domingo, 28 de abril de 2013

Levante 0 - Celta 1

O Celta gaña ao Levante malia a actuación do colexiado Múñiz Fernández e aínda soña con salvarse.
Os xogadores do Celta festexan o gol de Augusto
O primeiro tempo foi un monologo por parte do Celta que creou numerosas ocasións de gol (Augusto, Krohn-Dehli e Iago Aspas) pero só acertou no minuto 20, gran xogada de Krohn-Dehli que recorta ao defensor e pon o balón na cabeza de Augusto para que marque. O segundo tempo comezou cun man a man de Iago Aspas co porteiro levantino pero este como case sempre se fai un lio e recibe unha tarxeta amarela que lle impide xogar ante o Athletic, do mesmo xeito que Natxo Insa e Lago. A actuación do colexiado Múñiz Fernández foi o máis destacado do segundo tempo e do partido xa que fixo todo mal, pero no minuto 54 invéntase un penalti a favor do Levante por un suposto  agarrón dentro do área que nin o propio Levante críase, que por sorte para o Celta fallan. O resto do encontro foi dominado polo Celta e destacar unha parada de Javi Varas. Respecto a actuación arbitral vólvo a repetir que a LFP, a RFEF, o comité de árbitros e as televisións non queren que o Celta siga en primeira xa que a segunda división necesita un grande para facela algo máis atractiva xa que a masa social do Vilarreal por exemplo é nula fora de Castellón ao contrario que a do Celta, como dixo o ano pasado o Presidente de Mediapro. A proba esta en que este ano a segunda división dase en aberto por Marca TV, Teledeporte e as Televisións Autonómicas cando o ano pasado dábanse case todos os partidos (do Celta) en PPV.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny (Cabral, 72'), Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa (Madinda, 57'), Krohn-Dehli; Alex López (Bermejo, 77') e Iago Aspas.
Goles: 0-1, Augusto coa testa a centro de Krohn-Dehli.
Colexiado: Múñiz Fernández, sen palabras. Amonestou a Jonny, Lago, Natxo Insa, Krohn-Dehli e Iago Aspas.
Estadio: Ciutat de Valencia, 11.658 espectadores.
Os mellores:
  1. Augusto, desbordo, creou perigo e anotou o gol da victoria.
  2. Krohn-Dehli, volve estar ao nivel do comezo de tempada, deu o gol e esta un punto por encima do equipo.
  3. Túñez, deu a tranquilidade defensiva que necesitabamos.
Os peores:
  1. Múñiz Fernández, inventouse un penalti inexistente e repartiu tarxetas ao Celta por nada.
  2. Iago Aspas, moi mal partido, mellor que seguise sancionado xa que non aportou nada.
  3. Lago, volvo a repetir, coa cabeza no seu próximo equipo, xa non é o lateral potente que corria a banda os 90 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario