Alex López firmando a renovación (Foto Celta de Vigo) |
O canteiran, Alex López, firmou un novo contrato co Celta por dous anos máis, ata o 2018, xa que o anterior remataba no 2016. O canteiran dixo na canle Celta TV: "Estou moi contento e agradecido ao club pola confianza que demostrou en min con esta renovación", "Intentarei agradecerllo facendo un bo traballo no campo e axudando ao equipo a conseguir a salvación e a seguir moitos anos máis en Primeira División" e "Estou moi a gusto aquí e tamén preto da miña cidade, a miña familia e os meus amigos". O xogador ferrolano unese o resto de canteirans renovados Hugo Mallo, Borja Oubiña, Andrés Túñez, Iago Aspas e Jonny, e tamén os do filial Rubén Blanco, Santi Mina, David Costas, Fernán e Jordan. Agora só queda por renovar a Roberto Lago, algo que esta moi díficil xa que se especula con que ten un precontrato asinado co Valencia ou o Xetafe, e a de Toni Rodríguez, unha renovación que se presume máis doada.
Unha gran noticia para os celtistas, un saúdo e moi boa paxina
ResponderEliminar