domingo, 28 de abril de 2013

Levante 0 - Celta 1

O Celta gaña ao Levante malia a actuación do colexiado Múñiz Fernández e aínda soña con salvarse.
Os xogadores do Celta festexan o gol de Augusto
O primeiro tempo foi un monologo por parte do Celta que creou numerosas ocasións de gol (Augusto, Krohn-Dehli e Iago Aspas) pero só acertou no minuto 20, gran xogada de Krohn-Dehli que recorta ao defensor e pon o balón na cabeza de Augusto para que marque. O segundo tempo comezou cun man a man de Iago Aspas co porteiro levantino pero este como case sempre se fai un lio e recibe unha tarxeta amarela que lle impide xogar ante o Athletic, do mesmo xeito que Natxo Insa e Lago. A actuación do colexiado Múñiz Fernández foi o máis destacado do segundo tempo e do partido xa que fixo todo mal, pero no minuto 54 invéntase un penalti a favor do Levante por un suposto  agarrón dentro do área que nin o propio Levante críase, que por sorte para o Celta fallan. O resto do encontro foi dominado polo Celta e destacar unha parada de Javi Varas. Respecto a actuación arbitral vólvo a repetir que a LFP, a RFEF, o comité de árbitros e as televisións non queren que o Celta siga en primeira xa que a segunda división necesita un grande para facela algo máis atractiva xa que a masa social do Vilarreal por exemplo é nula fora de Castellón ao contrario que a do Celta, como dixo o ano pasado o Presidente de Mediapro. A proba esta en que este ano a segunda división dase en aberto por Marca TV, Teledeporte e as Televisións Autonómicas cando o ano pasado dábanse case todos os partidos (do Celta) en PPV.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny (Cabral, 72'), Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa (Madinda, 57'), Krohn-Dehli; Alex López (Bermejo, 77') e Iago Aspas.
Goles: 0-1, Augusto coa testa a centro de Krohn-Dehli.
Colexiado: Múñiz Fernández, sen palabras. Amonestou a Jonny, Lago, Natxo Insa, Krohn-Dehli e Iago Aspas.
Estadio: Ciutat de Valencia, 11.658 espectadores.
Os mellores:
  1. Augusto, desbordo, creou perigo e anotou o gol da victoria.
  2. Krohn-Dehli, volve estar ao nivel do comezo de tempada, deu o gol e esta un punto por encima do equipo.
  3. Túñez, deu a tranquilidade defensiva que necesitabamos.
Os peores:
  1. Múñiz Fernández, inventouse un penalti inexistente e repartiu tarxetas ao Celta por nada.
  2. Iago Aspas, moi mal partido, mellor que seguise sancionado xa que non aportou nada.
  3. Lago, volvo a repetir, coa cabeza no seu próximo equipo, xa non é o lateral potente que corria a banda os 90 minutos.

martes, 23 de abril de 2013

Horario das xornadas 34, Celta - Athletic e 36, Celta - Atl. Madrid

Xornada 34:
Celta - Athletic
Fecha: venres 03-05-2013
Hora: 21:00 horas
Estadio: Balaídos
Nota: outro partido en venres ou luns.

Xornada 36:
Celta - Atl. Madrid
Fecha: mércores 08-05-2013
Hora: 19:30 horas
Estadio: Balaídos
Nota: con motivo da final da Copa a LFP adiantou dous partidos da xornada 36, o Celta - Atl. Madrid e o R. Madrid - Málaga, coma sempre o Madrid xoga as 21:30 horas e o Celta as 19:30 horas favorecendo os equipos que non se xogan nada, xa que o Madrid fai tempo que non se xoga nada na liga e o Málaga tampouco xa que esta sancionado sen xogar en Europa o ano que ben, sen embargo o Celta xogase a permanencia e con este horario o campo estará previsiblemente valeiro porque a xente as 19:30 horas esta traballando.

Celta 2 - Zaragoza 1

O Celta gaña no desconto e ponse a 2 puntos da permanencia.
Bermejo e Augusto festexan o gol da victoria
Un bo Celta, moi superior ao Zaragoza durante case todo o encontro, tivo que esperar ao minuto 93 para romper o empate. A primeira parte tivo fases boas dos dous equipos do que destacamos una ocasión clarísima de Alex López con paradón do porteiro do Zaragoza, outro paradón, esta vez de Javi Varas e o posterior gol do Zaragoza, para min, en fóra de xogo de catro xogadores ao saque de dunha falta que durmiu ao Celta ata que 10 minutos despois un gran centro de Augusto dende a dereita é rematado de cabeza por Alex López asinando o 1-1. Ata o descanso acoso absoluto do Celta. O segundo tempo foi un acoso absoluto do Celta sacando a intensidade e actitude que non mostraron noutros encontros ata que no minuto 93 recibiu o premio a tal acoso co gol de Bermejo tras unha xogada de Orellana que centra dende a linea de fondo, falla (por sorte) Park e Bermejo fusila ao Zaragoza. Como no partido ante o Granada, Bermejo, non golpeou moi ben o balón pero entrou e leva 2 goles que suman 6 puntos.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny (Park, 77'), Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli (De Lucas, 84'); Alex López (Orellana, 60') e Bermejo.
Goles: 1-1, Alex López cabezea a rede un gran centro de Augusto dende a dereita. 2-1, Bermejo remata un centro dende a esquerda de Orellana.
Colexiado: Del Cerro Grande, suspenso. Non soubo administrar as tarxetas e para a min o gol do Zaragoza é en fóra de xogo. Amonestou a Jonny, Park, Vila, Lago, Oubiña, Natxo Insa e Augusto.
Estadio: Balaídos, 15.500 espectadores e gracias porque con estes horarios e moi dificil acudir a un partido do Celta.
Os mellores:
  1. Bermejo, loitou e correu durante todo o encontro coma se tivese 20 anos e ademais deunos o gol da victoria.
  2. Krohn-Dehli, cando esta entonado é con diferenza o mellor xogador do Celta, creou perigo en todo momento.
  3. Natxo Insa, a verdade é que me esta sorprendendo, eu non daba un duro por el, loitando todos os balóns ao límite.
Os peores:
  1. De Lucas, sen tempo para nada.
  2. Park, mal coma sempre aínda que voluntarioso.
  3. Lago, sen ser o seu peor partido segue coa cabeza no seu futuro equipo.


martes, 16 de abril de 2013

Horario da xornada 33, Levante - Celta

Xornada 33:
Levante - Celta
Fecha: sábado 27-04-2013
Hora: 16:00 horas
Estadio: Ciutat de Valencia

Mallorca 1 - Celta 0

O Celta perde no desconto e di prácticamente adeus á primeira división.
Augusto, Natxo Insa, Vila e Javi Varas despois de encaixar o gol
O mal arbitraxe (como xa é habitual e desde a directiva ninguén di nada, coma tamén é habitual), claras ocasións falladas e un gol dubidoso no desconto condean presumiblemente a xogar a próxima tempada outra vez na segunda división. Do primeiro tempo pouco que destacar (do malo que foi), só un man a man de Alex López con Auote que mandou fóra e a gran parada de Javi Varas a Giovani no lanzamento dunha falta. No segundo tempo dominio absoluto do Celta con ocasións claras de gol de Oubiña, en dúas ocasións, Orellana e Krohn-Dehli, pero o máis destacable e "sorprendente" foi o penalti clarísimo sobre Bermejo co colexiado a un metro da xogada e este como sempre non o quixo pitar, pero non contento, o arbitro, pouco despois volve a mirar para outro lado e trágase outro sobre Túñez. Despois todos sabemos que pasa cando perdoas, o Mallorca no derradeiro suspiro en posición máis que dubidosa marca gol.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli (Pranjic, 84'); Alex López (Orellana, 69') e Bermejo (Park, 76').
Goles:---
Colexiado: Gil Manzano, lamentable. Si á ferderación (RFEF) e a liga (LFP) moléstalle o Celta en primeira que nos prohiban ascender e deixen de fodernos partido tras partido, xa que posiblemente ao final de tempada descenderiamos igualmente pero polo menos sen excusas e por méritos propios. Amonestou a Lago.
Estadio: Son Moix, cheo.
Os mellores:
  1. Natxo Insa, parece que logo duns anos moi malos esta comezando a ser un bo acompañante de Oubiña con moi boa presión sobre o rival.
  2. Oubiña, ben como case sempre e ata tivo varias ocasión de gol.
  3. Bermejo, o mellor no ataque, gañou case todos os balóns aéreos e sufriu un penalti que o colexiado non quixo pitar.
Os peores:
  1. Lago, coma sempre o peor na defensa e cunha actitude lamentable. 
  2. Park, coma senon estivera os poucos minutos que xogou.
  3. Krohn-Dehli, o peor partido desde a súa chegada a Vigo.

lunes, 15 de abril de 2013

Lista de convocados para o Mallorca - Celta

Túñez, Krohn-Dehli, Lago, Natxo Insa e Bermejo nun adestramento
Son baixa por decisión técnica Bellvís e Toni, por lesión Sergio, Hugo Mallo, Demidov e Samuel, e por sanción Iago Aspas.

  1. ---
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. Túñez
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermajo
  10. ---
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. ---
  16. ---
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. ---
  21. ---
  22. De Lucas
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. Natxo Insa
  26. Rubén
  27. ---
  28. Jonny
  29. Madinda

Horario da xornada 32, Celta - Zaragoza

Adestramento de Celta
Xornada 32:
Celta - Zaragoza
Fecha: luns 22-04-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Balaídos
Orellana asinando autógrafos logo dun adestramento

lunes, 8 de abril de 2013

Celta 0 - Raio 2

O Celta complícase a vida en Balaídos pola falta de gol e a súa fraxilidade defensiva.
Park e Alex López no encontro de onte
Pouco  podemos dicir do partido de onte,  pero si podemos analizar porque estamos onde estamos.  Estamos
Vila tras o encontro de onte
cun pé en segunda división pola falta de gol e pola nosa branda defensa, algo que nos acompaña desde que despedirón a Félix Carnero como secretario técnico e trouxerón primeiro a Ramón Martínez (Agus, Vara, David Rodríguez, Edu Moya, Fajardo, Manchev...) e Miguel Torrecilla despois (Papadopoulos, David Rodríguez, Park, Sergio Ortega, Arthuro, Vasco Fernandes, Cellerino, Cabral...), dous secretarios técnicos que non valen para nada. O outro culpable é o anterior adestrador do Celta, Paco Herrera, xa que xogadores como Park ou Cabral viñeron expresamente por petición propia de Paco Herrera. Estas razons son na miña humilde opinión as razóns de estar onde estamos, repito , cun pé na segunda división. O único positivo da derrota, si é que hai algo, é que grazas ao Coruña seguimos a tres puntos da salvación.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov (Vila, 45'), Lago; Augusto, Oubiña, Alex López, Pranjic (Krohn-Dehli, 61'); Orellana e Park (Bermejo, 54').
Goles: - - -
Colexiado: Pérez Montero, ¿como poden ser tan malos os árbitros da suposta mellor liga do mundo?. Amonestou a Vila, Alex López, Augusto, Orellana e Bermejo.
Estadio: Balaídos, 19.345 espectadores.
Os mellores:
  1. Vila, o mellor do partido malia a xogar só 45 minutos, xa que deu algo de seguridade á defensa anticipándose en todas as xogadas.
  2. Augusto, o mellor en ataque, loito todos os balóns coma se fose o último e ponlle máis ovos que outros que son da casa, como o valente sinvergonza de Roberto Lago.
  3. Pranjic, o mellor partido desde que chegou a Vigo, desbordou pola banda esquerda e deulle a Park un gol en bandexa pero como sempre o coreano fallou o infallable.
Os peores:
  1. Park, penoso e lamentable as ocasións que falla, si este é o mellor xogador de Korea do Sur, como serán os outros.
  2. Cabral, lento e con erros de patio de colexio e xa van moitos partidos así.
  3. Lago, miúda cara que ten este personaxe, lento en defensa e en ataque e coa cabeza no seu próximo equipo.
Bermejo, Orellana, Alex López e Augusto o remate do encontro

sábado, 6 de abril de 2013

Lista de convocados para o Celta - Raio

Hugo Mallo no encontro da primeira volta
Son baixa por lesión Sergio, Hugo Mallo, Túñez e Samuel é baixa por sanción Iago Aspas.
  1. ---
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. ---
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. Toni
  21. ---
  22. De Lucas
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. Natxo Insa
  26. Rubén
  27. ---
  28. Jonny
  29. Madinda

lunes, 1 de abril de 2013

Celta 2 - Barcelona 2

O Celta sen Iago Aspas si que quere manterse en primeira división.
Celebración do primeiro gol do partido
O Celta aínda cre na salvación grazas ao punto conseguido ante o líder da primeira división no último suspiro (minuto 87) cun gran cabezazo de Oubiña a  centro  de  Orellana. Destacar  as ovacións  recibidas  antes  do 
Madinda saluda a Piqué despois do partido
partido o ex celtico Pinto e Abidal. O primeiro tempo empezou cun Celta valente, coa defensa máis atrasada que noutros partidos desde a chegada de Abel Resino ao banquiño celeste, creando bastante perigo, primeiro Augusto logo dun saque de esquina, segundo Park cun posible penalti de Bartra e terceiro un paradón dobre de Pinto primeiro a un mal despexe de Piqué e posterior remate de Orellana. A partir de aqui intercambio de golpes, primeiro tiro do Bardelona con resposta inmediata do Celta nun remate de cabeza de Oubiña á saída dun corner. Gol anulado a Messi por claro fóra de xogo e posterior gol de Insa tras unha boa acción de Orellana. O Barcelona responde cunha falta de Messi e paradón de Javi Varas. No minuto 42 Tello marca o empate. O segundo tempo foi máis fisico e de maior posesión do Barcelona, creando máis ocasións de gol que o Celta. Os goles marcáronos Messi para o Barcelona e o xa comentado de Oubiña para o Celta. Destacar o debut na primeira división do canteirán Madinda.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa (Madinda, 80'), Pranjic (De Lucas, 67'); Orellana e Park (Bermejo, 61').
Goles: 1-0, Natxo Insa mete a punteira dentro do área pequena e desvía a gol un disparo de Orellana. 2-2, Oubiña de cabeza a centro de Orellana.
Colexiado: Mateu Lahoz, como sempre que arbitra aos grandes contra os pequenos, non seguiu o mesmo criterio nas tarxetas. Amonestou a Cabral, Augusto, Oubiña e Lago.
Estadio: Balaídos, 29.000 espectadores.
Os mellores:
  1. Oubiña, partidazo do capitán no centro do campo incomodando en todo momento aos medios do Barcelona e ademáis marcou o gol do empate.
  2. Orellana, volvio tola á defensa azulgrana e os dous goles saíron das súas botas.
  3. Natxo Insa, moi bo partido do mediocentro que si é capaz de seguir sai vaime demostrar que si que é un xogador para a primeira división.
Os peores:
  1. Jonny, viuse desbordado en todo momento por Tello e os dous goles do Barcelona chegaron pola súa banda.
  2. Pranjic, comezou moi ben na primeira media hora pero logo desapareceu do partido.
  3. Park, malia ter un imán para as ocasións de gol e un bo desmarque segue sen ser o dianteiro matador que necesitamos.
Oubiña celebra o empate ante De Lucas