jueves, 30 de abril de 2015

Liga, xornada 34: Celta 1 - Málaga 0

O Celta gáñalle o Málaga grazas a un gol de Nolito tras pase de Santi Mina no minuto 89 e soña con Europa.
Nolito observa como o seu disparo se coa na meta visitante [Foto Salvador Sas]
A primeira ocasión clara foi un remate de Fontás, que parou Kameni na liña de gol, tras cazar un balón morto dentro da área na saída dun corner. Despois intentouno Nolito cun lanzamento case dende o medio do campo que case sorprende ao meta visitante. Centro de Orellana dende a dereita e remate de cabeza de Pablo Hernández que sae fora. Bo pase de Nolito para Charles que se vai de Kameni e o seu remate moi escorado saiu alto. O Málaga puido marcar no único disparo que realizou en toda a primeira metade pero se estrelou no pau. Na segunda parte o partido foi máis igualado en parte polo cansazo realizado polo Celta no partido ante o R. Mandril. O Málaga tivo a primeira ocasión tras un fallo da defensa viguesa. O Celta tivo unha dobre ocasión clara, centro de Orellana e remate de cabeza de Charles que se estrela no longueiro, o rexeite cáelle a Pablo Hernández e o seu remate de cabeza estrélase esta vez no pau. O Málaga saía moi rápido á contra creando bastante perigo. Posible penalti sobre Charles que o árbitro non pita. No minuto 63 Pablo Hernández retirábase e entraba Santi Mina, no 71 Álex López entraba por Krohn-Dehli e no 79 Larrivey saltaba ao terreo de xogo por Charles. Cando o partido parecía que remataría en empate bo pase de Santi Mina que remata Nolito dentro da área convertendo o 1-0 no minuto 89. No desconto Orellana rematou desviado un man a man con Kameni. Final en Balaídos e a dous puntos de Europa.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Álex López, 71'); Orellana, Pablo Hernández (Santi Mina, 63'), Nolito; e Charles (Larrivey, 79').
[0] Málaga C. F.: Kameni, Torres, Welligton, Angeleri, Rosales, Horta (Castillejo, 54'), Tissone, Duda (Juanmi, 63'), Darder (Recio, 88'), Samuel e Amrabat.
Colexiado: Alejandro José Hernández, regular. Amonestou a Augusto, Álex López e Nolito polo Celta e a Darder, Juanmi, Tissone, Welligton e Recio polo Málaga.
Goles: 1-0, Nolito (89').
Estadio: Balaídos, 17.205 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [7]
  • Fontás [5'5]
  • Jonny [6]
  • Augusto [7'5]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Álex López [6]
  • Orellana [7]
  • Pablo Hernández [5]
  • Santi Mina [7]
  • Nolito [9]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario