O mal partido do Celta unido á mala arbitraxe condenan ao Celta á súa segunda derrota seguida e achéganos aos postos de descenso.
O xesto de Nolito di todo sobre o partido de onte |
O partido comezou cun paradón de Yoel a un disparo dende a área pequena. O Celta respondeu cun centro de Toni que lle escapa ao porteiro e o remate de Charles sácao a defensa baixo paus. Outra parada de Yoel esta vez a tiro dende dentro da área. O seguinte en intentalo foi Augusto cun disparo dende fóra da área que atrapa o porteiro visitante. Outro centro de Toni que pasease pola área pequena e non chega ninguén a rematar. A última xogada do primeiro tempo foi para o Elxe que só ante Yoel a manda por enriba do longueiro. No segundo tempo empeza o recital de perdas de tempo e marrullerías por parte do Elxe, axudada polo consentimento do árbitro, algo de esperar despois da arbitraxe sufrida o Elxe a semana pasada por parte de Muñiz Fernández. Quen diga que os árbitros son profesionais, dio para quedar ben xa que a competición esta adulterada. Continuamos co partido, corner botado polo Celta e na contra o Elxe marca o 0-1. Coa entrada de Santi Mina e Krohn-Dehli o Celta mellorou, pero a gota que colmou o vaso foi nun saque de falta desde a esquerda de Krohn-Dehli e remate de cabeza de Santi Mina, en posición legal, que marca e o árbitro anúlao por fóra de xogo.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López, Oubiña, Rafinha; Augusto (Krohn-Dehli, 65'), Charles e Nolito (Santi Mina, 65').
Goles: 0-1, Javi Márquez (62').
Colexiado: Prieto Iglesias, horroroso. Amonestou a Oubiña.
Estadio: Balaídos, uns 19.678 espectadores.
Puntuación:
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López, Oubiña, Rafinha; Augusto (Krohn-Dehli, 65'), Charles e Nolito (Santi Mina, 65').
Goles: 0-1, Javi Márquez (62').
Colexiado: Prieto Iglesias, horroroso. Amonestou a Oubiña.
Estadio: Balaídos, uns 19.678 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Seguro. 7.
- Hugo Mallo. Ben. 4.
- David Costas. Frouxo. 3.
- Fontás. Interesante. 4.
- Toni. Loitador. 4.
- Alex López. Mal. 2.
- Oubiña. Lamentable. 1.
- Rafinha. Intermitente. 2.
- Augusto. Como sempre. 3.
- Charles. Regular. 3.
- Nolito. Fatal. 2.
- Krohn-Dehli. Moi ben. 8.
- Santi Mina. Perigo. 9.
*Reparto de puntos en estadísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario