domingo, 18 de mayo de 2014

Liga, xornada 38: Valencia 2 - Celta 1

O Celta despide a tempada en Mestalla cunha derrota (2-1), na despedida de Luis Enrique como adestrador do Celta.
Íñigo López tras marcar gol xunto a Aurtenetxe e Nolito
Pouco que destacar nun partido onde só se xogaba o oitavo posto, que ao final foi para a Valencia. Aos catro minutos xogada ensaiada do Celta no saque dunha falta onde Nolito pasa a Jonny, este devólvella e métese entre lineasNolito rompe a defensa co seu pase e o centro de Jonny remátao Íñigo López a gol, conseguindo o seu primeiro gol coa camiseta celeste no que posiblemente sexa o seu último partido en Vigo. O Valencia inténtouno cun disparo que sae fóra por pouco. Pase de Nolito para Álex López que é agarrado e placado dentro da área co colexiado diante e sorprendentemente non sinala a pena máxima (posiblemente o penalti máis claro de toda a tempada na "peor" liga do mundo). Disparo de Jonas que Sergio despexa a saque de esquina. Sergio outra vez a corner nun lanzamento dende fóra da área. Outro paradón de Sergio a disparo dende fóra da área. Aos 40 minutos centro do Valencia dende a dereita, o dianteiro déixaa de cabeza e Feghouli de cabeza rematando en prancha bate a Sergio. Co empate a un, chegamos ao descanso. Na segunda metade o Valencia saliu a polo partido e Vargas puido desnivelar o marcador ao pouco de comezar pero o seu disparo saliu fóra por pouco. No minuto 54 centro de Feghouli e o remate de cabeza de Piatti cóase na porteria de Sergio tras pegar en Jonny e cambiar a traxectoria do balón. Aos 56 minutos retírase Álex López e entra no seu lugar Krohn-DehliNolito inténtouno nun lanzamento dunha falta pero o porteiro local atrapa sen problemas. No minuto 59 entraba Bermejo no sitio de Santi MinaPiatti volveuna ter pero o seu remate saliu por encima do longueiro. No minuto 75 o autor do gol do Celta Íñigo López deixaba o seu sitio a David Costas. Final dunha boa e tranquila tempada.
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny, Íñigo López (David Costas, 75'), Fontás, Aurtenetxe; Álex López (Krohn-Dehli, 56'), Oubiña, Madinda; Orellana, Santi Mina (Bermejo, 59') e Nolito.
Goles: 0-1, Íñigo López (4'). 1-1, Feghouli (40'). 2-1, Piatti (54').
Colexiado: Del Cerro Grande, penoso. Amonestou a Aurtenetxe, Álex López e Nolito.
Estadio: Mestalla, uns 30.000 espectadores.
Puntuación:
  • Sergio. Seguro. 7.
  • Jonny. Asistente. 10.
  • Íñigo López. Goleador. 12.
  • Fontás. Firme. 4.
  • Aurtenetxe. Serio. 3.
  • Álex López. Regular. 1.
  • Oubiña. Suficiente. 2.
  • Madinda. Ben. 3.
  • Orellana. Tranquilo. 3.
  • Santi Mina. Desaparecido. 2.
  • Nolito. Ritmo. 2.
  • Krohn-Dehli. Revulsivo. 4.
  • Bermejo. Loita. 4.
  • David Costas. Firme. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario