lunes, 12 de mayo de 2014

Liga, xornada 37: Celta 2 - R. Madrid 0

O Celta dálle un baño ao Real Madrid e derrótao por dous goles a cero, ambos os dous goles de Charles, e pecha a tempada en Balaídos cunha gran festa.
Charles no momento de marcar o segundo tanto
O Celta dominou en todo momento o partido, dando unha lección de fútbol e intensidade. A primeira ocasión tívoa Rafinha cun disparo dende fóra da área que atrapa Diego LópezCentro de Nolito e remate de cabeza de Charles desviado. O Real Madrid puido adiantarse pero Morata e Isco encontráronse cun Sergio moi seguro, como sempre que xogou esta tempada. No minuto 42, Charles pasa a Nolito este non vai cara ao balón por estar en fóra de xogo, Sergio Ramos a controla e Charles chegando dende atrás lle "rouba a carteira" a Ramos, vaise de Diego López e marca o un a cero. Na segunda parte o Real Madrid saliu a polo empate, sabendo que se ían as opcións de gañar a liga. Primeiro tívoa Modric pero o seu disparo salio fóra e logo Morata que se volveu encontrar con outra grande intervención de Sergio despexando a saque de esquina. No minuto 54 Charles é derrubado por Diego López pero o colexiado non pita a pena máxima. Aos 56 minutos Augusto tivo que abandonar o campo por lesión no seu xeonllo, perigando a súa presenza no Mundial, no seu lugar entrou Álex LópezIsco volveuse encontrar con Sergio. Aos 62 minutos Xabi Alonso cede o balón a Diego López pero Charles anticípase, volve sentar o porteiro visitante e marca o dous a cero. Coentrao inténtouno e Sergio volveu despexar a corner. No minuto 66 sae o goleador Charles entrando no seu lugar Bermejo e no minuto 70 vaise un ovacionado Rafinha entrado Madinda ao campo. Nolito lanza alto buscando a escuadra. Illaramendi e outro paradón de Sergio. Dobre ocasión do Celta, Nolito para Álex López que dispara dende fóra da área despexando Diego López, o rexeitamento lle chega a Orellana e o seu disparo o volve despexar Diego López. Cambio de xogo de Nolito dende o seu campo para Bermejo que "lle rompe a cintura" a Coentrao e o seu disparo estrélase no pau. Final en Balaídos cun vídeo dos 90 anos de historia do mellor equipo do mundo e o lanzamento de fogos.
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Aurtenetxe; Augusto (Álex López, 56'), Krohn-Dehli, Rafinha (Madinda, 70'); Orellana, Charles (Bermejo, 66') e Nolito.
Goles: 1-0, Charles (42'). 2-0, Charles (62').
Colexiado: Hernández Hernández, suficiente. Amonestou a Orellana e Cabral.
Estadio: Balaídos, 27.703 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polos nenos do C. D. Monterrubio, falecidos en accidente de tráfico.
Puntuación:
  • Sergio. Grande. 12.
  • Jonny. Ben. 5.
  • Cabral. Contundente. 5.
  • Fontás. Seguro. 6.
  • Aurtenetxe. Tranquilo. 5.
  • Augusto. Lesionado. 5.
  • Krohn-Dehli. Categoria. 9.
  • Rafinha. Ovacionado. 5.
  • Orellana. Loita. 5.
  • Charles. Goleador. 17.
  • Nolito. Ritmo. 6.
  • Álex López. Frescura. 4.
  • Bermejo. Perigo. 4.
  • Madinda. Intenso. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario