O Celta volve empatar (1-1) no seu segundo partido en terras inglesas deixando outra boa imaxe.
Álex López nun lance do partido |
O Celta dominou o partido dende o principio e primeiro Orellana e despois Madinda fixeron estrearse ao meta local. O partido equilibrouse un pouco e Álex López buscou o gol por dúas veces dende fóra da área. Nun erro de Samu na cesión do balón a Sergio chegou o gol do equipo local e a partir de aquí o Wolverhampton encerrouse na súa área ata o descanso. Tras o descanso o equipo inglés saliu máis agresivo e mandou un balón ao pau nada máis comezar aínda que foi un espellismo xa que primeiro Fontás nun remate de cabeza e despois Larrivey cun remate ao pau puxeron aos ingleses no mesmo punto que na primeira parte. Na segunda oportunidade que tivo Larrivey o meta local fixo un paradón despexando a saque de esquina. Larrivey non errou a súa terceira oportunidade e tras un pase de Nolito cruza o esférico ao pau contrario do porteiro. Despois co Wolverhampton outra vez pechado atrás Nolito de volea puido marcar pero o seu disparo saliu fóra.
FICHA:
[1] Wolverhampton: Keme, Ricketts (Doherty, 85'), Batth, Stearman, Golbourne, McDonald, Evans, Henry (Clayton, 73'), Jacobs, Van La Parra (Edward, 73') e Dicko.
[1] Celta: Sergio; Hugo Mallo (Planas, 61'), Costas (Fontás, 46'), Cabral (S. Gómez, 61'), Samu (Jonny, 46'); Borja Fernández (Krohn-Dehli, 46'), Madinda (Nolito, 46'), Álex López (Goldar, 69'); Santi Mina (Yelko Pino, 63'), Orellana (Fernán, 73') e Charles (Larrivey, 46').
Colexiado: Stephen Martin. Amonestou a Dicko polo Wolverhampton e Cabral, Nolito e Planas polo Celta.
Goles: 1-0, Dicko (32'). 1-1, Larrivey (64').
Estadio: Molineaux, uns 8.000 espectadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario