martes, 16 de abril de 2013

Mallorca 1 - Celta 0

O Celta perde no desconto e di prácticamente adeus á primeira división.
Augusto, Natxo Insa, Vila e Javi Varas despois de encaixar o gol
O mal arbitraxe (como xa é habitual e desde a directiva ninguén di nada, coma tamén é habitual), claras ocasións falladas e un gol dubidoso no desconto condean presumiblemente a xogar a próxima tempada outra vez na segunda división. Do primeiro tempo pouco que destacar (do malo que foi), só un man a man de Alex López con Auote que mandou fóra e a gran parada de Javi Varas a Giovani no lanzamento dunha falta. No segundo tempo dominio absoluto do Celta con ocasións claras de gol de Oubiña, en dúas ocasións, Orellana e Krohn-Dehli, pero o máis destacable e "sorprendente" foi o penalti clarísimo sobre Bermejo co colexiado a un metro da xogada e este como sempre non o quixo pitar, pero non contento, o arbitro, pouco despois volve a mirar para outro lado e trágase outro sobre Túñez. Despois todos sabemos que pasa cando perdoas, o Mallorca no derradeiro suspiro en posición máis que dubidosa marca gol.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli (Pranjic, 84'); Alex López (Orellana, 69') e Bermejo (Park, 76').
Goles:---
Colexiado: Gil Manzano, lamentable. Si á ferderación (RFEF) e a liga (LFP) moléstalle o Celta en primeira que nos prohiban ascender e deixen de fodernos partido tras partido, xa que posiblemente ao final de tempada descenderiamos igualmente pero polo menos sen excusas e por méritos propios. Amonestou a Lago.
Estadio: Son Moix, cheo.
Os mellores:
  1. Natxo Insa, parece que logo duns anos moi malos esta comezando a ser un bo acompañante de Oubiña con moi boa presión sobre o rival.
  2. Oubiña, ben como case sempre e ata tivo varias ocasión de gol.
  3. Bermejo, o mellor no ataque, gañou case todos os balóns aéreos e sufriu un penalti que o colexiado non quixo pitar.
Os peores:
  1. Lago, coma sempre o peor na defensa e cunha actitude lamentable. 
  2. Park, coma senon estivera os poucos minutos que xogou.
  3. Krohn-Dehli, o peor partido desde a súa chegada a Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario