jueves, 30 de abril de 2015

Liga, xornada 34: Celta 1 - Málaga 0

O Celta gáñalle o Málaga grazas a un gol de Nolito tras pase de Santi Mina no minuto 89 e soña con Europa.
Nolito observa como o seu disparo se coa na meta visitante [Foto Salvador Sas]
A primeira ocasión clara foi un remate de Fontás, que parou Kameni na liña de gol, tras cazar un balón morto dentro da área na saída dun corner. Despois intentouno Nolito cun lanzamento case dende o medio do campo que case sorprende ao meta visitante. Centro de Orellana dende a dereita e remate de cabeza de Pablo Hernández que sae fora. Bo pase de Nolito para Charles que se vai de Kameni e o seu remate moi escorado saiu alto. O Málaga puido marcar no único disparo que realizou en toda a primeira metade pero se estrelou no pau. Na segunda parte o partido foi máis igualado en parte polo cansazo realizado polo Celta no partido ante o R. Mandril. O Málaga tivo a primeira ocasión tras un fallo da defensa viguesa. O Celta tivo unha dobre ocasión clara, centro de Orellana e remate de cabeza de Charles que se estrela no longueiro, o rexeite cáelle a Pablo Hernández e o seu remate de cabeza estrélase esta vez no pau. O Málaga saía moi rápido á contra creando bastante perigo. Posible penalti sobre Charles que o árbitro non pita. No minuto 63 Pablo Hernández retirábase e entraba Santi Mina, no 71 Álex López entraba por Krohn-Dehli e no 79 Larrivey saltaba ao terreo de xogo por Charles. Cando o partido parecía que remataría en empate bo pase de Santi Mina que remata Nolito dentro da área convertendo o 1-0 no minuto 89. No desconto Orellana rematou desviado un man a man con Kameni. Final en Balaídos e a dous puntos de Europa.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Álex López, 71'); Orellana, Pablo Hernández (Santi Mina, 63'), Nolito; e Charles (Larrivey, 79').
[0] Málaga C. F.: Kameni, Torres, Welligton, Angeleri, Rosales, Horta (Castillejo, 54'), Tissone, Duda (Juanmi, 63'), Darder (Recio, 88'), Samuel e Amrabat.
Colexiado: Alejandro José Hernández, regular. Amonestou a Augusto, Álex López e Nolito polo Celta e a Darder, Juanmi, Tissone, Welligton e Recio polo Málaga.
Goles: 1-0, Nolito (89').
Estadio: Balaídos, 17.205 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [7]
  • Fontás [5'5]
  • Jonny [6]
  • Augusto [7'5]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Álex López [6]
  • Orellana [7]
  • Pablo Hernández [5]
  • Santi Mina [7]
  • Nolito [9]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [5]

martes, 28 de abril de 2015

Lista de convocados para o Celta - Málaga

Rafinha e Charles no partido da tempada pasada ante o Málaga en Balaídos
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Nemanja Radoja e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas e Levy Madinda. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández

lunes, 27 de abril de 2015

2ª división B, xornada 35: U. D. Logroñés 1 - Celta "B" 2

[Foto Fernando Díaz]
FICHA:
[1] U.D. Logroñés: Miguel, Ander Gago (Jacobo Trigo, 46'), Santos, Rico, Moisés (Camochu, 46'), Álex Santelices, Titi (Iker Alegre, 71'), Chevi, Menudo, Muneta e Joel.
[2] Celta "B": Néstor Díaz; Soto, Samu, Goldar, De Amo; Casas, Yelko Pino (Omar Santana, 61'), Jordan (Borja Domínguez, 56'); Thaylor, Señé e Luis Rioja (Borja Iglesias, 67').
Colexiado: Barceló Roca. Amonestou a Goldar, Yelko Pino, Soto, Casas, De Amo e Señé.
Goles: 0-1, Yelko Pino (12'). 0-2, Señé (21'). 1-2, Jacobo Trigo (63').
Estadio: As Gaunas, 2.236 espectadores.

Liga, xornada 33: Celta 2 - R. Madrid 4

O Celta dálle unha lección de como xogar ao fútbol a un equipo que só sabe xogar á contra e meter goles de rebote e que conseguiu gañar unha vez máis grazas ás axudas arbitrais. ¡Hasta los huevos, estamos hasta los huevos...!.
Os dous penaltis non sinalados polo ladrón, con nocturnidade e aleivosia, Perez Montero
Baño absoluto do Celta que aos nove minutos xa se adiantara no marcador con gol de Nolito, que controla na esquerda vaise de dous defensas (máis ben déixaos en evidencia) e bate a Casillas de disparo raso. Aos 15 minutos o R. Mandril empata cun balón que queda morto na área tras un rebote. O Celta seguía dominando pero o R. Mandril dáballe a volta ao marcador noutra xogada de churro na que "Chicharrito" a quere deixar co peito, dálle mal e sáelle unha parede perfecta, cagada absoluta. O Celta seguiu ao seu e cinco minutos despois Orellana dáballe un pase a Santi Mina que deixa en evidencia a Marcelo e no man a man volve bater a Casillas. Outra gran xogada do Celta con pase de Orellana para Larrivey e o seu disparo o para Casillas. O Madrid puido empatar nunha contra precedida por unha falta sobre un xogador do Celta que o colexiado non quere pitar pero o disparo de Cristiano "piscinas" Penaldo estrélase no pau. No minuto 44 a super cagada, Krohn-Dehli perde un balón no seu campo o esférico chega a James "Infravalorado" Rodríguez que dispara o balón pega en Fontás, cambia a traxectoria e se coa na meta de Sergio. Nada máis comezar a segunda metade penalti sobre Nolito que o árbitro non pita. A continuación penalti de libro de Toni "non me quixo o Barça" Kroos sobre Orellana que o colexiado ao lado non pita (curiosamente este SINVERGÜENZA pitou 10 veces ao R. Mandril e gaño as 10, a maioría con polémica). O cagón de Europa só saía á contra e seguía encerrado na súa área co Celta pasándoo por enriba e foi entón cando o árbitro decidiu pitar faltas cada vez que un xogador do Celta se achegaba a un do R. Mandril pero o colmo foi cando manda saír do campo a Larrivey porque tiña sangue na camiseta e non o deixou entrar durante case 3 minutos porque non lle salio dos ovos e enfriou o partido xa que con 10 o Celta tivo que baixar a presión. O R. Mandril marcaba o cuarto nun pase longo que sorprende á defensa do Celta. O Celta realiza en cinco minutos un carrusel de cambios Bongonda, Charles e Pablo Hernández entraban por Orellana, Larrivey e Santi Mina. Despois os que presumen de equipo de categoría quitou dos xogadores de ataque e meteu dous defensas máis (Pepe "o asasino do Xetafe" e Alvaro "cono de ouro" Arbeloa) e rematou o partido con 6 defensas. As últimas do árbitro foi amoestar a Krohn-Dehli tras Sergio "que listo son que me acabo de sacar a ESO" Ramos montar unha tangana por non tirar o danes o balón fóra cando eles non o tiraron antes, non o amoesto porque senón teríao que ter expulsado. E xa para rematar, Larrivey tivo que esperar preto de tres minutos para que o deixase entrar ao campo pero a Kroos déixao entrar en segundos atacando o Celta por esa banda, incrible.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli; Santi Mina (Pablo Hernández, 74'), Orellana (Bongonda, 69'), Nolito; e Larrivey (Charles, 73').
[4] Real Madrid: Casillas, Carvajal, Varane, Sergio Ramos, Marcelo, Kroos, Illarra, Isco (Jesé, 81'), James Rodríguez (Arbeloa, 84'), Ronaldo e Chicharito (Pepe, 74').
Colexiado: Pérez Montero, atraco a man armada. Amonestou a Jonny, Krohn-Dehli e Orellana polo Celta e a Sergio Ramos e Carvajal polo R. Madrid.
Goles: 1-0, Nolito (9'). 1-1, Kroos (15'). 1-2, Chicharito (23'). 2-2, Santi Mina (27'). 2-3, James Rodríguez (44'). 2-4, Chicharito (68').
Estadio: Balaídos, 25.274 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [6]
  • Fontás [5'5]
  • Jonny [5]
  • Augusto [7'5]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Santi Mina [7]
  • Pablo Hernández [6]
  • Orellana [7'5]
  • Bongonda [5]
  • Nolito [9]
  • Larrivey [6'5]
  • Charles [6]

domingo, 26 de abril de 2015

Lista de convocados para o Celta - R. Madrid

Charles no momento de marcar o segundo gol ao R. Madrid no partido da tempada pasada en Balaídos
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Nemanja Radoja e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

lunes, 20 de abril de 2015

Liga, xornada 32: Eibar 0 - Celta 1

O Celta gaña ao Eibar no seu difícil campo de Ipurúa e alonga o soño europeo grazas ao go de Nolito dende o punto de penalti.
Jonny, Krohn-Dehli, Larrivey e Orellana ao remate do partido [Foto LOF]
A primeira ocasión clara foi para Larrivey tras pase de Nolito pero o seu disparo sae alto tras estorbarse con Santi Mina, que venia en mellor posición para o remate. A segunda foi para Krohn-Dehli cun disparo dende fóra da área axustado ao pau que para o meta local. Cando se ía cumprir a media hora, Larrivey fai un piscinazo ao Cristiano Penaldo e o colexiado a dous metros pita penalti que despois rectifica a instancias do xuíz de liña que estaba a 20 metros e con xogadores por diante, ¡Velasco Carballo que malo es!. O Eibar intentouno cun disparo dende fóra da área que para Sergio. Xogadón de Krohn-Dehli que se vai de tres defensas en carreira e o seu disparo tras pisar a área sae rozando o pau esquerdo. Remate de Orellana por enriba do longueiro. No minuto 40 Santi Mina é derrubado dentro da área e o colexiado pita penalti, que é bastante claro, que transforma Nolito no 0-1. Cando se cumpría o tempo Nolito intentou sorprender cunha vaselina case dende o medio do campo que sae rozando o longueiro. Nada máis comezar o Eibar intentouno cun lanzamento de falta que despexa Sergio con apuros. Pouco despois Sergio atrapa outro disparo, este sen problemas. Ocasión clara de Hugo Mallo, tras pase de Krohn-Dehli, que sae fóra. Taconazo de Krohn-Dehli para Hugo Mallo que centra para Orellana que controla dentro da área pero o seu disparo sae moi frouxo. Ocasión para Nolito pero o seu disparo rexéitao a defensa, o balón cáelle a Orellana e o seu disparo despéxao o porteiro. Outra ocasión para Nolito que despexa un defensa a saque de esquina. A última ocasión foi para o Eibar pero o seu lanzamento dende fóra da área estrélase no longueiro. 0-1 e a soñar con Europa.

FICHA:
[0] S. D. Eibar: Irureta, Bóveda, Capa (Piovaccari, 46'), Arruabarrena, Borja, Dani García (Lekic, 68'), Lillo, Didac Vila, Saúl, Raúl Navas e Javi Lara (Manu del Moral, 46').
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, 86'); Santi Mina (Pablo Hernández, 70'), Orellana,  Nolito (Charles, 91'); e Larrivey.
Colexiado: Velasco Carballo, ¡que malo es!. Amonestou a Arruabarrena e Lillo polo Eibar e a Larrivey e Orellana polo Celta.
Goles: 1-0, Nolito de penalti (40').
Estadio: Ipurúa, 4.520 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [7]
  • Augusto [5'5]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Radoja [-]
  • Santi Mina [6]
  • Pablo Hernández [6]
  • Orellana [7]
  • Nolito [7]
  • Charles [-]
  • Larrivey [6'5]

domingo, 19 de abril de 2015

2ª división B, xornada 34: Celta "B" 2 - Valladolid "B" 0

[Foto www.celtavigo.net]
FICHA:
[2] Celta "B": Néstor Díaz; Soto, Goldar, De Amo, Samu; Borja Fernández (Jordan, 46'), Borja Domínguez; Yelko Pino, Señé, Thaylor (Javi Que, 80'); e Borja Iglesias (Luis Rioja, 72').
[0] Valladolid "B": Julio, Deve, Ramiro, Anuar (Fran, 70'), Brian (Alexis, 59'), Toni, Ayub, Ángel, Navas, Jorge (José, 56') e Guille.
Colexiado: López Puerta. Amonestou a Borja Fernández, Goldar, De Amo e Señé e expulsou a Javi Que (89') con vermella directa.
Goles: 1-0, Yelko Pino (47'). 2-0, Señé (67').
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

sábado, 18 de abril de 2015

Lista de convocados para o Eibar - Celta

Larrivey no partido da primeira volta en Balaídos
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas e Levy Madinda.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

lunes, 13 de abril de 2015

2ª división B, xornada 33: Guixuelo 2 - Celta "B" 0

[Foto TEL]
FICHA:
[2] Guixuelo: Felipe Ramos, Moreno, Rigo, Yeray, Razvan, Javi Moreno, Valero, Fran Pastor (Raúl Ruiz, 81'), Chuchi (Ramiro, 86') Rubén (Lambarri, 69') e Nierga.
[0] Celta "B": Néstor Díaz; Soto, Goldar, Pablo Crespo, Samu; Javi Rey (Borja Iglesias, 55'), Casas; Yelko Pino, Youssef (Jordan, 46'), Señé; e Javi Que (Thaylor, 68').
Colexiado: Fernández Fernández. Amonestou a Youssef e Thaylor.
Goles: 1-0, Carlos Rubén (43'). 2-0, Valero (83').
Estadio: Municipal de Guixuelo, uns 500 espectadores.

Liga, xornada 31: Celta 6 - Raio 1

O Celta esnaquiza ao Raio Vallecano cunha goleada de escándalo (6-1), con dous goles de Larrivey e catro de Santi Mina.
Santi Mina festexando o seu cuarto gol [Foto Xoan Carlos Gil]
Primeiro minuto, fallo da defensa e gol do Raio. Aos cinco minutos paradón de Sergio, salvando o segundo. Orellana pasa a Nolito, este faille un cano ao defensa e o seu pase dende a liña remátao ao fondo das mallas Larrivey (1-1). Outra gran xogada de Nolito no borde da área que cede a Santi Mina e este bate ao meta visitante (2-1). Outra gran xogada de Nolito pero o seu remate o para o porteiro. Orellana para Santi Mina que centra Nolito remata, despexa o porteiro e Larrivey marca o terceiro (3-1). Gran pase de Krohn-Dehli para Santi Mina que marca o 4-1. Nada máis comezar a segunda parte Nolito puido marcar o quinto pero a súa vaselina sae por enriba do longueiro. Xogadón de Orellana que se vai en carreira e o seu centro dende a linea o remata de cabeza Santi Mina marcando o 5-1. Larrivey puido asinar un hat trick pero o seu remate no man a man co porteiro, este o para. Outra asistencia de Nolito para Santi Mina que regatea o porteiro e marca o seu cuarto gol e sexto do partido. No minuto 61 Augusto deixaba o campo por Álex López. Outro centro de Nolito que remata de cabeza Larrivey despexando a corner o meta visitante. No minuto 70 Bongonda entraba por Santi Mina e tres minutos despois Charles entraba por Larrivey. Despexe de Sergio a saque de esquina tras un bo disparo dun atacante visitante. Final en Balaídos e goleada histórica.

FICHA:
[6] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Álex López, 61'), Krohn-Dehli; Santi Mina (Bongonda, 70'), Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, 73').
[1] Raio Vallecano: Toño, Embarba, Amaya, Zé Castro, Jozabeb, Abdoulaye (Nacho, 27'), Trashorras, Kakuta (Miku, 73'), Licá (Tito, 27'), Bueno e Manucho.
Colexiado: Clos Gómez, ben. Amonestou a Augusto polo Celta e a Trashorras polo Raio.
Goles: 0-1, Manucho (1'). 1-1, Larrivey (5'). 2-1, Santi Mina (20'). 3-1, Larrivey (36'). 4-1, Santi Mina (39'). 5-1, Santi Mina (50'). 6-1, Santi Mina (56').
Estadio: Balaídos, 16.633 espectadores. Antes do partido realizouse un homenaxe ao Kayak Tudense, campión de España por décimo ano consecutivo.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [6'5]
  • Cabral [7]
  • Fontás [7]
  • Jonny [7]
  • Augusto [7'5]
  • Álex López [6]
  • Krohn-Dehli [8'5]
  • Bongonda [6]
  • Santi Mina [10]
  • Orellana [8'5]
  • Nolito [9'5]
  • Larrivey [8]
  • Charles [5'5]

Liga, xornada 30: Granada 1 - Celta 1

O Celta rescata un punto no desconto, no peor partido do que vai de tempada, ante un equipo que dende o minuto tres dedicouse a dar patadas e a perder tempo, sempre co consentimento do árbitro.
Bongonda, Álex López e Jonny festexan o gol do primeiro [Foto Pepe Villoslada]
O partido comenzou co habitual fallo da defensa do Celta e o gol do Granada no minuto 3. A partir de aquí o Granada dedicouse a dar patadas e perder tempo. O Celta puido empatar por medio de Santi Mina pero o seu disparo diante do porteiro sae por enriba do longueiro. No minuto 25 Augusto abandonaba o campo lesionado entrando no seu lugar Álex López. No minuto 41 o colexiado amoestaba a Cabral polo Celta e a Murrillo polo Granada e un minuto despois falta durísima de Murillo sobre Pablo Hernández e ao árbitro non lle queda máis remedio que expulsalo. Murillo xa lle deu unha patada na cara que case lle rompe o nariz a Pablo Hernández ao principio do partido e o señor colexiado nin sequera pitou falta. Na segunda parte dominio do Celta e patadas e perdidas de tempo do Granada. Bo remate de Cabral a pase de Nolito que sae rozando o pau. No minuto 67 Bongonda entraba por Radoja e no minuto 81 Larrivey por un canso Pablo Hernández. Disparo desviado de Larrivey. Outro remate de Nolito desviado e o meta local retórcese de dor coma se lle desen unha malleira, incrible. No minuto 92 Hugo Mallo centra dende a dereita Larrivey déixaa de cabeza para Charles, este tamén de cabeza para Bongonda que bate a Roberto. Milagrosamente tras o gol do Celta aos xogadores do Granada rematáronselle os problemas físicos e xa non perdían tempo. Ao finalizar o partido o xogador local Iturra agrediu a Charles na cara pero como sempre pasa nesta merda de liga o comité de competición non fai absolutamente nada, iso si para meterlle 4 paridos a un xogador que non fixo nada como Larrivey andan rapidísimos.

FICHA:
[1] Granada C. F.: Roberto, Nyom, Babin, Murillo, Insua, Iturra, Rubén Pérez, Robert Ibáñez (Candellas, 76'), Márquez, Piti (Mainz, 44') e El Arabi (Córdoba, 64').
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja (Bongonda, 67'), Augusto (Álex López, 25'), Pablo Hernández (Larrivey, 81'); Santi Mina, Nolito e Charles.
Colexiado: Álvarez Izquierdo, mal. Expulsou a Murillo por dobre amonestación (42') e amonestou a Roberto, Nyom, Córdoba e Iturra polo Granada e a Jonny, Cabral, Álex López, Radoja e Pablo Hernández polo Celta.
Goles: 1-0, Robert (3'). 1-1, Bongonda (92').
Estadio: Os Cármenes, 14.338 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [4'5]
  • Jonny [5]
  • Radoja [5]
  • Bongonda [6]
  • Augusto [5]
  • Álex López [4]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Larrivey [-]
  • Santi Mina [5]
  • Nolito [6]
  • Charles [5]

sábado, 11 de abril de 2015

Lista de convocados para o Celta - Raio

Nolito e Charles miran con incredulidade ao colexiado no partido da tempada pasada ente o Raio en Balaídos
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña e Carles Planas, os sancionados Pablo Hernández e Nemanja Radoja, e por decisión técnica David Costas. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández

miércoles, 8 de abril de 2015

Lista de convocados para o Granada - Celta

Augusto no momento de marcar o 1-2 no partido da tempada pasada en Granada
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Levy Madinda e Carles Planas, e os sancionados Fabián Orellana e Michael Krohn-Dehli. Entran na lista os xogadores do filial Borja Fernández e Pape Cheikh. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte, xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 15. David Costas
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández
  • 36. Pape Cheikh

lunes, 6 de abril de 2015

Liga, xornada 29: Celta 0 - Barcelona 1

Un gran Celta planta cara ao líder, que gaña gracias a un gol en xogada ensaiada, onde os primeiros 45 minutos foron de dominio absoluto do equipo vigués.
Nolito e derribado por Bravo [Foto J. J. Landín]
A primeira ocasión do partido foi para Larrivey tras pase de Nolito, pero o seu disparo despéxao Bravo cunha gran parada. O Barcelona só creou unha ocasión de perigo en toda a primeira metade nun remate de Messi que despexa Sergio realizando un paradón. Gran pase para Orellana que se planta diante de Bravo e o bate pero o árbitro anula o gol por fóra de xogo moi dubidoso. Cando se cumpría a media hora penalti de Bravo sobre Nolito que o colexiado non pita. Outro gol anulado, agora a Larrivey por fóra de xogo de Orellana. Gran pase de Nolito para Orellana que centra de primeiras e Larrivey dentro da área precipítase e o seu remate sae moi alto. Final da primeira parte. A segunda parte comeza con gol anulado a Neymar por fóra de xogo moi dubidoso. O Barcelona sabendo que se xogaba parte da liga dominaba e tivo outra ocasión de Messi que sae fóra. Ocasión para Nolito que recorta a Alves e o seu remate vaise fóra. No minuto 67 Krohn-Dehli deixaba o seu sitio a Radoja e dous minutos despois Charles entraba por Larrivey. Charles tivo unha clara ocasión pero Piqué se cruzou moi rápido. A seguinte ocasión foi para Hugo Mallo. O gol do Barcelona chegou no saque dunha falta que remata de cabeza fusilando a Sergio, era o minuto 74. No minuto 83 Santi Mina saltaba ao terreo de xogo por Pablo Hernández. O Barcelona dedicábase a perder tempo e a tres minutos para o final Busquets tarda demasiado en sacar unha falta e Orellana perde os papeis e tíralle un anaco de céspede e o catalán como acostuma quéixase coma se lle tirasen unha pedra, o árbitro expulsa a Orellana. Messi puido marcar o segundo. O Celta intentouno ata o final pero sen sorte.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, 67'); Orellana, Pablo Hernández (Santi Mina, 83'), Nolito; e Larrivey (Charles, 69').
[1] F. C. Barcelona: Bravo, Dani Alves, Piqué, Mathieu, Adriano, Busquets, Iniesta (Pedro, 73'), Rafinha (Xavi, 57'), Neymar, Messi e Luis Suárez (Rakitic, 86').
Colexiado: Vicandi Garrido, mal. Amonestou a Kronh-Dehli e expulsou a Orellana (87') polo Celta e amonestou a Luis Suárez e Busquets polo Barcelona.
Goles: 0-1, Mathieu (74').
Estadio: Balaídos, 23.759 espectadores. Antes do partido homenaxearon ao piragüista galego David Cal que realizou o saque de honra desde o centro do campo.
Notas:
  • Sergio [6'5]
  • Hugo Mallo [7'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Jonny [7]
  • Augusto [7'5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Radoja [5'5]
  • Orellana [5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Santi Mina [-]
  • Nolito [7'5]
  • Larrivey [6]
  • Charles [6]

2ª división B, xornada 32: Celta "B" 2 - Cultural L. 1

[Foto www.celtavigo.net]
FICHA:
[2] Celta "B": Néstor Díaz; Soto, Goldar, De Amo, Samu; Casas, Jordan; Señé, Yelko Pino (Pape, 60'), Luis Rioja (Javi Que, 87'); e Borja Iglesias (Thaylor, 67').
[1] Cultural L.: Leandro, Iván González, Tejedor, Pérez, Bardal, Kamal, Gonzalo (Rubén García, 80'), Borja Martínez (Orodea, 62'), Peláez (Coutado, 70'), Víctor e Aketxe.
Colexiado: González Francés. Amonestou a Pape e expulsou ó adestrador Toni Otero.
Goles: 1-0, Jordan (49'). 2-0, Borja Iglesias (56'). 2-1, Aketxe (80').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

Horarios das xornadas 33, 34 e 35

Xornada 33
Celta - R. Madrid
Data: domingo 26 de abril do 2015
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+1
Estadio: Balaídos



Xornada 34
Celta - Málaga
Data: mércores 29 de abril do 2015
Hora: 20:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Balaídos



Xornada 35
Almería - Celta
Data: luns 4 de maio do 2015
Hora: 20:45 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Mediterráneo

sábado, 4 de abril de 2015

Lista de convocados para o Celta - Barcelona

Nolito e Charles no partido da tempada pasada en Balaídos
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Levy Madinda e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández