· O Celta perde no minuto 92 tras encaixar un gol de Valdez de cabeza.
|
Krohn-Dehli (Foto Faro de Vigo) |
|
Alex López (Foto Faro de Vigo) |
O Celta aliniou de inicio a Javi Varas na porteria, Jonny, Demidov, Túñez e Bellvís na defensa, Oubiña e Alex López no medio, acompañados nas bandas por Orellana e Augusto, e con Krohn-Dehli e Iago Aspas en ataque. O primeiro tempo foi un baño de Celta o Valencia pero como xa e habitual non sabemos resolver os partidos no primeiro tempo. Neste tempo destacar duas ocasions clarísimas de Iago Aspas, a primeira boa presión de Orellana que rouba o balón na defensa do Valencia e cede a Iago Aspas que solo ante Guaitá a envia fora e a segunda disparo lexano de Iago Aspas que toca no defensa do Valencia e Guaitá saca unha man prodixiosa para desviar a saque de esquina. A única ocasión clara do Valencia no primeiro tempo foi un balón a pau no desconto (preludio do segundo).
No segundo tempo e como xa e habitual o Celta se desinfla e sufre, con varias paradas de Javi Varas, destacar un paradón a Fegohuli, ata que no minuto 92 Valdez remata de cabeza dentro da área pequena e marca. Con este xa e o quinto partido que perdemos ou empatamos nos últimos minutos, Málaga (x.1), Raio (x.11), Levante (x.14), Betis (x.16) e Valencia (x.23). No segundo tempo entrarón Park por Iago Aspas, Bermejo por Augusto e Pranjic por Alex López e os cambios de Paco Herrera, como xa e habitual, terminaron de afundir o Celta. Os mellores do partido para min Alex López (como sempre que Paco Herrera o pon a xogar o medio campo do celta funciona, a diferencia de cando xoga Natxo Insa ou Cabral de mediocentros), Orellana (debutou cun partidazo, en momentos do partido volveu loca a defensa do Valencia) e Krohn-Dehli (que notou a ausencia de Roberto Lago para apoialo xa que Bellvís estivo mais atento a defender que a atacar). Os peores do partido para min Bellvis (como xa dixen antes o Celta perde moito na banda esquerda cando non esta Roberto Lago), Pranjic (segue sen xogar na súa posición) e Park (como sempre que xoga non aporta nada o equipo, saliu do banco e parecia que levava xogando todo o partido xa que non corre, anda). Por último (e coma sempre) o colexiado, Teixeira Vitienes, o peor do encontro (¡qué facil e arbitrar o Celta!).
|
Orellana (Foto La voz de Galicia) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario