viernes, 2 de mayo de 2014

Liga, xornada 35: Celta 4 - Valladolid 1

O Celta golea ao Valladolid (4-1), no mellor partido da tempada en Balaídos, e xogará un ano máis en primeira división.
Orellana fixo un auténtico partidazo
O Celta saliu entoado e non paraba de crear ocasións de gol. A primeira nun despexe de Yoel que controla Charles e o seu disparo estrélase no pau. A segunda nun centro de Jonny dende a esquerda e o remate de cabeza de Nolito tamén se estrela no pau. No minuto 21 Hugo Mallo lesionábase e entraba Aurtentxe. A terceira nunha internada de Orellana que se vai de toda a defensa visitante e o seu disparo no man a man con Jaime sae fóra. A cuarta foi de Charles nunha semi chilena a pase de Krohn-Dehli que detén o porteiro visitante. E á quinta foi a vencida, internada de Orellana pola dereita e o seu pase empúrrao a gol Nolito, minuto 38. Un minuto despois outra vez, pase en profundidade de Orellana cara a Charles e este marca o 2 a 0 ante a saída de JaimeNada máis empezar a segunda parte, Aurtenetxe pasa a Madinda e este de tacón para Nolito que marca o seu segundo gol do partido e terceiro do Celta, minuto 46. Tres minutos despois centro de Madinda dende a esquerda e un defensa visitante marca en propia porta o 4 a 0. No minuto 60 salia Rafinha e entraba Augusto. Seis minutos despois íase Charles e entraba Bermejo. A defensa do Valladolid dálle un "pase" a Bermejo e o seu disparo só ante Jaime despéxao o porteiro. No minuto 75 chegou o gol do Valladolid nun remate de cabeza de Manucho. Final e un ano sen "sufrimento".
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo (Aurtenetxe, 21'), Cabral, Fontás, Jonny; Rafinha (Augusto, 60'), Krohn-Dehli, Madinda; Orellana, Charles (Bermejo, 66') e Nolito.
Goles: 1-0, Nolito (38'). 2-0, Charles (39'). 3-0, Nolito (46'). 4-0, Mitrovic, en propia porta (49'). 4-1, Manucho (75').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes.
Estadio: Balaídos, 17.106 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Tito Vilanova.
Puntuación:
  • Yoel. Casi inédito. 4.
  • Hugo Mallo. Lesionado. 4.
  • Cabral. Competente. 4.
  • Fontás. Seguro. 4.
  • Jonny. Soberbio. 5.
  • Rafinha. Empeño. 5.
  • Krohn-Dehli. Firme. 5.
  • Madinda. Partidazo. 12.
  • Orellana. Crack. 15.
  • Charles. Grande. 9.
  • Nolito. Goleador. 15.
  • Aurtenetxe. Normal. 3.
  • Augusto. Loitador. 3.
  • Bermejo. Suficiente. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario