lunes, 25 de agosto de 2014

Liga, xornada 1: Celta 3 - Xetafe 1

O Celta debuta cunha vitoria por 3 a 1 ao Xetafe, mostrando un moi bo nivel, con goles de Nolito, Orellana e Larrivey.
Nolito, Larrivey, Planas e Borja Fernández festexan o gol do primeiro
O primeiro once da "era Berizzo" foi Sergio na portería, en defensa Jonny, Cabral, Fontás e Planas, Borja Fernández de mediocentro acompañado por Álex López e Krohn-Dehli, e o tridente de ataque formado por Orellana, Nolito e Larrivey en punta. O Celta dominou ao Xetafe cunha boa presión pero estes, cando chegaban o facian con perigo. A primeira ocasión clara foi do Celta, cambio de sentido de Orellana para Nolito, este desborda e o seu pase da morte despéxao a defensa, Planas recupera e cede atrás a Álex López que dispara dende o borde da área e o seu remate estrélase na cruceta, Larrivey volve rematar coa cabeza e o balón estrélase tamén no pau contario onde Orellana remata e o seu disparo sae despexado poa defensa a saque de esquina. O Xetafe respondeu con dúas xogadas de perigo, a primeira foi un remate de cabeza ao saque dunha falta lateral que sae fóra e a segunda cun remate onde Sergio realiza unha gran intervención. Aos 19 minutos Álex López centra dende a dereita, peina Larrivey e o balón cáelle a Nolito case pegado á liña de cal e métea por debaixo das pernas de Guaita marcando o 1-0. O Celta seguiu dominando a pesar da actitude do árbitro que só pitaba faltas en contra do Celta. Con este panorama chegamos ao final da primeira parte. A segunda metade comezou cun centro dende a esquerda de Nolito que deixa de cabeza Larrivey e Álex López volve estrelar o seu disparo na cruceta. Cando cumpríase o minuto 10 da segunda parte, Orellana pelexa unha pelota, a leva polo borde da área e solta un zurdazo que coase pola escuadra do equipo visitante, 2-0. Sete minutos despois o Xetafe rouba o balón e monta unha contra rápida que sorprende ao Celta establecendo o 2-1 no marcador. No minuto 67 Álex López era sustítuido por Augusto. O 3 a 1 chegaba nun pase de Augusto para Nolito, este con outro pase deixa a Larrivey só diante do porteiro e o dianteiro arxentino marca o terceiro tanto. Despois saltarían ao terreo de xogo Radoja por Borja Fernández, minuto 86, e Charles por Larrivey, minuto 88. O árbitro realizou unha segunda parte tan lamentable como a primeira.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas; Borja Fernández (Radoja, 86'), Álex López (Augusto, 67'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, 88').
[1] Xetafe C.F.: Guaita, Valera, Alexis (Carlos, 46'), Sarabia (Michel, 63'), Lago, Rafa, Sammir, Juan Rodríguez (Freddy, 63'), Lafita, Diego Castro e Álvaro.
Colexiado: Melero López, lamentable. Amonestou a Jonny, Nolito, Planas e Orellana polo Celta, e Alexis polo Xetafe.
Goles: 1-0, Nolito (19'). 2-0, Orellana (55'). 2-1, Sammir (62'). 3-1, Larrivey (69').
Estadio: Balaídos, 20.416 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Jonny [6]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Planas [6]
  • Borja Fernández [5'5]
  • Radoja [-]
  • Álex López [6'5]
  • Augusto [6]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Orellana [7'5]
  • Nolito [8]
  • Larrivey [8]
  • Charles [-]

No hay comentarios:

Publicar un comentario