Un Celta moi superior golea ao Cagliari italiano, con goles de Santi Mina, Cabral, Orellana e Nolito, e adxudícase o XIX Trofeo Memorial Quinocho.
Os xogadores posan co Trofeo |
O partido comezou con gol, aos 6 minutos Santi Mina marcou un bo gol dende a esquerda. Pouco despois Charles dispuxo doutra ocasión. Álex López tamén probou sorte con dous lanzamentos que saíron fóra. O primeiro tempo chegou á súa fin, nunha parte onde houbo pouco ritmo e destacou a última fichaxe, Radoja. No primeiro minuto da segunda metade Cabral rematou de cabeza un saque de esquina botado por Orellana establecendo o 2-0 no marador. Despois Charles puido marcar o terceiro pero o seu lanzamento despexouno o porteiro. No minuto 56 Charles é derrubado dentro da área e o penalti transfórmao Orellana (3-0). Catro minutos despois Nolito marcou o cuarto cun gran lanzamento dende a frontal da área. Charles tivo outra ocasión pero o porteiro visitante respondeu ben. Larrivey cun gran remate de cabeza puido asinar o quinto pero encontrouse outra vez co porteiro. No minuto 88 o colexiado expulsou a Cabral con tarxeta vermella directa. Boas sensacións para o inicio da Liga.
FICHA:
[4] Celta: Rubén; Hugo Mallo (Costas, 76'), S. Gómez, Fontás (Cabral, 46'), Jonny (Planas, 46'); Radoja (Borja Fernández, 62'), Álex López (Krohn-Dehli, 46'), Madinda (Jordan, 70'); Augusto (Orellana, 46'), Santi Mina (Nolito, 46') e Charles (Larrivey, 70').
[0] Cagliari: Colombi, Crisetig, Cossu, Avelar, Capello, Pisano, Farias, Ekdal, Sau Ceppitelli e Capuano. Tamén xogaron Balzano, Ibarbo, Longo, Donsan e Cragno.
Colexiado: Iglesias Villanueva. Expulsou con tarxeta vermella directa a Cabral.
Goles: 1-0, Santi Mina (6'). 2-0, Cabral (46'). 3-0, Orellana de penalti (57'). 4-0, Nolito (60').
Estadio: Balaídos, 7.153 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Ángel Suárez "Panocha" e dos abonados históricos Fernando González Amadios e José Rodríguez Da Silva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario