domingo, 1 de septiembre de 2013

Liga, xornada 3: Celta 1 - Granada 1

O Celta perdoa ao Granada e este no único tiro a porta que realizou en todo o partido empata.
Rafinha festexa o seu gol
Comezaba o encontro con sorpresas, a aliñación do xogador do filial David Costas e a última fichaxe Aurtenetxe como parella de centrais e a capitanía de Hugo Mallo. O primeiro tempo foi uu monólogo celeste xa que o Granada non pasou do medio do campo, pase en profundidade de Alex López para Rafinha e posible penalti do porteiro a este, disparo lexano de Alex López e paradón de Roberto, pase de Nolito a Charles dentro da área que este tarda demasiado e despexa a defensa para Augusto que centra dende a dereita e marca Rafinha o 1-0, Charles dispara frouxo dende fóra da área, roubo de Rafinha no centro do campo conduce Charles que pasa a Alex López e este remata ao pau. O segundo tempo empezaba igual que o primeiro, Nolito dende a esquerda para Alex López e este dende o punto de penalti ás nubes, idéntica xogada pero dende a dereita Augusto para Charles e este ás nubes, Augusta centra dende a dereita e Charles de cabeza rozando o longueiro, outra vez Augusto para Charles e fóra por pouco, pero tanto perdoamos que a única contra do Granada remata en gol tras un erro defensivo de Toni. Pero o Celta seguiu intentandoo con outro tiro ao pau dende fóra da área de Alex López e un tiro frouxo de Krohn-Dehli dende fóra da área.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni; Alex López, Fontás, Rafinha (Krohn-Dehli, 61'); Augusto (Madinda, 86'), Charles e Nolito (David Rodríguez, 81').
Goles: 1-0, Rafinha (29'). 1-1, Piti (61').
Colexiado: Martínez Munuera. Normal, permitiu as continuas perdas de tempo do Granada. Amonestou a Fontás.
Estadio: Balaídos, 20.457 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Tomeu Salas.
Puntuación:
  • Yoel. Inédito. 4.
  • Hugo Mallo. Capitán. 4.
  • David Costas. Aire freco. 9.
  • Aurtenetxe. Bo debut. 5.
  • Toni. Regular. 3.
  • Alex López. Espectacular. 11.
  • Fontás. Gran partido. 7.
  • Rafinha. Goleador. 8.
  • Augusto. Coma sempre ben. 7.
  • Charles. Fallón. 4.
  • Nolito. Chupón. 3.
  • Krohn-Dehli. Pouco tempo. 3.
  • David Rodríguez. Regular. 2.
  • Madinda. Case inédito. 2.
*Reparto de puntos en estadística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario