Durante toda a semana, a caverna mediática española e deportiva (abc, el mundo, unha parte da cadea ser, el país, marca, mundo deportivo, intereconomía, etc...) estan facendo unha campaña en contra do noso equipo e a súa afección. Esta campaña débese á negación desta da contratación como segundo adestrador de Salva Ballesta. Segundo estes medios non fichamos a este desvergonzado por ser moi español. A verdade é que non o queremos por "ser moi español" senón por ser un fascista, falanxista e neonazi. Aquí explícovos as razóns: En 2006 concede unha entrevista ao portal falanxista "infonacional", no que declara que os seus ídolos son García Morato (militar e aviador fascista) e Hans Rudel (militar e aviador nazi). Tamén di que gustarialle coñecer a Antonio Tejero (o do intento de golpe de estado). En 2007 dice sobre Oleguer Presas (exfutbolísta do Barcelona e independentista catalán) "le tengo más respecto a una caca de perro". Tamén tivo problemas coa afección do Osasuna, nun partido co Málaga no Sadar, despois de ser expulsado polo colexiado, dedicou á bancada: "¡que viva España, hijos de puta!". Tamén falou sobre outros temas políticos como o Estatut de Catalunya do que dixo que lle pareceu "una vergüenza" e "una pasada", da guerra de Irak dixo "a la guerra de Irak habría ido encantadísimo, si Aznar me hace ir, voy el primero" e tras os atentados do 11-M deixou outra perla "la sociedad española quiere agarrarse a las leyes, porque si actúas de la manera en que hay que actuar, dicen que atentas contra la humanidad, pero yo lo tengo claro y tengo dos cojones para decirlo". Pero este individuo vai deixando "amigos" por todos os lados e no 2012 di no programa Punto Pelota "si hay algún vasco o catalán que no se siente español, se tiene que joder porque ha nacido en España". Este personaxe solia rematar as súas entrevistas con "¡a España servir hasta morir!". Aqui déixovos a parte do programa da cadea ser "El larguero" onde debaten este tema.
Tamén os deixo un enlace relacionado coa noticia:
Una aficion sin siglas
No hay comentarios:
Publicar un comentario