lunes, 23 de septiembre de 2013

Liga, xornada 5: Celta 0 - Vilarreal 0

O Celta saca un punto ante un Vilarreal superior, gracias á grande actuación de Yoel, que mantivo por primeira vez na tempada a porta a cero.
Un dos paradons de Yoel durante o partido de onte
Luis Enrique sorprendeu na aliñación ao deixar a Oubiña e Nolito no banco e ao xogador do filial Santi Mina como titular. Este partido foi con diferenza o peor do Celta no que vai de tempada. Nos primeiros 45 minutos o Vilarreal tivo 4 ocasións claras de gol, que unhas veces o acerto de Yoel e outras o fallo dos atacantes visitantes permitiron que o partido fose ao descanso con 0-0. A única ocasión do Celta créoa Toni no lanzamento de falta que Asenjo desviou a corner. O segundo tempo igual que o primeiro, con tres paradas de mérito por parte de Yoel e por parte do Celta un disparo de Charles dende fóra da área que saliu fora. Ao final, e gracias, reparto de puntos no Estadio de Balaídos.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni; Alex López (Orellana, 75'), Fontás, Rafinha; Augusto (Krohn-Dehli, 62'), Charles e Santi Mina (Nolito, 57').
Goles: ---
Colexiado: Prieto Montero. Regular, non seguiu o mesmo criterio á hora de sacar tarxetas amarelas. Amonestou a Alex López, Aurtenetxe, David Costas, Rafinha e Hugo Mallo.
Estadio: Balaídos, 21.130 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta, Foro, e do ex adestrador do Celta, Ignacio Eizaguirre.
Puntuación:

  • Yoel. O mellor. 12.
  • Hugo Mallo. Regular. 3.
  • David Costas. Regular. 3.
  • Aurtenetxe. Ben. 4.
  • Toni. Regular. 4.
  • Alex López. Mal. 2.
  • Fontás. Irregular. 4.
  • Rafinha. Amonestado. 4.
  • Augusto. Coma sempre. 9.
  • Charles. Loitador. 10.
  • Santi Mina. Titular. 4.
  • Nolito. Mal. 2.
  • Krohn-Dehli. Desaparecido. 2.
  • Orellana. Pouco tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario