O Celta gaña no desconto e ponse a 2 puntos da permanencia.
Bermejo e Augusto festexan o gol da victoria |
Un bo Celta, moi superior ao Zaragoza durante case todo o encontro, tivo que esperar ao minuto 93 para romper o empate. A primeira parte tivo fases boas dos dous equipos do que destacamos una ocasión clarísima de Alex López con paradón do porteiro do Zaragoza, outro paradón, esta vez de Javi Varas e o posterior gol do Zaragoza, para min, en fóra de xogo de catro xogadores ao saque de dunha falta que durmiu ao Celta ata que 10 minutos despois un gran centro de Augusto dende a dereita é rematado de cabeza por Alex López asinando o 1-1. Ata o descanso acoso absoluto do Celta. O segundo tempo foi un acoso absoluto do Celta sacando a intensidade e actitude que non mostraron noutros encontros ata que no minuto 93 recibiu o premio a tal acoso co gol de Bermejo tras unha xogada de Orellana que centra dende a linea de fondo, falla (por sorte) Park e Bermejo fusila ao Zaragoza. Como no partido ante o Granada, Bermejo, non golpeou moi ben o balón pero entrou e leva 2 goles que suman 6 puntos.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny (Park, 77'), Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli (De Lucas, 84'); Alex López (Orellana, 60') e Bermejo.
Goles: 1-1, Alex López cabezea a rede un gran centro de Augusto dende a dereita. 2-1, Bermejo remata un centro dende a esquerda de Orellana.
Colexiado: Del Cerro Grande, suspenso. Non soubo administrar as tarxetas e para a min o gol do Zaragoza é en fóra de xogo. Amonestou a Jonny, Park, Vila, Lago, Oubiña, Natxo Insa e Augusto.
Estadio: Balaídos, 15.500 espectadores e gracias porque con estes horarios e moi dificil acudir a un partido do Celta.
Os mellores:
- Bermejo, loitou e correu durante todo o encontro coma se tivese 20 anos e ademais deunos o gol da victoria.
- Krohn-Dehli, cando esta entonado é con diferenza o mellor xogador do Celta, creou perigo en todo momento.
- Natxo Insa, a verdade é que me esta sorprendendo, eu non daba un duro por el, loitando todos os balóns ao límite.
Os peores:
- De Lucas, sen tempo para nada.
- Park, mal coma sempre aínda que voluntarioso.
- Lago, sen ser o seu peor partido segue coa cabeza no seu futuro equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario