lunes, 25 de febrero de 2013

Celta 2 - Granada 1

O Celta sen facer un gran partido gaña a un rival directo, na estrea de Abel Resino como adestrador.
Os xogadores o remate do encontro
O Celta déixounos moi boas sensacións nos primeiros 20 minutos e nos derradeiros 10 minutos, pero no resto de encontro foi un equipo moi brando en defensa, sen ideas no medio do campo e moi espeso en ataque. Aínda que a diferenza do Celta de Paco Herrera ao de Abel Resino foi que antes xogando ben perdíamos e onte xogando mal gañamos.
Alex López felicita a Iago Aspas polo seu gol

Ficha:

Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov (Vila, 73') e Lago; Augusto, Oubiña, Alex López e Krohn-Dehli (De Lucas, 63'); Orellana (Bermejo, 59') e Iago Aspas.

Goles: 1-0, Iago Aspas, nun balón solto dentro do área. 2-1, Bermejo, gran centro de Augusto dende a dereita, Iago Aspas peina de cabeza e Bermejo nun mal remate marca.

Colexiado: Muñiz Fernández, moi mal coma sempre. Amonestou a Orellana, Jonny e Demidov.

Estadio: Balaídos, 18.418 espectadores. No descanso leuse un manifesto polo 150 aniversario de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

Os mellores:
  1. Bermejo, saliu no minuto 59 e coma sempre moi loitador coa defensa rival, ben na presión e autor do gol da victoria.
  2. Jonny, o mellor da defensa, en cada partido que xoga progresa un pouco máis.
  3. Iago Aspas, entra no podio por ser o autor do primeiro gol.
Os peores:
  1. Lago, segue sen estar o 100% co equipo, xa que para o ano vai xogar nun equipo de primeira que non e o Celta, e iso se nota na intensidade das súas accions.
  2. Cabral, segue moi baixo de forma, esperemos que para Sevilla, Túñez este recuperado.
  3. Oubiña, o peor partido do capitán, non recordaba un partido tan frouxo.
Bermejo celebra o seu gol xunto a Iago Aspas e Alex López

No hay comentarios:

Publicar un comentario