Luis Enrique deixa o Celta, sen confirmar que adestrará ao Barcelona a tempada que vén, e sen aclarar se levarase a algún xogador celeste ao seu próximo equipo.
O presidente, Carlos Mouriño, e o adestrador, Luis Enrique, na última rolda de prensa en Vigo |
Onte o adestrador do Celta, Luis Enrique, despediuse do Celta nunha rolda de prensa acompañado polo presidente, Carlos Mouriño.
O presidente quixo agradecerlle o seu traballo e deséxoulle sorte no seu próximo proxecto: "sentimos unha gran pena porque Luis Enrique despídese de nós, pero estamos moi felices porque o tivemos aquí durante un ano"... "Estámosche enteiramente agradecidos, tes as portas deste club abertas e o respaldo de toda a afección. Aquí tes a túa casa".
O adestrador dixo na súa despedida: "hoxe é un día triste. Sinto moito apego a este club, aos seus empregados... lévome moito agarimo de Vigo"... "é o mellor grupo humano que tiven como adestrador"... "O Celta deume apoio nos momentos delicados, respaldo... iso transmítese aos futbolistas. Tentamos devolver esa confianza con horas de traballo, esforzo e finalmente con resultados".
Un xornalista pregúntoulle: ¿levarase ao seu próximo destino a algún xogador do Celta? ao que respondeu "imaxino que se me vou ao Rápido de Bouzas, igual non queren vir ningún. ¿Quen sabe o que nos deparará o futuro? non o podo garantir".
En Casa Celta seguen traballando na contratación do novo adestrador, e todo apunta a que sera o ex xogador do Celta, Eduardo "Toto" Berizzo (alumno avantaxado de Marcelo "Loco" Bielsa), que asinara por dúas tempadas. A confirmación oficial producirase cando se solucionen os problemas cos requisitos que piden en España aos adestradores sen licenza UEFA, que o club esta en fase de solucionar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario