jueves, 14 de agosto de 2014

Amigable (I Trofeo Federación Galega): Coruña 0 - Celta 2

Un Celta moi superior ao Coruña lévase o I Trofeo Federación Galega e o primeiro derbi, aínda que amigable, da tempada 2014 - 2015 con goles de Nolito e Larrivey.
Nolito tras marcar o primeiro tanto
O Celta saliu presionando os xogaores do Coruña e comezou a crear xogadas de perigo, remate de Larrivey tras centro de Planas que se vai a saque de esquina. No minuto 14 man a man de Nolito con Fabricio e este último gáñalle a partida ao dianteiro celeste. Primeiro disparo do Coruña (por chamalo algo) moi frouxo ás mans de Sergio. Boa internada pola banda de Planas e o seu centro remátao Krohn-Dehli ás mans de Fabricio. Centro de Jonny e o remate de Larrivey non entra por moi pouco. Remate de Cabral que para Fabricio. Pasada a media hora de xogo prodúcese o primeiro remate con perigo do Coruña que atrapa Sergio. Falta a favor do Coruña que sae moi alta da porta viguesa. No minuto 41 o Coruña marca pero é anulado por un claro fóra de xogo. As dúas últimas ocasións do primeiro tempo foron para o Celta, primeiro Larrivey e despois Orellana pero os dous remates vanse fóra. O Coruña realiza 7 cambios para a segunda metade, tratando de aguantar a presión do Celta pero nada máis empezar gol de Nolito que recupera o balón ao borde da área e o seu remate se coa na meta de Lux. Na xogada seguinte o Coruña reclama penalti de Jonny a Luisinho. O Celta segue creando perigo, remate de Nolito que para Lux e remate alto de Álex López a pase de Nolito. Krohn-Dehli remata unha xogada pelexada por Jonny pero o seu disparo despéxao Lopo a saque de esquina. Borja Fernández remata fóra o corner. Outro remate que se vai fóra de Krohn-Dehli. O segundo tanto chega nunha gran xogada colectiva, Madinda abre a Nolito na banda esquerda, este rompe á defensa cun pase cara a Orellana na banda dereita e o centro deste remátao Larrivey só dentro da área pequena, era o minuto 73. Remate alto do Coruña. Remate de Goldar que sae fóra. No desconto disparo desviado do Coruña dende moi lonxe. Final en Pasarón.

FICHA:
[0] Coruña: Fabricio (Lux, 46'), Seoane (Cardoso, 82'), Insua (Iago, 81'), Álex Bergantiños (Lopo, 46'), Canella (Laure, 46'),Wilk (Remeseiro, 64'), Juan Carlos (José Rodríguez, 46'), Arizmendi (Cavaleiro, 46'), Fariña (Juan Domínguez, 46'), Cuenca (Luisinho, 46') e Toché (Bastón, 64').
[2] Celta: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas (Hugo Mallo, 57'); Borja Fernández (Goldar, 81'), Álex López (Madinda, 67'), Krohn-Dehli (S. Gómez, 88'); Orellana, Nolito (Santi Mina, 86') e Larrivey (Charles, 83').
Colexiado: Iglesias Villanueva. Amonestou a Seoane polo Coruña e Fontás e Orellana polo Celta.
Goles: 0-1, Nolito (48'). 0-2, Larrivey (73').
Estadio: Pasarón, uns 7.500 espectadores. A recaudación do encontro foi destinada ao benefecio do fútbol base galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario