sábado, 28 de septiembre de 2013

Liga, xornada 6: Xetafe 2 - Celta 0

A debilidade defensiva e o pouco que achegaron os suplentes, condenan o Celta á súa segunda derrota da tempada.
Bellvis recibe ánimos de Rafinha tras ser retirado en padiola
O primeiro tempo comezou cun pase longo de Aurtenetxe para David Rodríguez e este dispara doado para o porteiro local. Aos 17 minutos, Bellvís lesiónase nun choque con Diego Castro e é substituído por Jonny. Outra ocasión, esta vez de Cabral que non chega por pouco a un centro de Krohn-Dehli no saque dunha falta. Contraataque rápido do Celta onde Jonny centra para Rafinha e este dende o punto de penalti tarda demasiado e despexa a defensa. Antes do descanso, corner botado polo Xetafe e remate de Lisandro coa testa a gol. A reanudación comeza cun corner moi pasado que chega a Orellana á esquerda e este centra para que David Rodríguez remate alto coa testa. A continuación dous saques de esquina do Xetafe e o segundo convértense no 2-0. Despois cento dende a banda do Xetafe ao que non chega o dianteiro por pouco. A mellor ocasión do Celta foi tras un centro que rematan entre Cabral e o defensor que para o porteiro local. As súas derradeiras ocasións foron para o Xetafe con sendos pases dende o seu campo que o primeiro remata con parada de Yoel e o segundo con disparo fóra. Ao final 2-0 e os sete cambios non xurdiron o efecto que se esperaba.
Ficha:
Alineación: Yoel; Bellvís (Jonny, 17'), Cabral, David Costas, Aurtenetxe; Madinda, Oubiña, Krohn-Dehli (Alex López, 73'); Rafinha (Santi Mina, 59'), David Rodríguez e Orellana.
Goles: 1-0, Lisandro (43'). 2-0, Arroyo (49').
Colexiado: José Luis González González, ben. Amonestou a Aurtenetxe.
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez, uns 6.000 espectadores.
Puntuación:

  • Yoel. Ben. 2.
  • Bellvís. Case inédito. 3.
  • Cabral. Ben. 7.
  • David Costas. Irregular. 1.
  • Aurtenetxe. Defensivo. 0.
  • Madinda. Acelerado. 1.
  • Oubiña. Mal. 1.
  • Krohn-Dehli. Desaparecido. 1.
  • Rafinha. Lento. 1.
  • David Rodríguez. Fallón. 1.
  • Orellana. Intenso. 1
  • Jonny. O mellor. 7.
  • Santi Mina. Con ganas. 7.
  • Alex López. Sen minutos. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario