O Celta remata a xira por terras inglesas cunha gran vitoria ante o Everton cun hat-trick de Nolito.
Os xogadores do Celta festexan un gol de Nolito |
O Celta dominou todo o primeiro tempo e puido abrir o marcador nada máis comezar con varias ocasións pero serían os ingleses os que se adiantaron cun gol no minuto 10 tras un erro da defensa. A continuación Krohn-Dehli primeiro e Orellana despois puideron empatar pero foi Nolito o que fusilou ao meta local tras pase de Orellana, minuto 18. Cinco minutos máis tarde Nolito "rouballe a carteira ao defensa" e no man a man co porteiro a pica de xeito maxistral marcando o 1 a 2. Pasada a media hora do encontro Nolito volvía perforar a meta local conseguindo o seu primeiro hat-trick coa camisola do Celta. Co 1-3 chegamos ao descanso. A segunda metade foi de dominio vigués ata o minuto 60 e tivo varias ocasións de gol con Krohn-Dehli e Larrivey. O partido igualouse e o Everton puido acurtar distancias pero Sergio e o pau evitaron os tantos. Jordan puido marcar o cuarto pero o marcador xa non se movería.
FICHA:
[1] Everton: Howard, Hibbert, Baines, Distin, Stones, Barry, McCarthy, McGeady, Osman, Barkley e Naismith. Tamén xogarón Besic, Gibson, Browning, Duffy e Joel.
[3] Celta: Sergio; Hugo Mallo (Jonny, 46'), Cabral, Fontás (S. Gómez, 70'), Planas; Borja Fernández (Goldar, 70'), Álex López (Madinda, 57'), Krohn-Dehli (Samu, 87'); Orellana (Santi Mina, 70'), Nolito (Jordan, 76') e Charles (Larrivey, 46').
Colexiado: Andy Madley. Amonestou a Planas e Larrivey.
Goles: 1-0, McGeady (10'). 1-1, Nolito (18'). 1-2, Nolito (23'). 1-3, Nolito (32').
Estadio: Prenton Park.
No hay comentarios:
Publicar un comentario