jueves, 22 de mayo de 2014
lunes, 19 de mayo de 2014
Eduardo "Toto" Berizzo novo adestrador do Celta
O ex xogador do Celta, Eduardo "Toto" Berizzo, é o novo adestrador do Celta en substitución de Luis Enrique. O adestrador asina polas dúas próximas tempada.
Eduardo "Toto" Berizzo festexando un título co equipo O'Higgins |
Eduardo "Toto" Berizzo Magnolo naceu en Cruz Alta, Provincia de Córdoba (Arxentina) o 13 de novembro de 1969, como xogador militou en Newell's Old Boys arxentino (1988-1993), Atlas de Guadalaxara mexicano (1993-1996), River Plate arxentino (1996-1999), Olympique de Marsella francés (1999-2000), River Plate arxentino (2000-2001), Celta de Vigo (2001-2005) e Cádiz (2005-2006), ademais de ser internacional con Arxentina en 13 ocasións. No seu palmares ten un torneo apertura e outro clausura con Newell's Old Boys, dous aperturas, un clausura e unha supercopa sudaméricana con River Plate. Como adestrador foi axudante de Marcelo Bielsa na selección de Chile (2007-2010), o seu primeiro equipo como primeiro adestrador foi o Estudantes arxentino (2011) e por último o O'Higgins chileno (2012-2014) onde conseguiu o torneo apertura 2013 e a supercopa de Chile en 2014.
Traxectoria:
- Estudiantes (Arxentina) [2011]
- O'Higgins (Chile) [2012-2014]
domingo, 18 de mayo de 2014
Liga, xornada 38: Valencia 2 - Celta 1
O Celta despide a tempada en Mestalla cunha derrota (2-1), na despedida de Luis Enrique como adestrador do Celta.
Íñigo López tras marcar gol xunto a Aurtenetxe e Nolito |
Pouco que destacar nun partido onde só se xogaba o oitavo posto, que ao final foi para a Valencia. Aos catro minutos xogada ensaiada do Celta no saque dunha falta onde Nolito pasa a Jonny, este devólvella e métese entre lineas, Nolito rompe a defensa co seu pase e o centro de Jonny remátao Íñigo López a gol, conseguindo o seu primeiro gol coa camiseta celeste no que posiblemente sexa o seu último partido en Vigo. O Valencia inténtouno cun disparo que sae fóra por pouco. Pase de Nolito para Álex López que é agarrado e placado dentro da área co colexiado diante e sorprendentemente non sinala a pena máxima (posiblemente o penalti máis claro de toda a tempada na "peor" liga do mundo). Disparo de Jonas que Sergio despexa a saque de esquina. Sergio outra vez a corner nun lanzamento dende fóra da área. Outro paradón de Sergio a disparo dende fóra da área. Aos 40 minutos centro do Valencia dende a dereita, o dianteiro déixaa de cabeza e Feghouli de cabeza rematando en prancha bate a Sergio. Co empate a un, chegamos ao descanso. Na segunda metade o Valencia saliu a polo partido e Vargas puido desnivelar o marcador ao pouco de comezar pero o seu disparo saliu fóra por pouco. No minuto 54 centro de Feghouli e o remate de cabeza de Piatti cóase na porteria de Sergio tras pegar en Jonny e cambiar a traxectoria do balón. Aos 56 minutos retírase Álex López e entra no seu lugar Krohn-Dehli. Nolito inténtouno nun lanzamento dunha falta pero o porteiro local atrapa sen problemas. No minuto 59 entraba Bermejo no sitio de Santi Mina. Piatti volveuna ter pero o seu remate saliu por encima do longueiro. No minuto 75 o autor do gol do Celta Íñigo López deixaba o seu sitio a David Costas. Final dunha boa e tranquila tempada.
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny, Íñigo López (David Costas, 75'), Fontás, Aurtenetxe; Álex López (Krohn-Dehli, 56'), Oubiña, Madinda; Orellana, Santi Mina (Bermejo, 59') e Nolito.
Goles: 0-1, Íñigo López (4'). 1-1, Feghouli (40'). 2-1, Piatti (54').
Colexiado: Del Cerro Grande, penoso. Amonestou a Aurtenetxe, Álex López e Nolito.
Estadio: Mestalla, uns 30.000 espectadores.
Puntuación:
- Sergio. Seguro. 7.
- Jonny. Asistente. 10.
- Íñigo López. Goleador. 12.
- Fontás. Firme. 4.
- Aurtenetxe. Serio. 3.
- Álex López. Regular. 1.
- Oubiña. Suficiente. 2.
- Madinda. Ben. 3.
- Orellana. Tranquilo. 3.
- Santi Mina. Desaparecido. 2.
- Nolito. Ritmo. 2.
- Krohn-Dehli. Revulsivo. 4.
- Bermejo. Loita. 4.
- David Costas. Firme. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.
sábado, 17 de mayo de 2014
Confirmado: Luis Enrique deixa o Celta a final de tempada
Luis Enrique deixa o Celta, sen confirmar que adestrará ao Barcelona a tempada que vén, e sen aclarar se levarase a algún xogador celeste ao seu próximo equipo.
O presidente, Carlos Mouriño, e o adestrador, Luis Enrique, na última rolda de prensa en Vigo |
Onte o adestrador do Celta, Luis Enrique, despediuse do Celta nunha rolda de prensa acompañado polo presidente, Carlos Mouriño.
O presidente quixo agradecerlle o seu traballo e deséxoulle sorte no seu próximo proxecto: "sentimos unha gran pena porque Luis Enrique despídese de nós, pero estamos moi felices porque o tivemos aquí durante un ano"... "Estámosche enteiramente agradecidos, tes as portas deste club abertas e o respaldo de toda a afección. Aquí tes a túa casa".
O adestrador dixo na súa despedida: "hoxe é un día triste. Sinto moito apego a este club, aos seus empregados... lévome moito agarimo de Vigo"... "é o mellor grupo humano que tiven como adestrador"... "O Celta deume apoio nos momentos delicados, respaldo... iso transmítese aos futbolistas. Tentamos devolver esa confianza con horas de traballo, esforzo e finalmente con resultados".
Un xornalista pregúntoulle: ¿levarase ao seu próximo destino a algún xogador do Celta? ao que respondeu "imaxino que se me vou ao Rápido de Bouzas, igual non queren vir ningún. ¿Quen sabe o que nos deparará o futuro? non o podo garantir".
En Casa Celta seguen traballando na contratación do novo adestrador, e todo apunta a que sera o ex xogador do Celta, Eduardo "Toto" Berizzo (alumno avantaxado de Marcelo "Loco" Bielsa), que asinara por dúas tempadas. A confirmación oficial producirase cando se solucionen os problemas cos requisitos que piden en España aos adestradores sen licenza UEFA, que o club esta en fase de solucionar.
Lista de convocados para o Valencia - Celta
Hugo Mallo, Fontás, Rafinha, Cabral, Charles e Orellana no partido da primeira volta |
Son baixa por lesión Hugo Mallo, Augusto e Welliton.
- 01 ¬ Sergio
- 03 ¬ Fontás
- 04 ¬ Oubiña
- 08 ¬ Álex López
- 09 ¬ Bermejo
- 10 ¬ Nolito
- 11 ¬ Charles
- 12 ¬ Rafinha
- 13 ¬ Yoel
- 14 ¬ Orellana
- 15 ¬ Aurtenetxe
- 17 ¬ Madinda
- 19 ¬ Jonny
- 21 ¬ Íñigo López
- 22 ¬ Cabral
- 23 ¬ Krohn-Dehli
- 29 ¬ Santi Mina
- 30 ¬ David Costas
lunes, 12 de mayo de 2014
2ª división B, xornada 38: Tropezón 0 - Celta "B" 2
O Celta "B" despídese da división de bronce cunha vitoria a domicilio, 0-2, no campo do Tropezón.
Ficha:
Alineación: Óscar Santiago, Kevin (Pablo Pérez, 79'), Soto, Pablo Crespo, Maceira, Jordan, Antón, Borja Fernández, Fernán (Añón, 71'), Borja Iglesias (Aitor, 83') e Marcos Torres.
Goles: 0-1, Borja Iglesias (19'). 0-2, Marcos Torres (69').
Colexiado: Alberola Rojas. Amonestou a Maceira.
Estadio: Santa Ana, uns 900 espectadores.
Liga, xornada 37: Celta 2 - R. Madrid 0
O Celta dálle un baño ao Real Madrid e derrótao por dous goles a cero, ambos os dous goles de Charles, e pecha a tempada en Balaídos cunha gran festa.
Charles no momento de marcar o segundo tanto |
O Celta dominou en todo momento o partido, dando unha lección de fútbol e intensidade. A primeira ocasión tívoa Rafinha cun disparo dende fóra da área que atrapa Diego López. Centro de Nolito e remate de cabeza de Charles desviado. O Real Madrid puido adiantarse pero Morata e Isco encontráronse cun Sergio moi seguro, como sempre que xogou esta tempada. No minuto 42, Charles pasa a Nolito este non vai cara ao balón por estar en fóra de xogo, Sergio Ramos a controla e Charles chegando dende atrás lle "rouba a carteira" a Ramos, vaise de Diego López e marca o un a cero. Na segunda parte o Real Madrid saliu a polo empate, sabendo que se ían as opcións de gañar a liga. Primeiro tívoa Modric pero o seu disparo salio fóra e logo Morata que se volveu encontrar con outra grande intervención de Sergio despexando a saque de esquina. No minuto 54 Charles é derrubado por Diego López pero o colexiado non pita a pena máxima. Aos 56 minutos Augusto tivo que abandonar o campo por lesión no seu xeonllo, perigando a súa presenza no Mundial, no seu lugar entrou Álex López. Isco volveuse encontrar con Sergio. Aos 62 minutos Xabi Alonso cede o balón a Diego López pero Charles anticípase, volve sentar o porteiro visitante e marca o dous a cero. Coentrao inténtouno e Sergio volveu despexar a corner. No minuto 66 sae o goleador Charles entrando no seu lugar Bermejo e no minuto 70 vaise un ovacionado Rafinha entrado Madinda ao campo. Nolito lanza alto buscando a escuadra. Illaramendi e outro paradón de Sergio. Dobre ocasión do Celta, Nolito para Álex López que dispara dende fóra da área despexando Diego López, o rexeitamento lle chega a Orellana e o seu disparo o volve despexar Diego López. Cambio de xogo de Nolito dende o seu campo para Bermejo que "lle rompe a cintura" a Coentrao e o seu disparo estrélase no pau. Final en Balaídos cun vídeo dos 90 anos de historia do mellor equipo do mundo e o lanzamento de fogos.
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Aurtenetxe; Augusto (Álex López, 56'), Krohn-Dehli, Rafinha (Madinda, 70'); Orellana, Charles (Bermejo, 66') e Nolito.
Goles: 1-0, Charles (42'). 2-0, Charles (62').
Colexiado: Hernández Hernández, suficiente. Amonestou a Orellana e Cabral.
Estadio: Balaídos, 27.703 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polos nenos do C. D. Monterrubio, falecidos en accidente de tráfico.
Puntuación:
- Sergio. Grande. 12.
- Jonny. Ben. 5.
- Cabral. Contundente. 5.
- Fontás. Seguro. 6.
- Aurtenetxe. Tranquilo. 5.
- Augusto. Lesionado. 5.
- Krohn-Dehli. Categoria. 9.
- Rafinha. Ovacionado. 5.
- Orellana. Loita. 5.
- Charles. Goleador. 17.
- Nolito. Ritmo. 6.
- Álex López. Frescura. 4.
- Bermejo. Perigo. 4.
- Madinda. Intenso. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.
Lista de convocados para o Celta - R. Madrid
Augusto e Charles no encontro da primeira volta |
Son baixa por lesión Hugo Mallo e Welliton. Non entran na lista por decisión técnica David Costas.
- 01 ¬ Sergio
- 03 ¬ Fontás
- 04 ¬ Oubiña
- 08 ¬ Álex López
- 09 ¬ Bermejo
- 10 ¬ Nolito
- 11 ¬ Charles
- 12 ¬ Rafinha
- 13 ¬ Yoel
- 14 ¬ Orellana
- 15 ¬ Aurtenetxe
- 17 ¬ Madinda
- 19 ¬ Jonny
- 21 ¬ Íñigo López
- 22 ¬ Cabral
- 23 ¬ Krohn-Dehli
- 24 ¬ Augusto
- 29 ¬ Santi Mina
lunes, 5 de mayo de 2014
2ª división B, xornada 37: Celta "B" 2 - Noxa 3
O Celta "B" despídese de Barreiro, esta tempada, con outra derrota, esta vez ante o último clasificado, o Noxa.
Ficha:
Alineación: Rubén, Pablo Pérez (Fernán, 73'), Soto, Pablo Crespo, Samuel, Javi Rey, Borja Fernández (Aitor, 70'), Yelko Pino, Jordan (Antón, 60'), Thaylor e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Riki Fernández (5'). 1-1, Yelko Pino (38'). 1-2, Riki Fernández (72'). 2-2, Thaylor (77'). 2-3, Riki Fernández (78').
Colexiado: Jiménez Moreno. Amonestou a Javi Rey e Yelko Pino.
Estadio: Barreiro, uns 300 espectadores.
Liga, xornada 36: Osasuna 0 - Celta 2
O Celta, xa salvado, gaña ao Osasuna e consegue, por primeira vez na súa historia, a súa vitoria número 8 a domicilio nunha mesma tempada en primeira división.
Nolito firmou os dous goles do Celta |
O Celta avisou cun intento de vaselina de Krohn-Dehli tras un mal despexe da defensa do Osasuna. Na seguinte xogada, gran pase de Orellana para Nolito que rompe o fóra de xogo e bate o porteiro local cunha gran vaselina, ¡golazo!. O Osasuna puido empatar cun gol olímpico pero Jonny despexou de cabeza na liña de gol. A continuación Sergio realizaba unha dobre parada incrible e na seguinte xogada o Celta marcaba o 0-2, Orellana desborda pola dereita e o seu centro remátao de primeiras Nolito marcando o seu segundo gol. O segundo tempo empezou con outra grande intervención de Sergio, despexando a saque de esquina, un tiro do ex céltico Oriol Riera. O Celta respondeu cun centro de Jonny dende a dereita e o remate de Krohn-Dehli de volea sae fóra rozando a escuadra. No minuto 68 sae Bermejo e entra Santi Mina. Despois retirábase do terreo de xogo Augusto e entraba Madinda, minuto 71. Outro paradón de Sergio a Oriol Riera e o Celta perdoa nunha tripla ocasión, primeiro Aurtenetxe, despois Santi Mina e por último Orellana. Aos 75 minutos producíase o debut en competición oficial do xogador do filial David Goldar que entraba por Fontás. Oriol Riera tivo outra oportunidade pero volveuse encontrar cun Sergio maxistral. Suma e segue e xa estamos oitavos.
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny, Íñigo López, Fontás (Goldar, 75'), Aurtenetxe; Augusto (Madinda, 71'), Oubiña, Krohn-Dehli; Orellana, Bermejo (Santi Mina, 68') e Nolito.
Goles: 0-1, Nolito (20'). 0-2, Nolito (33').
Colexiado: Gil Manzano. Amonestou a Jonny.
Estadio: O Sadar, 18.300 espectadores.
Puntuación:
- Sergio. Impresionante. 12.
- Jonny. Firme. 5.
- Íñigo López. Seguro. 5.
- Fontás. Competente. 5.
- Aurtenetxe. Ben. 5.
- Augusto. Loita. 5.
- Oubiña. Normal. 5.
- Krohn-Dehli. Intenso. 6.
- Orellana. Asistente. 14.
- Bermejo. Traballo. 5.
- Nolito. Goleador. 15.
- Santi Mina. Aprobado. 4.
- Madinda. Aire. 4.
- Goldar. Debutante. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.
viernes, 2 de mayo de 2014
Lista de convocados para o Osasuna - Celta
Rafinha autor do gol no partido da primeira volta |
Son baixa por lesión Hugo Mallo, Rafinha e Welliton. *Entra na lista de convocados o xogador do filial Goldar substituíndo a Charles que non pode viaxar por motivos persoais*.
- 01 ¬ Sergio
- 03 ¬ Fontás
- 04 ¬ Oubiña
- 08 ¬ Álex López
- 09 ¬ Bermejo
- 10 ¬ Nolito
11 ¬ Charles- 13 ¬ Yoel
- 14 ¬ Orellana
- 15 ¬ Aurtenetxe
- 17 ¬ Madinda
- 19 ¬ Jonny
- 21 ¬ Íñigo López
- 22 ¬ Cabral
- 23 ¬ Krohn-Dehli
- 24 ¬ Augusto
- 29 ¬ Santi Mina
- 30 ¬ David Costas
- 31 ¬ Goldar
**Actualización
Liga, xornada 35: Celta 4 - Valladolid 1
O Celta golea ao Valladolid (4-1), no mellor partido da tempada en Balaídos, e xogará un ano máis en primeira división.
Orellana fixo un auténtico partidazo |
O Celta saliu entoado e non paraba de crear ocasións de gol. A primeira nun despexe de Yoel que controla Charles e o seu disparo estrélase no pau. A segunda nun centro de Jonny dende a esquerda e o remate de cabeza de Nolito tamén se estrela no pau. No minuto 21 Hugo Mallo lesionábase e entraba Aurtentxe. A terceira nunha internada de Orellana que se vai de toda a defensa visitante e o seu disparo no man a man con Jaime sae fóra. A cuarta foi de Charles nunha semi chilena a pase de Krohn-Dehli que detén o porteiro visitante. E á quinta foi a vencida, internada de Orellana pola dereita e o seu pase empúrrao a gol Nolito, minuto 38. Un minuto despois outra vez, pase en profundidade de Orellana cara a Charles e este marca o 2 a 0 ante a saída de Jaime. Nada máis empezar a segunda parte, Aurtenetxe pasa a Madinda e este de tacón para Nolito que marca o seu segundo gol do partido e terceiro do Celta, minuto 46. Tres minutos despois centro de Madinda dende a esquerda e un defensa visitante marca en propia porta o 4 a 0. No minuto 60 salia Rafinha e entraba Augusto. Seis minutos despois íase Charles e entraba Bermejo. A defensa do Valladolid dálle un "pase" a Bermejo e o seu disparo só ante Jaime despéxao o porteiro. No minuto 75 chegou o gol do Valladolid nun remate de cabeza de Manucho. Final e un ano sen "sufrimento".
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo (Aurtenetxe, 21'), Cabral, Fontás, Jonny; Rafinha (Augusto, 60'), Krohn-Dehli, Madinda; Orellana, Charles (Bermejo, 66') e Nolito.
Goles: 1-0, Nolito (38'). 2-0, Charles (39'). 3-0, Nolito (46'). 4-0, Mitrovic, en propia porta (49'). 4-1, Manucho (75').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes.
Estadio: Balaídos, 17.106 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Tito Vilanova.
Puntuación:
- Yoel. Casi inédito. 4.
- Hugo Mallo. Lesionado. 4.
- Cabral. Competente. 4.
- Fontás. Seguro. 4.
- Jonny. Soberbio. 5.
- Rafinha. Empeño. 5.
- Krohn-Dehli. Firme. 5.
- Madinda. Partidazo. 12.
- Orellana. Crack. 15.
- Charles. Grande. 9.
- Nolito. Goleador. 15.
- Aurtenetxe. Normal. 3.
- Augusto. Loitador. 3.
- Bermejo. Suficiente. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)