lunes, 19 de mayo de 2014

Eduardo "Toto" Berizzo novo adestrador do Celta

O ex xogador do Celta, Eduardo "Toto" Berizzo, é o novo adestrador do Celta en substitución de Luis Enrique. O adestrador asina polas dúas próximas tempada.
Eduardo "Toto" Berizzo festexando un título co equipo O'Higgins
Eduardo "TotoBerizzo Magnolo naceu en Cruz Alta, Provincia de Córdoba (Arxentina) o 13 de novembro de 1969, como xogador militou en Newell's Old Boys arxentino (1988-1993), Atlas de Guadalaxara mexicano (1993-1996), River Plate arxentino (1996-1999), Olympique de Marsella francés (1999-2000), River Plate arxentino (2000-2001), Celta de Vigo (2001-2005) e Cádiz (2005-2006), ademais de ser internacional con Arxentina en 13 ocasións. No seu palmares ten un torneo apertura e outro clausura con Newell's Old Boys, dous aperturas, un clausura e unha supercopa sudaméricana con River Plate. Como adestrador foi axudante de Marcelo Bielsa na selección de Chile (2007-2010), o seu primeiro equipo como primeiro adestrador foi o Estudantes arxentino (2011) e por último o O'Higgins chileno (2012-2014) onde conseguiu o torneo apertura 2013 e a supercopa de Chile en 2014.
Traxectoria:
  • Estudiantes (Arxentina) [2011]
  • O'Higgins (Chile) [2012-2014]

No hay comentarios:

Publicar un comentario