martes, 17 de septiembre de 2013

Liga, xornada 4: Athletic 3 - Celta 2

O Celta perde na inauguración do Novo San Mames, nun partido tolo (3-2) e onde, Charles, errou un penalti con empate a 1.
Os xogadores do Celta tras o gol de Charles
Os primeiros minutos eran de dominio local onde reclamaron un posible penalti por man de Rafinha tras un lanzamento de falta de Beñat, pero no minuto 14 Rafinha rouba no centro do campo e monta unha contra con pase a Charles e este bate ao porteiro do Athletic, entrando na historia como o primeiro xogador en marcar un gol na "Nova Catedral". A alegría só duraría 4 minutos, falta botada por Beñat que tropeza en Hugo Mallo e o rexeitamento caelle a San José que fusila a Yoel. O Athletic seguía dominando pero no minuto 25 pase longo dende a dereita de Augusto a Nolito que controla escorado á esquerda e o porteiro precipítase na saída e comete penalti, que Charles mandou por enriba do longueiro co  porteiro xa batido. Ao borde do descanso outra vez Charles puido marcar a pase de Nolito pero o balón sae fóra por pouco. Tras o descanso o Athletic saliu mellor que o Celta e no minuto 61, taconazo de Muniain para Iraola e este marca. Seis minutos despois o Athletic parecía sentenciar o encontro cun pase longo cara a Beñat, onde a defensa tira mal o fóra de xogo, e este se planta na área, recorta o defensa e marca dende a área pequena. Luis Enrique move o banco e dá entrada a Madinda, Santi Mina e Orellana, e 11 minutos despois centro dende a esquerda de Toni que Santi Mina marca de cabeza tras adiantarse ao porteiro. Santi Mina convértese no xogador máis novo da historia do Celta en marcar un gol con 17 anos. A cinco minutos do final, De Marcos puido marcar o cuarto pero Fontás despexa a corner na linea de gol.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López (Madinda, 71'), Oubiña, Rafinha; Augusto (Santi Mina, 71'), Charles e Nolito (Orellana, 76').
Goles: 0-1, Charles (14'). 1-1, San José (18'). 2-1, Iraola (61'). 3-1, Beñat (67'). 3-2, Santi Mina (78').
Colexiado: Gil Manzano, ben. Amonestou a Nolito, Hugo Mallo e Rafinha.
Estadio: Novo San Mames, 36.000 espectadores. Antes do encontro celebrouse a inauguración do campo con diversos actos.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 2.
  • Hugo Mallo. Suficiente. 0.
  • David Costas. Solvente. 1.
  • Fontás. Frouxo. 0.
  • Toni. Regular. 2.
  • Alex López. Desaparecido. 0.
  • Oubiña. Sin contundencia. 0.
  • Rafinha. Tesón. 8.
  • Augusto. Traballo. 6.
  • Charles. Perigo constante. 11.
  • Nolito. Irregular. 1.
  • Madinda. Como sempre. 0.
  • Santi Mina. Historia. 4.
  • Orellana. Pouco tempo. 0.
*Reparto de puntos en estadistica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario