saliu pegado ao pau dereito de Sergio. Bo pase de Nolito para Álex López que controla ben pero o seu disparo diante do porteiro sae alto. A segunda metade continuou igual que rematou a primeira con dominio do Celta e no minuto 51 Orellana encara dende a dereita, regatea o defensa e o seu disparo dende dentro da área remata no fondo da porteria local, 0-1. A partir do minuto 55 o Celta notou o desgaste físico en parte pola alta temperatura e o Córdoba aproveitouse e no minuto 59 marcou o empate nunha xogada que vén precedida dun claro xogo perigoso a Nolito. Aos 63 minutos Augusto entraba por Álex López e nunha combinación entre Nolito e o arxentino, este centra e un defensa do Córdoba dálle na man, por sorte non foi na nosa área senón tería pitado penalti. Larrivey abandonaba o campo e entraba Charles que tivo a súa oportunidade nunha xogada de loita e o seu diaparo pega nun defensa e estrelase no pau (2 partidos, 4 paus). A seis minutos para o final producíase o debut de Pablo Hernández coa camisola do Celta, sustituíndo a Nolito.

FICHA:
[1] Córboba C.F.: Juan Carlos, Gunino, Pantic, Íñigo López, Pinillos, Rossi, López Garai (Ekeng, 71'), Ryder (Borja García, 46'), López Silva, Fede e Mike (Xisco, 77').
[1] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Álex López (Augusto, 63'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito (Pablo Hernández, 84') e Larrivey (Charles, 76').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes, regular por non dicir mal. Amonestou a Ekeng polo Córdoba, e Jonny, Cabral, Radoja e Augusto polo Celta.
Goles: 0-1, Orellana (51'). 1-1, Fede (59').
Estadio: O Arcanxo, 15.892 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Jonny [5'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Planas [5]
  • Radoja [5'5]
  • Álex López [5'5]
  • Augusto [5]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Orellana [8]
  • Nolito [7'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Larrivey [5]
  • Charles [5]

viernes, 29 de agosto de 2014

Lista de convocados para o Córdoba - Celta

Mario Bermejo nun lance do último partido disputado ante o Córdoba
Borja Oubiña é baixa por lesión, non entran na lista por decisión técnica Santi Mina e David Costas. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 17. Madinda
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 24. Augusto
  • 28. Borja Fernández

martes, 26 de agosto de 2014

Amigable (XXX Trofeo Conde de Gondomar): Gondomar 1 - Celta 4

Os suplentes do domingo acompañados de xogadores do filial golean ao Gondomar (1-4) e adxudícanse o XXX Trofeo Conde de Gondomar.
Charles nun lance do partido
FICHA:
[1] Gondomar: Ismael, Pablo, Villa, Ferro, Borja Villaverde, Cholo, Jaime "Agujetas", Víctor Pousadela, Diego, Álex e Nico. Tamén xogaron Michael, Iago González, Diego, Javier, Silvio, Iago Vázquez e Mario.
[4] Celta: Rubén; Hugo Mallo, Costas, Sergi Gómez, Samu; Radoja, Madinda, Jordan; Augusto, Santi Mina e Charles. Tamén xogaron Borja Domínguez, Javi Rey, De Amo, Casas, Brais Méndez, Pape Diop, Thaylor, Borja Iglesias, Julio Delgado, Fernán e Óscar Santiago.
Colexiado: Eduardo Rivera.
Goles: 0-1, Charles (4'). 1-1, Alejandro (10'). 1-2, Santi Mina (21'). 1-3, Samu (35'). 1-4, Borja Iglesias de penalti (80').
Estadio: As Gaiandas, uns 2.000 espectadores.

Hugo Mallo renova polas próximas cinco tempadas

O canteirán Hugo Mallo será xogador do Celta as próximas cinco tempadas, é dicir, ata o ano 2019.
Hugo Mallo nun partido da tempada pasada
O lateral dereito Hugo Mallo Novegil seguirá defendendo a zamarra celeste ata o final da tempada 2018 - 2019 tras renovar o seu contrato por cinco tempadas. Hugo Mallo leva no primeiro equipo 6 tempadas, disputando 151 partidos e marcando 1 gol.

lunes, 25 de agosto de 2014

Borja Fernández amplia o seu contrato por cinco anos máis

Borja Fernández ampliou o seu contrato por cinco anos máis, polo que será celeste ata xuño do 2019.
Borja Fernández no encontro ante o Xetafe
O canteirán Borja Fernández Fernández seguirá defendendo a camisola do Celta ata o final da tempada 2018 - 2019 tras ampliar o seu contrato por cinco anos máis. Borja debutou este domingo co primeiro equipo no partido ante o Xetafe, xogando 86 minutos.

2ª división B, xornada 1: Lealtade 0 - Celta "B" 2

FICHA:
[0] Lealtade: Porrón, Pelayo (Marcos, 38'), Keko, Hedrera, Pantiga, Pelaez, Lombar, Yosu, Castell (Villanueva, 65'), Matías e Espina (Cueto, 83').
[2] Celta "B": Óscar Santiago, Goldar, Pablo Crespo (Samu, 56'), Javi Rey, De Amo, Casas, Luis Rioja, Borja Domínguez (Jordan, 65'), Borja Iglesias, Julio Delgado e Thaylor (Pape, 77').
Colexiado: Azpilicueta Saldias, amonestou a Álvaro, Julio Delgado e De Amo.
Goles: 0-1, Thaylor (39'). 0-2, Julio Delgado (84').
Estadio: Les Caleyes, uns 600 espectadores.

Liga, xornada 1: Celta 3 - Xetafe 1

O Celta debuta cunha vitoria por 3 a 1 ao Xetafe, mostrando un moi bo nivel, con goles de Nolito, Orellana e Larrivey.
Nolito, Larrivey, Planas e Borja Fernández festexan o gol do primeiro
O primeiro once da "era Berizzo" foi Sergio na portería, en defensa Jonny, Cabral, Fontás e Planas, Borja Fernández de mediocentro acompañado por Álex López e Krohn-Dehli, e o tridente de ataque formado por Orellana, Nolito e Larrivey en punta. O Celta dominou ao Xetafe cunha boa presión pero estes, cando chegaban o facian con perigo. A primeira ocasión clara foi do Celta, cambio de sentido de Orellana para Nolito, este desborda e o seu pase da morte despéxao a defensa, Planas recupera e cede atrás a Álex López que dispara dende o borde da área e o seu remate estrélase na cruceta, Larrivey volve rematar coa cabeza e o balón estrélase tamén no pau contario onde Orellana remata e o seu disparo sae despexado poa defensa a saque de esquina. O Xetafe respondeu con dúas xogadas de perigo, a primeira foi un remate de cabeza ao saque dunha falta lateral que sae fóra e a segunda cun remate onde Sergio realiza unha gran intervención. Aos 19 minutos Álex López centra dende a dereita, peina Larrivey e o balón cáelle a Nolito case pegado á liña de cal e métea por debaixo das pernas de Guaita marcando o 1-0. O Celta seguiu dominando a pesar da actitude do árbitro que só pitaba faltas en contra do Celta. Con este panorama chegamos ao final da primeira parte. A segunda metade comezou cun centro dende a esquerda de Nolito que deixa de cabeza Larrivey e Álex López volve estrelar o seu disparo na cruceta. Cando cumpríase o minuto 10 da segunda parte, Orellana pelexa unha pelota, a leva polo borde da área e solta un zurdazo que coase pola escuadra do equipo visitante, 2-0. Sete minutos despois o Xetafe rouba o balón e monta unha contra rápida que sorprende ao Celta establecendo o 2-1 no marcador. No minuto 67 Álex López era sustítuido por Augusto. O 3 a 1 chegaba nun pase de Augusto para Nolito, este con outro pase deixa a Larrivey só diante do porteiro e o dianteiro arxentino marca o terceiro tanto. Despois saltarían ao terreo de xogo Radoja por Borja Fernández, minuto 86, e Charles por Larrivey, minuto 88. O árbitro realizou unha segunda parte tan lamentable como a primeira.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas; Borja Fernández (Radoja, 86'), Álex López (Augusto, 67'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, 88').
[1] Xetafe C.F.: Guaita, Valera, Alexis (Carlos, 46'), Sarabia (Michel, 63'), Lago, Rafa, Sammir, Juan Rodríguez (Freddy, 63'), Lafita, Diego Castro e Álvaro.
Colexiado: Melero López, lamentable. Amonestou a Jonny, Nolito, Planas e Orellana polo Celta, e Alexis polo Xetafe.
Goles: 1-0, Nolito (19'). 2-0, Orellana (55'). 2-1, Sammir (62'). 3-1, Larrivey (69').
Estadio: Balaídos, 20.416 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Jonny [6]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Planas [6]
  • Borja Fernández [5'5]
  • Radoja [-]
  • Álex López [6'5]
  • Augusto [6]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Orellana [7'5]
  • Nolito [8]
  • Larrivey [8]
  • Charles [-]

sábado, 23 de agosto de 2014

Lista de convocados para o Celta - Xetafe

Os xogadores do Celta festexan o gol de Rafinha no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Borja Oubiña e Pablo Hernández, non entran na lista por decisión técnica Santi Mina e David Costas. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 06. Radoja
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 17. Madinda
  • 19. Jonny
  • 20. S. Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 24. Augusto
  • 28. Borja Fernández

jueves, 21 de agosto de 2014

Nolito renova polas próximas cinco tempadas

Manuel Agudo Durán, "Nolito", seguirá en Vigo ata o ano 2019 e a súa cláusula de rescisión pasa de 10 a 18 millóns de €uros.
Nolito festexando o seu gol ao Coruña, con Larrivey de fondo
O club rexeitou este verán unha oferta de 10 millóns polo dianteiro e o propio xogador tamén rexeitou unha oferta económicamente superior xa que a súa prioridade era permenecer en Vigo. Nolito no seu primeiro ano disputou 37 encontros entre Liga e Copa, sendo o máximo goleador do equipo con 14 tantos.

miércoles, 20 de agosto de 2014

Sergio amplia o seu contrato por un ano máis

Sergio ampliou o seu contrato por un ano máis, polo que sera celeste ata xuño do 2016.
Sergio nun partido da tempada pasada
O canteirán Sergio Álvarez Conde seguirá defendendo a meta do Celta ata o final da tempada 2015 - 2016 tras ampliar o seu contrato por un ano máis. Sergio leva en 4 tempadas 34 partidos entre liga e copa.

domingo, 17 de agosto de 2014

Amigable (XIX Trofeo Memorial Quinocho): Celta 4 - Cagliari 0

Un Celta moi superior golea ao Cagliari italiano, con goles de Santi Mina, Cabral, Orellana e Nolito, e adxudícase o XIX Trofeo Memorial Quinocho.
Os xogadores posan co Trofeo
O partido comezou con gol, aos 6 minutos Santi Mina marcou un bo gol dende a esquerda. Pouco despois Charles dispuxo doutra ocasión. Álex López tamén probou sorte con dous lanzamentos que saíron fóra. O primeiro tempo chegou á súa fin, nunha parte onde houbo pouco ritmo e destacou a última fichaxe, Radoja. No primeiro minuto da segunda metade Cabral rematou de cabeza un saque de esquina botado por Orellana establecendo o 2-0 no marador. Despois Charles puido marcar o terceiro pero o seu lanzamento despexouno o porteiro. No minuto 56 Charles é derrubado dentro da área e o penalti transfórmao Orellana (3-0). Catro minutos despois Nolito marcou o cuarto cun gran lanzamento dende a frontal da área. Charles tivo outra ocasión pero o porteiro visitante respondeu ben. Larrivey cun gran remate de cabeza puido asinar o quinto pero encontrouse outra vez co porteiro. No minuto 88 o colexiado expulsou a Cabral con tarxeta vermella directa. Boas sensacións para o inicio da Liga.

FICHA:
[4] Celta: Rubén; Hugo Mallo (Costas, 76'), S. Gómez, Fontás (Cabral, 46'), Jonny (Planas, 46'); Radoja (Borja Fernández, 62'), Álex López (Krohn-Dehli, 46'), Madinda (Jordan, 70'); Augusto (Orellana, 46'), Santi Mina (Nolito, 46') e Charles (Larrivey, 70').
[0] Cagliari: Colombi, Crisetig, Cossu, Avelar, Capello, Pisano, Farias, Ekdal, Sau Ceppitelli e Capuano. Tamén xogaron Balzano, Ibarbo, Longo, Donsan e Cragno.
Colexiado: Iglesias Villanueva. Expulsou con tarxeta vermella directa a Cabral.
Goles: 1-0, Santi Mina (6'). 2-0, Cabral (46'). 3-0, Orellana de penalti (57'). 4-0, Nolito (60').
Estadio: Balaídos, 7.153 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Ángel Suárez "Panocha" e dos abonados históricos Fernando González Amadios e José Rodríguez Da Silva.

viernes, 15 de agosto de 2014

Jota Peleteiro xogará no Brentford as próximas 3 tempadas

Jota Peleteiro nun amigable
Jota Peleteiro xogará no Brentford, un recén ascendido á Segunda División inglesa, ata o ano 2017. O traspaso cífrase nuns 1'5 millóns de euros máis variables, por obxetivos ou futuro traspaso a outro equipo, unha boa operación xa que remataba contrato este ano e non ía renovar polo Celta.

jueves, 14 de agosto de 2014

Amigable (I Trofeo Federación Galega): Coruña 0 - Celta 2

Un Celta moi superior ao Coruña lévase o I Trofeo Federación Galega e o primeiro derbi, aínda que amigable, da tempada 2014 - 2015 con goles de Nolito e Larrivey.
Nolito tras marcar o primeiro tanto
O Celta saliu presionando os xogaores do Coruña e comezou a crear xogadas de perigo, remate de Larrivey tras centro de Planas que se vai a saque de esquina. No minuto 14 man a man de Nolito con Fabricio e este último gáñalle a partida ao dianteiro celeste. Primeiro disparo do Coruña (por chamalo algo) moi frouxo ás mans de Sergio. Boa internada pola banda de Planas e o seu centro remátao Krohn-Dehli ás mans de Fabricio. Centro de Jonny e o remate de Larrivey non entra por moi pouco. Remate de Cabral que para Fabricio. Pasada a media hora de xogo prodúcese o primeiro remate con perigo do Coruña que atrapa Sergio. Falta a favor do Coruña que sae moi alta da porta viguesa. No minuto 41 o Coruña marca pero é anulado por un claro fóra de xogo. As dúas últimas ocasións do primeiro tempo foron para o Celta, primeiro Larrivey e despois Orellana pero os dous remates vanse fóra. O Coruña realiza 7 cambios para a segunda metade, tratando de aguantar a presión do Celta pero nada máis empezar gol de Nolito que recupera o balón ao borde da área e o seu remate se coa na meta de Lux. Na xogada seguinte o Coruña reclama penalti de Jonny a Luisinho. O Celta segue creando perigo, remate de Nolito que para Lux e remate alto de Álex López a pase de Nolito. Krohn-Dehli remata unha xogada pelexada por Jonny pero o seu disparo despéxao Lopo a saque de esquina. Borja Fernández remata fóra o corner. Outro remate que se vai fóra de Krohn-Dehli. O segundo tanto chega nunha gran xogada colectiva, Madinda abre a Nolito na banda esquerda, este rompe á defensa cun pase cara a Orellana na banda dereita e o centro deste remátao Larrivey só dentro da área pequena, era o minuto 73. Remate alto do Coruña. Remate de Goldar que sae fóra. No desconto disparo desviado do Coruña dende moi lonxe. Final en Pasarón.

FICHA:
[0] Coruña: Fabricio (Lux, 46'), Seoane (Cardoso, 82'), Insua (Iago, 81'), Álex Bergantiños (Lopo, 46'), Canella (Laure, 46'),Wilk (Remeseiro, 64'), Juan Carlos (José Rodríguez, 46'), Arizmendi (Cavaleiro, 46'), Fariña (Juan Domínguez, 46'), Cuenca (Luisinho, 46') e Toché (Bastón, 64').
[2] Celta: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas (Hugo Mallo, 57'); Borja Fernández (Goldar, 81'), Álex López (Madinda, 67'), Krohn-Dehli (S. Gómez, 88'); Orellana, Nolito (Santi Mina, 86') e Larrivey (Charles, 83').
Colexiado: Iglesias Villanueva. Amonestou a Seoane polo Coruña e Fontás e Orellana polo Celta.
Goles: 0-1, Nolito (48'). 0-2, Larrivey (73').
Estadio: Pasarón, uns 7.500 espectadores. A recaudación do encontro foi destinada ao benefecio do fútbol base galego.

miércoles, 13 de agosto de 2014

Lista de convocados para o I Trofeo Federación Galega, Celta - Coruña

Un lance do último derbi xogado en Riazor
Son baixa por lesión Oubiña e Pablo Hernández, non entran na lista por decisión técnica Radoja, Costas, Jota e Augusto. Entran na lista de convocados os xogadores do filial Goldar e Borja Fernández.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 17. Madinda
  • 18. Planas
  • 19. Jonny
  • 20. S. Gómez
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 27. Goldar
  • 29. Borja Fernández

martes, 12 de agosto de 2014

Nemanja Radoja quinta fichaxe da tempada 2014 -2015

O mediocentro serbio de 21 anos asina por cinco tempadas e levará o número 6.
Nemanja Radoja xunto a Vlado Gudelj no seu primeiro adestramento co Celta
Nemanja Radoja (6 de febreiro de 1993, Novi Sad, Serbia) debutou co primeiro equipo da Vojvodina na tempada 2012 - 2013, disputando 27 partidos e marcando un gol. A tempada seguinte xogou 39 encontros entre Liga, Copa e Europa League, alzándose como campión da Copa. Esta tempada, 2014 - 2015, disputou a previa da Europa League e un partido da Liga ata a súa fichaxe polo Celta de Vigo. Pode xogar de mediocentro ou de central e é internacional sub' 21 con Serbia.
Traxectoria:
  • Vojvodina [2012 / 2014]
Títulos:
  • Copa de Serbia [2013 / 2014]

viernes, 8 de agosto de 2014

Horarios das xornadas 4, 5 e 6

Xornada 4
Atl. Madrid - Celta
Data: sábado 20 de setembro do 2014
Hora: 20:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Vicente Calderón



Xornada 5
Celta - Coruña
Data: martes 23 de setembro do 2014
Hora: 22:00 horas
Televisión: Catro
Estadio: Balaídos



Xornada 6
Elxe - Celta
Data: venres 26 de setembro do 2014
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Martínez Valero

jueves, 7 de agosto de 2014

Amigable: Everton 1 - Celta 3

O Celta remata a xira por terras inglesas cunha gran vitoria ante o Everton cun hat-trick de Nolito.
Os xogadores do Celta festexan un gol de Nolito
O Celta dominou todo o primeiro tempo e puido abrir o marcador nada máis comezar con varias ocasións pero serían os ingleses os que se adiantaron cun gol no minuto 10 tras un erro da defensa. A continuación Krohn-Dehli primeiro e Orellana despois puideron empatar pero foi Nolito o que fusilou ao meta local tras pase de Orellana, minuto 18. Cinco minutos máis tarde Nolito "rouballe a carteira ao defensa" e no man a man co porteiro a pica de xeito maxistral marcando o 1 a 2. Pasada a media hora do encontro Nolito volvía perforar a meta local conseguindo o seu primeiro hat-trick coa camisola do Celta. Co 1-3 chegamos ao descanso. A segunda metade foi de dominio vigués ata o minuto 60 e tivo varias ocasións de gol con Krohn-Dehli e Larrivey. O partido igualouse e o Everton puido acurtar distancias pero Sergio e o pau evitaron os tantos. Jordan puido marcar o cuarto pero o marcador xa non se movería.

FICHA:
[1] Everton: Howard, Hibbert, Baines, Distin, Stones, Barry, McCarthy, McGeady, Osman, Barkley e Naismith. Tamén xogarón Besic, Gibson, Browning, Duffy e Joel.
[3] Celta: Sergio; Hugo Mallo (Jonny, 46'), Cabral, Fontás (S. Gómez, 70'), Planas; Borja Fernández (Goldar, 70'), Álex López (Madinda, 57'), Krohn-Dehli (Samu, 87'); Orellana (Santi Mina, 70'), Nolito (Jordan, 76') e Charles (Larrivey, 46').
Colexiado: Andy Madley. Amonestou a Planas e Larrivey.
Goles: 1-0, McGeady (10'). 1-1, Nolito (18'). 1-2, Nolito (23'). 1-3, Nolito (32').
Estadio: Prenton Park.

miércoles, 6 de agosto de 2014

Amigable: Burnley 2 - Celta 2

O Celta suma o seu terceiro empate (en tres partidos) na súa xira por terras inglesas, cun once inicial con nove canteirans.
Hugo Mallo nun lance do partido
Nada máis comezar o encontro, no minuto 2, o Burnley marcou a 1 a 0. Despois o Celta fíxose co control do partido e puido empatar con remates de Santi Mina e Jordan. O partido igualouse e o Burnley estrelou un balón no pau. O Celta tivo unha dobre ocasión, primeiro Larrivey se encontrou co porteiro e despois Santi Mina cun defensa. O dianteiro arxentino tivo outro remate antes do descanso que se marchou por enriba do longueiro. O segundo tempo foi de dominio absoluto do Celta e no minuto 65 encontrou o seu premio cun gol de Álex López tras pase de Nolito pero tres minutos despois o equipo local volvía desnivelar o marcador, 2-1. No minuto 73 Nolito empataria o partido tras pase de Orellana. O marcador xa non cambiaría.

FICHA:
[2] Burnley: Heaton, Trippier (O'Neill, 84'), Duff, Shackell, Mee, Arfield, Marney (Taylor, 67'), Jones, Wallace, Barnes (Reid, 79) e Jutkiewicz (Sordell, 79').
[2] RC Celta: Rubén; Hugo Mallo (Jonny, 46'), Costas (Cabral, 46'), S. Gómez (Fontás, 46'), Samu (Planas, 46'); Goldar (Borja Franández, 46'), Madinda (Álex López, 46'), Jordan (Krohn-Dehli, 46'); Santi Mina (Orellana, 46'), Yelko Pino (Nolito, 46') e Larrivey (Charles, 46').
Colexiado: M.Jones. Amonestou a Santi Mina e Álex López polo Celta.
Goles: 1-0, Jutkiewicz (2'). 1-1, Álex López (65'). 2-1, Jutkiewicz (68'). 2-2, Nolito (73').
Estadio: Turf Moor Stadium, uns 4.550 espectadores.

martes, 5 de agosto de 2014

Borja Oubiña estará uns catro meses de baixa

Borja Oubiña nun partido da tempada pasada
O capitán celeste, Borja Oubiña, foi intervido con éxito no Hospital Quirón de Barcelona da limpeza articular do seu xeonllo esquerdo. A intervención realízoa o doctor Cugat coa participación do xefe dos servicios médicos do Celta, o doctor Cota. O tempo considerado de baixa será duns catro meses.

Horario da xornada 3


Xornada 3
Celta - Real Sociedade
Data: sábado 13 de setembro do 2014
Hora: 18:00 22:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV Cuatro
Estadio: Balaídos

domingo, 3 de agosto de 2014

Amigable: Wolverhampton 1 - Celta 1

O Celta volve empatar (1-1) no seu segundo partido en terras inglesas deixando outra boa imaxe.
Álex López nun lance do partido
O Celta dominou o partido dende o principio e primeiro Orellana e despois Madinda fixeron estrearse ao meta local. O partido equilibrouse un pouco e Álex López buscou o gol por dúas veces dende fóra da área. Nun erro de Samu na cesión do balón a Sergio chegou o gol do equipo local e a partir de aquí o Wolverhampton encerrouse na súa área ata o descanso. Tras o descanso o equipo inglés saliu máis agresivo e mandou un balón ao pau nada máis comezar aínda que foi un espellismo xa que primeiro Fontás nun remate de cabeza e despois Larrivey cun remate ao pau puxeron aos ingleses no mesmo punto que na primeira parte. Na segunda oportunidade que tivo Larrivey o meta local fixo un paradón despexando a saque de esquina. Larrivey non errou a súa terceira oportunidade e tras un pase de Nolito cruza o esférico ao pau contrario do porteiro. Despois co Wolverhampton outra vez pechado atrás Nolito de volea puido marcar pero o seu disparo saliu fóra.

FICHA:
[1] Wolverhampton: Keme, Ricketts (Doherty, 85'), Batth, Stearman, Golbourne, McDonald, Evans, Henry (Clayton, 73'), Jacobs, Van La Parra (Edward, 73') e Dicko.
[1] Celta: Sergio; Hugo Mallo (Planas, 61'), Costas (Fontás, 46'), Cabral (S. Gómez, 61'), Samu (Jonny, 46'); Borja Fernández (Krohn-Dehli, 46'), Madinda (Nolito, 46'), Álex López (Goldar, 69'); Santi Mina (Yelko Pino, 63'), Orellana (Fernán, 73') e Charles (Larrivey, 46').
Colexiado: Stephen Martin. Amonestou a Dicko polo Wolverhampton e Cabral, Nolito e Planas polo Celta.
Goles: 1-0, Dicko (32'). 1-1, Larrivey (64').
Estadio: Molineaux, uns 8.000 espectadores.

sábado, 2 de agosto de 2014

Amigable: Norwich City 2 - Celta 2

O Celta levanta un dous a cero no primeiro partido en terras inglesas e empata con goles de Nolito e Krohn-Dehli, mostrando unha boa imaxe.
Andreu Fontás nun lance do partido
O Celta dominou o partido dende o principio e tivo numerosas ocasións de gol, a primeira foi de Santi Mina. Na primeira aproximación do Norwich producíase o primeiro gol do partido, o dianteiro en posible fóra de xogo plántase diante de Rubén e báteo. Respondeu o Celta cun lanzamento de Álex López que para o meta local. Na seguinte xogada dórmese a defensa do Celta e o equipo local marca o segundo gol. A continuación penalti non sinalado por man do defensa tras un remate de Santi Mina. O Celta buscaba o gol, pase entre liñas de Krohn-Dehli para Nolito e este marca o 2-1. Despois Larrivey estrelou o seu disparo no pau. Nolito intentouno de falta, Álex López dende fóra da área e Larrivey tivo outra ocasión pero sería Krohn-Dehli o que marcou cun disparo dende fóra da área tras pase de Nolito. A derradeira ocasión da primeira metade foi de Nolito tras unha parede con Larrivey pero o seu disparo estrelase no pau. A segunda parte comezou con cinco cambios no Celta e cun remate de Charles fóra. Volveuno a intentar Charles pero o seu disparo despexouno a defensa. Remate de Orellana tras xogada persoal que para o meta local. Jordan apunto de marcar por toda a escadra tras unha gran volea. A derradeira ocasión tívoa Cabral tras un remate de cabeza a saque de esquina que despexou a defensa na liña de gol.

FICHA:
[2] Norwich City: Ruddy, Whittaker, Martin (Bennet, 84'), Turner, Olsson (Garrido, 75'), Johnson, Surman, Grabban, Hoolahan (Hoper, 81'), Redmond (Loza, 84') e Lafferty (Bennet, 57').
[2] Celta: Rubén; Jonny (Hugo Mallo, 46'), S. Gómez (Cabral, 46'), Fontás (Costas, 59'), Planas (Samu, 63'); Borja Fernández (Goldar, 72'), Álex López (Madinda, 46'), Krohn-Dehli (Jordan, 59'); Santi Mina (Orellana, 46'), Nolito (Yelko Pino, 75') e Larrivey (Charles, 46').
Colexiado: Graham Horwood.
Goles: 1-0, Grabban (6'). 2-0, Grabban (12'). 2-1, Nolito (27'). 2-2, Krohn-Dehli (43').
Estadio: Carrow Road, uns 20.000 espectadores.

viernes, 1 de agosto de 2014

Horarios das xornadas 1 e 2

Xornada 1
Celta - Xetafe
Data: domingo 24 de agosto do 2014
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Balaídos


Xornada 2
Córdoba - Celta
Data: sábado 30 de agosto do 2014
Hora: 19:00 horas
Televisión: Catro
Estadio: Novo Arcanxo