O Celta sen Iago Aspas si que quere manterse en primeira división.
Celebración do primeiro gol do partido |
O Celta aínda cre na salvación grazas ao punto conseguido ante o líder da primeira división no último suspiro (minuto 87) cun gran cabezazo de Oubiña a centro de Orellana. Destacar as ovacións recibidas antes do
Madinda saluda a Piqué despois do partido |
partido o ex celtico Pinto e Abidal. O primeiro tempo empezou cun Celta valente, coa defensa máis atrasada que noutros partidos desde a chegada de Abel Resino ao banquiño celeste, creando bastante perigo, primeiro Augusto logo dun saque de esquina, segundo Park cun posible penalti de Bartra e terceiro un paradón dobre de Pinto primeiro a un mal despexe de Piqué e posterior remate de Orellana. A partir de aqui intercambio de golpes, primeiro tiro do Bardelona con resposta inmediata do Celta nun remate de cabeza de Oubiña á saída dun corner. Gol anulado a Messi por claro fóra de xogo e posterior gol de Insa tras unha boa acción de Orellana. O Barcelona responde cunha falta de Messi e paradón de Javi Varas. No minuto 42 Tello marca o empate. O segundo tempo foi máis fisico e de maior posesión do Barcelona, creando máis ocasións de gol que o Celta. Os goles marcáronos Messi para o Barcelona e o xa comentado de Oubiña para o Celta. Destacar o debut na primeira división do canteirán Madinda.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa (Madinda, 80'), Pranjic (De Lucas, 67'); Orellana e Park (Bermejo, 61').
Goles: 1-0, Natxo Insa mete a punteira dentro do área pequena e desvía a gol un disparo de Orellana. 2-2, Oubiña de cabeza a centro de Orellana.
Colexiado: Mateu Lahoz, como sempre que arbitra aos grandes contra os pequenos, non seguiu o mesmo criterio nas tarxetas. Amonestou a Cabral, Augusto, Oubiña e Lago.
Estadio: Balaídos, 29.000 espectadores.
Os mellores:
- Oubiña, partidazo do capitán no centro do campo incomodando en todo momento aos medios do Barcelona e ademáis marcou o gol do empate.
- Orellana, volvio tola á defensa azulgrana e os dous goles saíron das súas botas.
- Natxo Insa, moi bo partido do mediocentro que si é capaz de seguir sai vaime demostrar que si que é un xogador para a primeira división.
Os peores:
- Jonny, viuse desbordado en todo momento por Tello e os dous goles do Barcelona chegaron pola súa banda.
- Pranjic, comezou moi ben na primeira media hora pero logo desapareceu do partido.
- Park, malia ter un imán para as ocasións de gol e un bo desmarque segue sen ser o dianteiro matador que necesitamos.
Oubiña celebra o empate ante De Lucas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario