O Celta suma un punto en Córdoba, cunha temperatura asfixiante, tras ser moi superior durante 55 minutos. Orellana marcou o gol e debutou Pablo Hernández.
Orellana nun lance do partido |
O primeiro tempo foi un monologo por parte do Celta que creaba perigo polas dúas bandas, con Orellana e Nolito. Nunha desas internadas Orellana vaise de dous contrarios, cede a Nolito e o seu disparo sae despexado por un defensa a saque de esquina. A continuación Nolito pasa a Orellana e o seu remate despéxao o porteiro local, realizando unha gran intervención, o rexeite cáelle a Álex López pero o seu disparo sae alto. Xogada de Nolito para Krohn-Dehli, este para Larrivey e o seu disparo o desvia o porteiro e no rexeite Nolito marca en fóra de xogo. O único remate do equipo local foi de disparo lexano que saliu pegado ao pau dereito de Sergio. Bo pase de Nolito para Álex López que controla ben pero o seu disparo diante do porteiro sae alto. A segunda metade continuou igual que rematou a primeira con dominio do Celta e no minuto 51 Orellana encara dende a dereita, regatea o defensa e o seu disparo dende dentro da área remata no fondo da porteria local, 0-1. A partir do minuto 55 o Celta notou o desgaste físico en parte pola alta temperatura e o Córdoba aproveitouse e no minuto 59 marcou o empate nunha xogada que vén precedida dun claro xogo perigoso a Nolito. Aos 63 minutos Augusto entraba por Álex López e nunha combinación entre Nolito e o arxentino, este centra e un defensa do Córdoba dálle na man, por sorte non foi na nosa área senón tería pitado penalti. Larrivey abandonaba o campo e entraba Charles que tivo a súa oportunidade nunha xogada de loita e o seu diaparo pega nun defensa e estrelase no pau (2 partidos, 4 paus). A seis minutos para o final producíase o debut de Pablo Hernández coa camisola do Celta, sustituíndo a Nolito.
FICHA:
[1] Córboba C.F.: Juan Carlos, Gunino, Pantic, Íñigo López, Pinillos, Rossi, López Garai (Ekeng, 71'), Ryder (Borja García, 46'), López Silva, Fede e Mike (Xisco, 77').
[1] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Álex López (Augusto, 63'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito (Pablo Hernández, 84') e Larrivey (Charles, 76').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes, regular por non dicir mal. Amonestou a Ekeng polo Córdoba, e Jonny, Cabral, Radoja e Augusto polo Celta.
Goles: 0-1, Orellana (51'). 1-1, Fede (59').
Estadio: O Arcanxo, 15.892 espectadores.
Notas:
- Sergio [5]
- Jonny [5'5]
- Cabral [6]
- Fontás [6]
- Planas [5]
- Radoja [5'5]
- Álex López [5'5]
- Augusto [5]
- Krohn-Dehli [5'5]
- Orellana [8]
- Nolito [7'5]
- Pablo Hernández [-]
- Larrivey [5]
- Charles [5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario