miércoles, 27 de febrero de 2013

¡¡¡Estamos ata os collons...!!!


Dende que os horarios dos partidos que estipula a LFP (Liga de Fútbol Profesional) se fan para favorecer os intereses das televisions e dos "dous grandes equipos" (Barça e R. Madrid, poñoo entre comiñas porque estes dous equipos sen o resto de 18 equipos non son nada) se esta rematando coa esencia de fútbol, e dita esencia é campos cheos, como en Alemaña ou Inglaterra por exemplo, e para iso ten que haber uns bos horarios para que a xente poida acudir ao estadio.

Isto vén dado polo horario do próximo derbi galego, porque este si que é un derbi e non o Barça - Madrid, que será o próximo venres 15 de marzo ás 21:30 horas. Parece ser que á LFP e ás televisións  importalles unha merda que a un dos dous partidos máis esperados por todos os galeg@s non poida acudir moita xente por ter que ir a traballar por exemplo. A esta, "a peor liga do mundo", só impórtanlle dous equipos que son os que se levan prácticamente todo o diñeiro das televisións, para que o resto de equipos non poidan competir de ti a ti con eles, e os que mellor horario teñen xa que entre o Barça e o Madrid xogaron un partido en luns (24.9.2012), o Madrid - Raio (un partido de dous equipos da mesma cidade, no que o desprazamento é mínimo) cando o Celta leva, entre luns e venres co derbi incluido, 6 (V5.10.12, L26.11.12, L17.12.12, V21.12.12, L4.3.13 e V15.3.13) e outro tanto lle ocorre o Coruña. ¿Porque non poñen o Barça - Madrid un venres ou un luns?, a resposta é sinxela porque para os televisións non é un horario atractivo (para ver en Asia, que son os que poñen a pasta) e manexan os títeres da LFP ao seu antollo.

Dende aqui pedimos a todos os celtistas que non poidan acudir a Riazor que lle fagan boicot a televisión e sigan o partido pola radio como antigamente.


¡¡¡ESTAMOS ATA OS COLLONS DA L.F.P., A R.F.E.F. (FEDERACIÓN MANIPULACIÓN) E AS TELEVISIÓNS!!!

¡ ¡ ¡ SEMPRE  CELTA ! ! !

lunes, 25 de febrero de 2013

Celta 2 - Granada 1

O Celta sen facer un gran partido gaña a un rival directo, na estrea de Abel Resino como adestrador.
Os xogadores o remate do encontro
O Celta déixounos moi boas sensacións nos primeiros 20 minutos e nos derradeiros 10 minutos, pero no resto de encontro foi un equipo moi brando en defensa, sen ideas no medio do campo e moi espeso en ataque. Aínda que a diferenza do Celta de Paco Herrera ao de Abel Resino foi que antes xogando ben perdíamos e onte xogando mal gañamos.
Alex López felicita a Iago Aspas polo seu gol

Ficha:

Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov (Vila, 73') e Lago; Augusto, Oubiña, Alex López e Krohn-Dehli (De Lucas, 63'); Orellana (Bermejo, 59') e Iago Aspas.

Goles: 1-0, Iago Aspas, nun balón solto dentro do área. 2-1, Bermejo, gran centro de Augusto dende a dereita, Iago Aspas peina de cabeza e Bermejo nun mal remate marca.

Colexiado: Muñiz Fernández, moi mal coma sempre. Amonestou a Orellana, Jonny e Demidov.

Estadio: Balaídos, 18.418 espectadores. No descanso leuse un manifesto polo 150 aniversario de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

Os mellores:
  1. Bermejo, saliu no minuto 59 e coma sempre moi loitador coa defensa rival, ben na presión e autor do gol da victoria.
  2. Jonny, o mellor da defensa, en cada partido que xoga progresa un pouco máis.
  3. Iago Aspas, entra no podio por ser o autor do primeiro gol.
Os peores:
  1. Lago, segue sen estar o 100% co equipo, xa que para o ano vai xogar nun equipo de primeira que non e o Celta, e iso se nota na intensidade das súas accions.
  2. Cabral, segue moi baixo de forma, esperemos que para Sevilla, Túñez este recuperado.
  3. Oubiña, o peor partido do capitán, non recordaba un partido tan frouxo.
Bermejo celebra o seu gol xunto a Iago Aspas e Alex López

sábado, 23 de febrero de 2013

Lista de convocados para o Celta - Granada

Abel Resino nun adestramento (Foto La voz de Galicia)
A primeira lista de Abel Resino ao fronte do Celta a compoñen os 20 xogadores dispoñibles:

  1. Sergio
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Iago Aspas
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. Toni
  21. ---
  22. De Lucas
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. Natxo Insa
  26. ---
  27. ---
  28. Jonny

Horario da xornada 27, Celta - Madrid

Krohn-Dehli, Park e Orellana
Xornada 27:
Celta - R. Madrid
Fecha: domingo 10-03-2013
Hora: 19:00 horas
Estadio: Balaídos


Yelko Pino celeste ata o 2018

Yelko Pino
O canteiran Yelko Pino (Vigo, 30 de outubro de 1996) renovou o seu contrato ata xuño do 2018. Con esta renovación xa son sete os canteiráns renovados (Santi Mina, Jonny, Rubén Blanco, Yelko Pino, Jordan, Fernán e David Costas) demostrando que o noso clube segue apostando pola canteira.

"Salva Ballesta, fillo de ..."


Durante toda a semana, a caverna mediática española e deportiva (abc, el mundo, unha parte da cadea ser, el país, marca, mundo deportivo, intereconomía, etc...) estan facendo unha campaña en contra do noso equipo e a súa afección. Esta campaña débese á negación desta da contratación como segundo adestrador de Salva Ballesta. Segundo estes medios non fichamos a este desvergonzado por ser moi español. A verdade é que non o queremos por "ser moi español" senón por ser un fascista, falanxista e neonazi. Aquí explícovos as razóns: En 2006 concede unha entrevista ao portal falanxista "infonacional", no que declara que os seus ídolos son García Morato (militar e aviador fascista) e Hans Rudel (militar e aviador nazi). Tamén di que gustarialle coñecer a Antonio Tejero (o do intento de golpe de estado). En 2007 dice sobre Oleguer Presas (exfutbolísta do Barcelona e independentista catalán) "le tengo más respecto a una caca de perro". Tamén tivo problemas coa afección do Osasuna, nun partido co Málaga no Sadar, despois de ser expulsado polo colexiado, dedicou á bancada: "¡que viva España, hijos de puta!". Tamén falou sobre outros temas políticos como o Estatut de Catalunya do que dixo que lle pareceu "una vergüenza" e "una pasada", da guerra de Irak dixo "a la guerra de Irak habría ido encantadísimo, si Aznar me hace ir, voy el primero" e tras os atentados do 11-M deixou outra perla "la sociedad española quiere agarrarse a las leyes, porque si actúas de la manera en que hay que actuar, dicen que atentas contra la humanidad, pero yo lo tengo claro y tengo dos cojones para decirlo". Pero este individuo vai deixando "amigos" por todos os lados e no 2012 di no programa Punto Pelota "si hay algún vasco o catalán que no se siente español, se tiene que joder porque ha nacido en España". Este personaxe solia rematar as súas entrevistas con "¡a España servir hasta morir!". Aqui déixovos a parte do programa da cadea ser "El larguero" onde debaten este tema.



Tamén os deixo un enlace relacionado coa noticia:
Una aficion sin siglas

lunes, 18 de febrero de 2013

O Celta volve a perder. Paco Herrera e sustituido por Abel Resino

Augusto celebra o empate xunto a Orellana e Iago Aspas
Paco Herrera no seu último partido
O Celta firmou en Xetafe a súa terceira derrota consecutiva e o club destítue a Paco Herrera despois de que este criticara a Iago Aspas trala derrota en Xetafe (para min este destitución se tiña que ter producido fai 2 anos).

Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov e  Lago; Augusto, Natxo Insa (Vila, 59'), Alex López e Orellana (Bermejo, 67'); Krohn-Dehli e Iago Aspas (Santi Mina, 59').

Goles: 1-1, Augusto de cabeza, entrando dende atras, rematando un bo centro de Lago.

Tarxeta amarela: Cabral.

Os mellores:
  1. Alex López, o mellor do partido a pesar de ter que facer de Oubiña e del mismo, xa que Natxo Insa e un xogador de segunda.
  2. Augusto, fixo un gran primeiro tempo anotando un gol e volvendo loco a defensa do Xetafe. No segundo tempo se desinflou coma o resto do equipo.
  3. Javi Varas, tivo intervencións de mérito e evitou unha derrota maior.
Os peores:
  1. Natxo Insa, outro mal partido, coma xa e habitual por un xogador que malamente vale para a segunda división. Fallou nos dous últimos goles.
  2. Cabral, o peor partido dende que esta en Vigo, pero dende que viu das vacacións de navidad esta moi floxo.
  3. Ataque en xeral, Orellana, Krohn-Dehli e Iago Aspas, non foi o seu día.
Tras esta derrota, Abel Resino se converte no próximo adestrador do Celta polo que resta de tempada e a seguinte. Podemos destacar de Abel Resino na segunda división o 4º posto co Cidade de Murcia e a clasificación para o play off de ascenso do Valladolid. Na primeira conseguiu salvar do descenso o Levante e o Granada, ademáis de clasificar o Atl. de Madrid para a liga de campions.

Abel Resino nun partido co Granada

viernes, 15 de febrero de 2013

Lista de convocados para o Xetafe - Celta

Santi Mina
A novidade dos 18 convocados e o dianteiro xuvenil Santi Mina. Destacan as ausencias por sanción de Oubiña, por lesión de Hugo Mallo, Túñez, Samuel e De Lucas e por decisión técnica a de Toni. Estes son os 18 elixidos por Paco Herrera:

  1. Sergio
  2. ---
  3. Lago
  4. ---
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Iago Aspas
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. ---
  21. ---
  22. ---
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. Natxo Insa
  26. ---
  27. ---
  28. Jonny
  29. ---
  30. ---
  31. Santi Mina

jueves, 14 de febrero de 2013

Alex López celeste ata o ano 2018


Alex López firmando a renovación (Foto Celta de Vigo)
O canteiran, Alex López, firmou un novo contrato co Celta por dous anos máis, ata o 2018, xa que o anterior remataba no 2016. O canteiran dixo na canle Celta TV: "Estou moi contento e agradecido ao club pola confianza que demostrou en min con esta renovación", "Intentarei agradecerllo facendo un bo traballo no campo e axudando ao equipo a conseguir a salvación e a seguir moitos anos máis en Primeira División" e "Estou moi a gusto aquí e tamén preto da miña cidade, a miña familia e os meus amigos". O xogador ferrolano unese o resto de canteirans renovados Hugo Mallo, Borja Oubiña, Andrés Túñez, Iago Aspas e Jonny, e tamén os do filial Rubén Blanco, Santi Mina, David Costas, Fernán e Jordan. Agora só queda por renovar a Roberto Lago, algo que esta moi díficil xa que se especula con que ten un precontrato asinado co Valencia ou o Xetafe, e a de Toni Rodríguez, unha renovación que se presume máis doada.


martes, 12 de febrero de 2013

Horarios das xornadas 24, 25 e 26

Oubiña, Roberto Lago & Bermejo (Foto Faro de Vigo)
Xornada 24:
Xetafe - Celta
Fecha: sábado 16-02-2013
Horario: 16:00 horas
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez

Xornada 25:
Celta - Granada
Fecha: domingo 24-02-2013
Horario: 17:00 horas
Estadio: Balaídos

Xornada 26:
Sevilla - Celta
Fecha: luns 04-03-2013
Horario: 21:30 horas
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán


Iago Aspas (Foto La voz de Galicia)


domingo, 10 de febrero de 2013

O Celta perde no desconto

· O Celta perde no minuto 92 tras encaixar un gol de Valdez de cabeza.

Krohn-Dehli (Foto Faro de Vigo)

Alex López (Foto Faro de Vigo)
O Celta aliniou de inicio a Javi Varas na porteria, Jonny, Demidov, Túñez e Bellvís na defensa, Oubiña e Alex López no medio, acompañados nas bandas por Orellana e Augusto, e con Krohn-Dehli e Iago Aspas en ataque. O primeiro tempo foi un baño de Celta o Valencia pero como xa e habitual non sabemos resolver os partidos no primeiro tempo. Neste tempo destacar duas ocasions clarísimas de Iago Aspas, a primeira boa presión de Orellana que rouba o balón na defensa do Valencia e cede a Iago Aspas que solo ante Guaitá a envia fora e a segunda disparo lexano de Iago Aspas que toca no defensa do Valencia e Guaitá saca unha man prodixiosa para desviar a saque de esquina. A única ocasión clara do Valencia no primeiro tempo foi un balón a pau no desconto (preludio do segundo).
No segundo tempo e como xa e habitual o Celta se desinfla e sufre, con varias paradas de Javi Varas, destacar un paradón a Fegohuli, ata que no minuto 92 Valdez remata de cabeza dentro da área pequena e marca. Con este xa e o quinto partido que perdemos ou empatamos nos últimos minutos, Málaga (x.1), Raio (x.11),  Levante (x.14), Betis (x.16) e Valencia (x.23). No segundo tempo entrarón Park por Iago Aspas, Bermejo por Augusto e Pranjic por Alex López e os cambios de Paco Herrera, como xa e habitual, terminaron de afundir o Celta. Os mellores do partido para min Alex López (como sempre que Paco Herrera o pon a xogar o medio campo do celta funciona, a diferencia de cando xoga Natxo Insa ou Cabral de mediocentros), Orellana (debutou cun partidazo, en momentos do partido volveu loca a defensa do Valencia) e Krohn-Dehli (que notou a ausencia de Roberto Lago para apoialo xa que Bellvís estivo mais atento a defender que a atacar). Os peores do partido para min Bellvis (como xa dixen antes o Celta perde moito na banda esquerda cando non esta Roberto Lago), Pranjic (segue sen xogar na súa posición) e Park (como sempre que xoga non aporta nada o equipo, saliu do banco e parecia que levava xogando todo o partido xa que non corre, anda). Por último (e coma sempre) o colexiado, Teixeira Vitienes, o peor do encontro (¡qué facil e arbitrar o Celta!).
Orellana (Foto La voz de Galicia)

sábado, 9 de febrero de 2013

Lista de convocados para o Celta - Valencia

Fabián Orellana
Orellana entra na sua primeira convocaroria dende o seu regreso, destacar as ausencias por decisión do adestrador de De Lucas e Jonathan Vila. Ahora os deixo a lista dos 18 convocados:
  1. Sergio
  2. ---
  3. ---
  4. Oubiña
  5. Túñez
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Iago Aspas
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. Toni
  21. ---
  22. ---
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. Natxo Insa
  26. ---
  27. ---
  28. Jonny

viernes, 8 de febrero de 2013

O Celta gaña o I Trofeo Ourense Termal

Foto Faro de Vigo
Foto La voz de Galicia
O Celta, con bastantes canteirans, derrotou o Ourense por 1-2 no Estadio do Couto e adxudícase o I Trofeo Ourense Termal. Os autores dos goles foron Santi Mina e Aitor García que se estrean ambolos dous como goleadores co primeiro equipo. No primeiro tempo xogarón Sergio, Antón, Cabral, David Costas, Roberto Lago, Alex López, Natxo Insa, Añon, Toni, Santi Mina e Iago Aspas. No segundo tempo xogarón Rubén, Jonny, Vila, Bellvís, Pranjic, Jordan, Fernán, De Lucas, Bermejo e Aitor García.