lunes, 30 de septiembre de 2013

Liga, xornada 7: Celta 0 - Elxe 1

O mal partido do Celta unido á mala arbitraxe condenan ao Celta á súa segunda derrota seguida e achéganos aos postos de descenso.
O xesto de Nolito di todo sobre o partido de onte
O partido comezou cun paradón de Yoel a un disparo dende a área pequena. O Celta respondeu cun centro de Toni que lle escapa ao porteiro e o remate de Charles sácao a defensa baixo paus. Outra parada de Yoel esta vez a tiro dende dentro da área. O seguinte en intentalo foi Augusto cun disparo dende fóra da área que atrapa o porteiro visitante. Outro centro de Toni que pasease pola área pequena e non chega ninguén a rematar. A última xogada do primeiro tempo foi para o Elxe que só ante Yoel a manda por enriba do longueiro. No segundo tempo empeza o recital de perdas de tempo e marrullerías por parte do Elxe, axudada polo consentimento do árbitro, algo de esperar despois da arbitraxe sufrida o Elxe a semana pasada por parte de Muñiz Fernández. Quen diga que os árbitros son profesionais, dio para quedar ben xa que a competición esta adulterada. Continuamos co partido, corner botado polo Celta e na contra o Elxe marca o 0-1. Coa entrada de Santi Mina e Krohn-Dehli o Celta mellorou, pero a gota que colmou o vaso foi nun saque de falta desde a esquerda de Krohn-Dehli e remate de cabeza de Santi Mina, en posición legal, que marca e o árbitro anúlao por fóra de xogo.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López, Oubiña, Rafinha; Augusto (Krohn-Dehli, 65'), Charles e Nolito (Santi Mina, 65').
Goles: 0-1, Javi Márquez (62').
Colexiado: Prieto Iglesias, horroroso. Amonestou a Oubiña.
Estadio: Balaídos, uns 19.678 espectadores.
Puntuación:

  • Yoel. Seguro. 7.
  • Hugo Mallo. Ben. 4.
  • David Costas. Frouxo. 3.
  • Fontás. Interesante. 4.
  • Toni. Loitador. 4.
  • Alex López. Mal. 2.
  • Oubiña. Lamentable. 1.
  • Rafinha. Intermitente. 2.
  • Augusto. Como sempre. 3.
  • Charles. Regular. 3.
  • Nolito. Fatal. 2.
  • Krohn-Dehli. Moi ben. 8.
  • Santi Mina. Perigo. 9.
*Reparto de puntos en estadísticas.


2ª división B, xornada 6: Celta "B" 1 - Guixuelo 3

O filial perde o seu segundo partido consecutivo ante o Guixuelo, pero mantense ás portas dos postos de ascenso.
Ficha:
Alineación: Rubén, Pablo Pérez (Aitor, 69'), Soto, Goldar (Borja Domínguez, 46'), Maceira, Antón, Borja Fernández, Marcos Torres (Yelko Pino, 46'), Añón, Fernán e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Garbán (12'). 1-1, Borja Iglesias (58'). 1-2, Chuchi (63'). 1-3, Manu Moreira (75').
Colexiado: Sánchez-Seco Otero. Amonestou a Soto, Maceira, Pablo Pérez e Aitor.
Estadio: Barreiro, uns 600 espectadores.

domingo, 29 de septiembre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Elxe

Vila, Hugo Mallo, Cabral e David Rodríguez no adestramento de onte
Son baixa por lesión, Bermejo, Bellvís e Samuel. Non entran na lista por decisión técnica, Vila, Orellana e Jonny. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. ---
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

sábado, 28 de septiembre de 2013

Horario da xornada 9, Celta - Levante

Xornada 9:
Celta - Levante
Fecha: luns 21-10-2013
Hora: 20:00 horas
Estadio: Balaídos

Liga, xornada 6: Xetafe 2 - Celta 0

A debilidade defensiva e o pouco que achegaron os suplentes, condenan o Celta á súa segunda derrota da tempada.
Bellvis recibe ánimos de Rafinha tras ser retirado en padiola
O primeiro tempo comezou cun pase longo de Aurtenetxe para David Rodríguez e este dispara doado para o porteiro local. Aos 17 minutos, Bellvís lesiónase nun choque con Diego Castro e é substituído por Jonny. Outra ocasión, esta vez de Cabral que non chega por pouco a un centro de Krohn-Dehli no saque dunha falta. Contraataque rápido do Celta onde Jonny centra para Rafinha e este dende o punto de penalti tarda demasiado e despexa a defensa. Antes do descanso, corner botado polo Xetafe e remate de Lisandro coa testa a gol. A reanudación comeza cun corner moi pasado que chega a Orellana á esquerda e este centra para que David Rodríguez remate alto coa testa. A continuación dous saques de esquina do Xetafe e o segundo convértense no 2-0. Despois cento dende a banda do Xetafe ao que non chega o dianteiro por pouco. A mellor ocasión do Celta foi tras un centro que rematan entre Cabral e o defensor que para o porteiro local. As súas derradeiras ocasións foron para o Xetafe con sendos pases dende o seu campo que o primeiro remata con parada de Yoel e o segundo con disparo fóra. Ao final 2-0 e os sete cambios non xurdiron o efecto que se esperaba.
Ficha:
Alineación: Yoel; Bellvís (Jonny, 17'), Cabral, David Costas, Aurtenetxe; Madinda, Oubiña, Krohn-Dehli (Alex López, 73'); Rafinha (Santi Mina, 59'), David Rodríguez e Orellana.
Goles: 1-0, Lisandro (43'). 2-0, Arroyo (49').
Colexiado: José Luis González González, ben. Amonestou a Aurtenetxe.
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez, uns 6.000 espectadores.
Puntuación:

  • Yoel. Ben. 2.
  • Bellvís. Case inédito. 3.
  • Cabral. Ben. 7.
  • David Costas. Irregular. 1.
  • Aurtenetxe. Defensivo. 0.
  • Madinda. Acelerado. 1.
  • Oubiña. Mal. 1.
  • Krohn-Dehli. Desaparecido. 1.
  • Rafinha. Lento. 1.
  • David Rodríguez. Fallón. 1.
  • Orellana. Intenso. 1
  • Jonny. O mellor. 7.
  • Santi Mina. Con ganas. 7.
  • Alex López. Sen minutos. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Lista de convocados para o Xetafe - Celta

Cabral e Augusto no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión, Bermejo, Nolito, Samuel e Augusto. Non entran na lista por decisión técnica, Hugo Mallo e Vila. Entran na lista os xogadores do filial, Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. ---
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. ---
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. Bellvís
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. ---
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

lunes, 23 de septiembre de 2013

2ª división B, xornada 5: R. Avilés 4 - Celta "B" 0

O filial cae goleado en Avilés (4-0), perdendo o seu primeiro partido do ano, en parte gracias á actuación do colexiado, que anulou un gol legal e non pitou un penalti que puido cambiar o resultado final.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Antón, Soto, Maceira, Javi Rey, Borja Domínguez (Fernán, 57'), Yelko Pino, Marcos Torres (Aitor, 63'), Añón, Borja Iglesias (Borja Fernández, 57').
Goles: 1-0, Camochu (7'). 2-0, Alex Arias (37'). 3-0, Alex Arias (70'). 4-0, Geni (92').
Colexiado: Pérez Muley. Amonestou a Soto e Fernán.
Estadio: Román Suárez Puerta, uns 1.800 espectadores.

Liga, xornada 5: Celta 0 - Vilarreal 0

O Celta saca un punto ante un Vilarreal superior, gracias á grande actuación de Yoel, que mantivo por primeira vez na tempada a porta a cero.
Un dos paradons de Yoel durante o partido de onte
Luis Enrique sorprendeu na aliñación ao deixar a Oubiña e Nolito no banco e ao xogador do filial Santi Mina como titular. Este partido foi con diferenza o peor do Celta no que vai de tempada. Nos primeiros 45 minutos o Vilarreal tivo 4 ocasións claras de gol, que unhas veces o acerto de Yoel e outras o fallo dos atacantes visitantes permitiron que o partido fose ao descanso con 0-0. A única ocasión do Celta créoa Toni no lanzamento de falta que Asenjo desviou a corner. O segundo tempo igual que o primeiro, con tres paradas de mérito por parte de Yoel e por parte do Celta un disparo de Charles dende fóra da área que saliu fora. Ao final, e gracias, reparto de puntos no Estadio de Balaídos.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni; Alex López (Orellana, 75'), Fontás, Rafinha; Augusto (Krohn-Dehli, 62'), Charles e Santi Mina (Nolito, 57').
Goles: ---
Colexiado: Prieto Montero. Regular, non seguiu o mesmo criterio á hora de sacar tarxetas amarelas. Amonestou a Alex López, Aurtenetxe, David Costas, Rafinha e Hugo Mallo.
Estadio: Balaídos, 21.130 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta, Foro, e do ex adestrador do Celta, Ignacio Eizaguirre.
Puntuación:

  • Yoel. O mellor. 12.
  • Hugo Mallo. Regular. 3.
  • David Costas. Regular. 3.
  • Aurtenetxe. Ben. 4.
  • Toni. Regular. 4.
  • Alex López. Mal. 2.
  • Fontás. Irregular. 4.
  • Rafinha. Amonestado. 4.
  • Augusto. Coma sempre. 9.
  • Charles. Loitador. 10.
  • Santi Mina. Titular. 4.
  • Nolito. Mal. 2.
  • Krohn-Dehli. Desaparecido. 2.
  • Orellana. Pouco tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadística.

domingo, 22 de septiembre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Vilarreal

Adestramento do Celta
Son baixa por lesión, Vila, Bermejo e Samuel, e non entran na lista por decisión técnica, Bellvís, Madinda e David Rodríguez. Entran na lista os xogadores do filial, Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. ---
  18. ---
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

martes, 17 de septiembre de 2013

Liga, xornada 4: Athletic 3 - Celta 2

O Celta perde na inauguración do Novo San Mames, nun partido tolo (3-2) e onde, Charles, errou un penalti con empate a 1.
Os xogadores do Celta tras o gol de Charles
Os primeiros minutos eran de dominio local onde reclamaron un posible penalti por man de Rafinha tras un lanzamento de falta de Beñat, pero no minuto 14 Rafinha rouba no centro do campo e monta unha contra con pase a Charles e este bate ao porteiro do Athletic, entrando na historia como o primeiro xogador en marcar un gol na "Nova Catedral". A alegría só duraría 4 minutos, falta botada por Beñat que tropeza en Hugo Mallo e o rexeitamento caelle a San José que fusila a Yoel. O Athletic seguía dominando pero no minuto 25 pase longo dende a dereita de Augusto a Nolito que controla escorado á esquerda e o porteiro precipítase na saída e comete penalti, que Charles mandou por enriba do longueiro co  porteiro xa batido. Ao borde do descanso outra vez Charles puido marcar a pase de Nolito pero o balón sae fóra por pouco. Tras o descanso o Athletic saliu mellor que o Celta e no minuto 61, taconazo de Muniain para Iraola e este marca. Seis minutos despois o Athletic parecía sentenciar o encontro cun pase longo cara a Beñat, onde a defensa tira mal o fóra de xogo, e este se planta na área, recorta o defensa e marca dende a área pequena. Luis Enrique move o banco e dá entrada a Madinda, Santi Mina e Orellana, e 11 minutos despois centro dende a esquerda de Toni que Santi Mina marca de cabeza tras adiantarse ao porteiro. Santi Mina convértese no xogador máis novo da historia do Celta en marcar un gol con 17 anos. A cinco minutos do final, De Marcos puido marcar o cuarto pero Fontás despexa a corner na linea de gol.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López (Madinda, 71'), Oubiña, Rafinha; Augusto (Santi Mina, 71'), Charles e Nolito (Orellana, 76').
Goles: 0-1, Charles (14'). 1-1, San José (18'). 2-1, Iraola (61'). 3-1, Beñat (67'). 3-2, Santi Mina (78').
Colexiado: Gil Manzano, ben. Amonestou a Nolito, Hugo Mallo e Rafinha.
Estadio: Novo San Mames, 36.000 espectadores. Antes do encontro celebrouse a inauguración do campo con diversos actos.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 2.
  • Hugo Mallo. Suficiente. 0.
  • David Costas. Solvente. 1.
  • Fontás. Frouxo. 0.
  • Toni. Regular. 2.
  • Alex López. Desaparecido. 0.
  • Oubiña. Sin contundencia. 0.
  • Rafinha. Tesón. 8.
  • Augusto. Traballo. 6.
  • Charles. Perigo constante. 11.
  • Nolito. Irregular. 1.
  • Madinda. Como sempre. 0.
  • Santi Mina. Historia. 4.
  • Orellana. Pouco tempo. 0.
*Reparto de puntos en estadistica.

lunes, 16 de septiembre de 2013

2ª división B, xornada 4: Celta "B" 1 - Marino Luanco 0

O Celta "B" segue con paso firme neste comezo de tempada, gañando ao Marino de Luanco  e sen encaixar ningún gol nos catro partidos disputados.
Ficha:
Alineación: Rubén, Pablo Pérez (Kevin, 76'), Soto, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Borja Fernández, Yelko Pino (Jordan, 79'), Fernán (Marcos Torres, 70'), Añón e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Maceira (33').
Colexiado: Juan Bustos. Amonestou a Pablo Pérez, Borja Iglesias, Marcos Torres e Antón.
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

domingo, 15 de septiembre de 2013

Lista de convocados para o Athletic - Celta

Vila e Hugo Mallo no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión, Vila, Bermejo, Samuel e Krohn-Dehli, non pode xogar por cláusula co Athletic, Aurtenetxe, e non entra na lista por decisión técnica, Jonny. Entran na lista os xogadores do filial, Santi Mina, David Costas e Javi Rey.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. ---
  16. Bellvís
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. ---
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. Santi Mina
  28. ---
  29. ---
  30. David Costas
  31. ---
  32. Javi Rey

lunes, 9 de septiembre de 2013

Horario da xornada 8, Atl. Madrid - Celta

Xornada 8:
Atl. Madrid - Celta
Fecha: domingo 06-10-2013
Hora: 12:00 horas
Estadio: Vicente Calderón

Un minuto de silencio por Foro

-Nome:
Telesforo Lorenzo Gama, "Foro"
-Fecha e lugar de nacemento:
9 de xaneiro de 1921, Lérez (Pontevedra)
-Fecha de falecemento:
7 de setembro do 2013
-Posición:
Medio
-Tempadas:
3 (1942 - 1945)
-Partidos e goles:
28 partidos / 6 goles
-Traxectoria:
·Pontevedra
·Celta
·Ourense
·Racing de Ferrol
·Pontevedra

domingo, 8 de septiembre de 2013

2ª división B, xornada 3: Coruxo 0 - Celta "B" 0

O derbi vigués remata como empezou (0-0), a pesar de xogar o Celta "B" toda a segunda parte cun xogador máis pola inxusta expulsión do porteiro local , Fernando.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto (Marcos Torres, 73'), Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez (Borja Fernández, 64'), Javi Rey, Yelko Pino, Añón, Borja Iglesias e Aitor (Fernán, 69').
Goles: ---
Colexiado: Areces Franco. Amonestou a Yelko Pino, Soto, Maceira e Aitor.
Estadio: O Vao.

viernes, 6 de septiembre de 2013

Horarios das xornadas 5, Celta - Vilarreal, 6, Xetafe - Celta, e 7, Celta - Elxe

Xornada 5:
Celta - Vilarreal
Fecha: domingo 22-09-2013
Hora: 17:00 horas
Estadio: Balaídos


Xornada 6:
Xetafe - Celta
Fecha: xoves 26-09-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Alfonso Pérez


Xornada 7:
Celta - Elxe
Fecha: domingo 29-09-2013
Hora: 17:00 horas
Estadio: Balaídos

Amigable: Compostela 0 - Celta 0

A homenaxe do fútbol Galego ás vítimas do accidente ferroviario e aos cidadáns solidarios de Angrois.
Antes do partido realizouse unha ofrenda floral e tamén gardoúse un minuto de silencio polas vitimas. Nun partido homenaxe deste tipo, o que aconteceu no terreo de xogo foi o de menos...
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny (Soto, 65'), Vila (David Costas, 65'), Cabral (Goldar, 65'), Bellvís (Aurtenetxe, 65'); Javi Rey, Oubiña, Rafinha; Aitor (Marcos Torres, 46'), David Rodríguez (Charles, 65') e Orellana (Nolito, 65').
Goles: ---
Colexiado: ---
Estadio: Multiusos de San Lázaro, uns 10.000 espectadores.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Lista de convocados para o Compostela - Celta

Estes son os 24 elexidos para o encontro homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois que homenaxearan aos cidadáns e profesionais que axudaron aos accidentados.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. Bellvís
  17. ---
  18. David Rodríguez
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. ---
  24. ---
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. Borja Domínguez
  29. Goldar
  30. David Costas
  31. Soto
  32. Javi Rey
  33. Marcos Torres
  34. Aitor

domingo, 1 de septiembre de 2013

2ª división B, xornada 2: Celta "B" 1 - Ourense 0

O filial gaña o seu primeiro derbi da tempada, ante o Ourense, a pesar de xogar con 10 case todo o segunto tempo.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Soto, Antón, Maceira, Borja Fernández (Javi Rey, 46'), Borja Domínguez, Fernán (Aitor, 60'), Yelko Pino (Goldar, 61'), Borja Iglesias e Añón.
Goles: 1-0, Borja Iglesias (72').
Colexiado: De la Fuente Ramos. Amonestou a Borja Domínguez, Maceira, Antón e Rubén, expulsou por dobre amarela a Kevin (57').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

Liga, xornada 3: Celta 1 - Granada 1

O Celta perdoa ao Granada e este no único tiro a porta que realizou en todo o partido empata.
Rafinha festexa o seu gol
Comezaba o encontro con sorpresas, a aliñación do xogador do filial David Costas e a última fichaxe Aurtenetxe como parella de centrais e a capitanía de Hugo Mallo. O primeiro tempo foi uu monólogo celeste xa que o Granada non pasou do medio do campo, pase en profundidade de Alex López para Rafinha e posible penalti do porteiro a este, disparo lexano de Alex López e paradón de Roberto, pase de Nolito a Charles dentro da área que este tarda demasiado e despexa a defensa para Augusto que centra dende a dereita e marca Rafinha o 1-0, Charles dispara frouxo dende fóra da área, roubo de Rafinha no centro do campo conduce Charles que pasa a Alex López e este remata ao pau. O segundo tempo empezaba igual que o primeiro, Nolito dende a esquerda para Alex López e este dende o punto de penalti ás nubes, idéntica xogada pero dende a dereita Augusto para Charles e este ás nubes, Augusta centra dende a dereita e Charles de cabeza rozando o longueiro, outra vez Augusto para Charles e fóra por pouco, pero tanto perdoamos que a única contra do Granada remata en gol tras un erro defensivo de Toni. Pero o Celta seguiu intentandoo con outro tiro ao pau dende fóra da área de Alex López e un tiro frouxo de Krohn-Dehli dende fóra da área.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni; Alex López, Fontás, Rafinha (Krohn-Dehli, 61'); Augusto (Madinda, 86'), Charles e Nolito (David Rodríguez, 81').
Goles: 1-0, Rafinha (29'). 1-1, Piti (61').
Colexiado: Martínez Munuera. Normal, permitiu as continuas perdas de tempo do Granada. Amonestou a Fontás.
Estadio: Balaídos, 20.457 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Tomeu Salas.
Puntuación:
  • Yoel. Inédito. 4.
  • Hugo Mallo. Capitán. 4.
  • David Costas. Aire freco. 9.
  • Aurtenetxe. Bo debut. 5.
  • Toni. Regular. 3.
  • Alex López. Espectacular. 11.
  • Fontás. Gran partido. 7.
  • Rafinha. Goleador. 8.
  • Augusto. Coma sempre ben. 7.
  • Charles. Fallón. 4.
  • Nolito. Chupón. 3.
  • Krohn-Dehli. Pouco tempo. 3.
  • David Rodríguez. Regular. 2.
  • Madinda. Case inédito. 2.
*Reparto de puntos en estadística.