O Celta complícase a vida en Balaídos pola falta de gol e a súa fraxilidade defensiva.
Park e Alex López no encontro de onte |
Pouco podemos dicir do partido de onte, pero si podemos analizar porque estamos onde estamos. Estamos
Vila tras o encontro de onte |
cun pé en segunda división pola falta de gol e pola nosa branda defensa, algo que nos acompaña desde que despedirón a Félix Carnero como secretario técnico e trouxerón primeiro a Ramón Martínez (Agus, Vara, David Rodríguez, Edu Moya, Fajardo, Manchev...) e Miguel Torrecilla despois (Papadopoulos, David Rodríguez, Park, Sergio Ortega, Arthuro, Vasco Fernandes, Cellerino, Cabral...), dous secretarios técnicos que non valen para nada. O outro culpable é o anterior adestrador do Celta, Paco Herrera, xa que xogadores como Park ou Cabral viñeron expresamente por petición propia de Paco Herrera. Estas razons son na miña humilde opinión as razóns de estar onde estamos, repito , cun pé na segunda división. O único positivo da derrota, si é que hai algo, é que grazas ao Coruña seguimos a tres puntos da salvación.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov (Vila, 45'), Lago; Augusto, Oubiña, Alex López, Pranjic (Krohn-Dehli, 61'); Orellana e Park (Bermejo, 54').
Goles: - - -
Colexiado: Pérez Montero, ¿como poden ser tan malos os árbitros da suposta mellor liga do mundo?. Amonestou a Vila, Alex López, Augusto, Orellana e Bermejo.
Estadio: Balaídos, 19.345 espectadores.
Os mellores:
- Vila, o mellor do partido malia a xogar só 45 minutos, xa que deu algo de seguridade á defensa anticipándose en todas as xogadas.
- Augusto, o mellor en ataque, loito todos os balóns coma se fose o último e ponlle máis ovos que outros que son da casa, como o valente sinvergonza de Roberto Lago.
- Pranjic, o mellor partido desde que chegou a Vigo, desbordou pola banda esquerda e deulle a Park un gol en bandexa pero como sempre o coreano fallou o infallable.
Os peores:
- Park, penoso e lamentable as ocasións que falla, si este é o mellor xogador de Korea do Sur, como serán os outros.
- Cabral, lento e con erros de patio de colexio e xa van moitos partidos así.
- Lago, miúda cara que ten este personaxe, lento en defensa e en ataque e coa cabeza no seu próximo equipo.
Bermejo, Orellana, Alex López e Augusto o remate do encontro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario