miércoles, 27 de febrero de 2013

¡¡¡Estamos ata os collons...!!!


Dende que os horarios dos partidos que estipula a LFP (Liga de Fútbol Profesional) se fan para favorecer os intereses das televisions e dos "dous grandes equipos" (Barça e R. Madrid, poñoo entre comiñas porque estes dous equipos sen o resto de 18 equipos non son nada) se esta rematando coa esencia de fútbol, e dita esencia é campos cheos, como en Alemaña ou Inglaterra por exemplo, e para iso ten que haber uns bos horarios para que a xente poida acudir ao estadio.

Isto vén dado polo horario do próximo derbi galego, porque este si que é un derbi e non o Barça - Madrid, que será o próximo venres 15 de marzo ás 21:30 horas. Parece ser que á LFP e ás televisións  importalles unha merda que a un dos dous partidos máis esperados por todos os galeg@s non poida acudir moita xente por ter que ir a traballar por exemplo. A esta, "a peor liga do mundo", só impórtanlle dous equipos que son os que se levan prácticamente todo o diñeiro das televisións, para que o resto de equipos non poidan competir de ti a ti con eles, e os que mellor horario teñen xa que entre o Barça e o Madrid xogaron un partido en luns (24.9.2012), o Madrid - Raio (un partido de dous equipos da mesma cidade, no que o desprazamento é mínimo) cando o Celta leva, entre luns e venres co derbi incluido, 6 (V5.10.12, L26.11.12, L17.12.12, V21.12.12, L4.3.13 e V15.3.13) e outro tanto lle ocorre o Coruña. ¿Porque non poñen o Barça - Madrid un venres ou un luns?, a resposta é sinxela porque para os televisións non é un horario atractivo (para ver en Asia, que son os que poñen a pasta) e manexan os títeres da LFP ao seu antollo.

Dende aqui pedimos a todos os celtistas que non poidan acudir a Riazor que lle fagan boicot a televisión e sigan o partido pola radio como antigamente.


¡¡¡ESTAMOS ATA OS COLLONS DA L.F.P., A R.F.E.F. (FEDERACIÓN MANIPULACIÓN) E AS TELEVISIÓNS!!!

¡ ¡ ¡ SEMPRE  CELTA ! ! !

No hay comentarios:

Publicar un comentario